Educación e Cultura

- TEATRO: LOGOS, a cargo de Lucecús Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: LOGOS, a cargo de Lucecús Teatro

A compañía de teatro Lucecús presenta a súa nova produción Logos, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 20.30 horas.

Logos é un xogo cómico de revisión posmoderna do mito de Prometeo, ambientada nun futuro distópico. Nomi e Clin, dúas das pezas máis baixas da engrenaxe do sistema, viven comodamente nun mundo no que todo aquel que nel habita ten traballo, come, ten cobertura sanitaria, etc. Aparentemente todo funciona á perfección, pero Nomi descubre que non son libres de facer aquilo que queiran facer, que só uns elixidos poden e que o destino da maior parte da poboación é desaparecer para que o mundo quede nas mans da elite. Unha vez descuberto isto comezan a loita por sobrevivir e mudar as cousas sen demasiado éxito, até a aparición nas súas vidas de Promo. Promo, criado e educado para herdar as rendas do podersufrirá un xiro de 360o na súa vida ao coñecer a Nomi e Clin, ao descubrir o saldo de mentiras, horror e violencia que impregnan o seu mundo.
Os tres, armados de conviccións, tratarán de cambiar as cousas, tratarán de facer realidade a utopía.

Idade recomendada: a partir de 14 anos.

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de entradas unha hora antes da función (máximo dúas por persoa).