Educación e Cultura

Con títeres de mesa, teatro físico e máscara; reestrea do primeiro espectáculo de sala: Gaia Baba de Nauta teatro - Teatro, Gaia Baba. A meiga de Nauta Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Gaia Baba. A meiga de Nauta Teatro

Con títeres de mesa, teatro físico e máscara; reestrea do primeiro espectáculo de sala: Gaia Baba de Nauta teatro

Teatro familiar, Gaia Baba. A meiga de Nauta Teatro

  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DÍA: venres 31 de maio
  • HORA: 20.00 h
  • DURACIÓN: 60 minutos
  • PÚBLICO DESTINATARIO: público familiar (+ 6)
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do auditorio

Títeres de mesa, teatro físico e máscara.

Máis información na web do espectáculo.

“O mundo, devorado polos residuos, perdeu a súa cor. Frío, gris e cuberto de desperdicios é reinado polo lixo, seres sen piedade que se impoñen como amos incontestables dunha terra erma. Sen embargo, alguén queda neste falmaguento mundo. Alguén queda varrendo sen cesar as ondas de lixo que sempre volven. Alguén queda sen dimitir dun propósito que parece inalcanzable. Alguén queda coa esperanza de que a natureza recupere os seus dereitos: Gaia Baba, a meiga.”


Un espectáculo de monicreques onde acción, poesía e comedia conflúen nunha aventura fantástica sobre o cambio climático.

“Gaia Baba, a meiga” é unha obra sen palabras de teatro familiar, unha obra para toda a familia que pode seducir e apelar tanto a nenos como adultos. Plantexa unha mestura de linguaxes escénicas e plásticas que pasa polas máscaras, a danza e distintas técnicas de marionetas, dende un monicreque de man ata un oso polar de dous metros.​​​​​​​