Educación e Cultura

Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña - Teatro, Made in Galiza de Sarabela Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Made in Galiza de Sarabela Teatro

Proposta ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Teatro, Made in Galiza de Sarabela Teatro

  • DÍA:  sábado 02 de decembro
  • HORARIO: 20.30
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DURACIÓN: 55 minutos
  • PÚBLICO: adulto
  • ENTRADAS: de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa)

Proposta organizada polo Concello de Rianxo ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Esta obra de Sechu Sende abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade, e confronto. Un teatro con personaxes cos que se identificar e cos que transitar ao seu carón por diversas situacións. Made in Galiza aporta todo iso de xeito claro. A obra transita por momentos recoñecibles no día a día e combina temas de Sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediante o lúdico e o divertido, con pouso. Un xeito de seducir en cuestións de lingua, non de impoñer nada a ninguén. Dos 42 relatos que compoñen a obra escrita por Séchu Sende no ano 2007 e elixido como libro do ano no 2017, Sarabela Teatro fará unha escolma significativa. Cada conto é diferente e está protagonizado por personaxes distintos. O tránsito comeza coa claridade na maneira de ver as cousas de Clara (nome simbólico) en Falar, nena que con un ano e poucos días é quen de percibir como se desenvolve nunha casa a perda da transmisión interxeracional. É case un 'mira quen fala' unido a un 'mira en que lingua fala' , feito con cariño polas persoas e pola lingua. Todos os contos resultan retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida proposta na necesaria defensa dese tesouro que é a lingua galega.