Educación e Cultura

- TEATRO: "Martes de Carnaval" a cargo do Centro Dramático Galego - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: "Martes de Carnaval" a cargo do Centro Dramático Galego

Na Sala "Arcos Moldes" do Auditorio de Rianxo, o próximo venres 9 de xuño terá lugar a representación teatral da nova produción do Centro Dramático Galego, Martes de Carnaval, de Ramón María del Valle-Inclán, dirixida por Marta Pazos.

A función será ás 21.00 horas, e a idade recomendada é para maiores de 16 anos.

Duración: 1 hora 10 minutos (As galas do defunto) + 15 minutos (intervalo) + 1 hora 10 minutos (A filla do capitán).

A entrada ten un custo de 5 €. Apertura da billeteira unha hora antes do comezo da función.

Martes de Carnaval é historia de España. Preséntanse neste proxecto, por primeira vez en galego, dous dos esperpentos de Valle-Inclán. O noso autor ataca directamente os poderes militares, políticos, monárquicos e eclesiásticos, para facer un retrato escuro, tráxico e lúcido dun país.

As galas do defunto comeza en Galicia en 1898, nunha cidade portuaria co sabor da derrota nos beizos e toda a resaca que provocou a guerra de Cuba. Para construír A filla do capitán, o autor partiu de dous acontecementos reais da época: o pronunciamento de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, famoso na prensa sensacionalista, en 1913.

Elenco

Iria Azevedo, César Cambeiro, Mercedes Castro, Anabel Gago, Miguel Ínsua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, María Roja, Machi Salgado e Sergio Zearreta.

Equipo artístico
Autoría: Ramón María del Valle-Inclán
Dirección: Marta Pazos
Movemento: Rut Balbís
Escenografía: Fernando Ribeiro
Vestiario: Uxía Vaello
Iluminación: José Álvaro Correia
Música: José Díaz e Hugo Torres
Caracterización: Esther Quintas Salgado
Tradución: Manuel Cortés
Asesoría de dramaturxia: Hugo Torres
Asesoría lingüística: Rosa Moledo
Traballo de palabra: Ernesto Arias
Asistencia de dirección: Gena Baamonde
Asistencia de escenografía e iluminación: José Faro, "Coti"
Asistencia de vestiario: María Villas
Asistencia de produción: José Díaz

Realizacións
Escenografía e utilería: Equipo técnico do CDG
Estrutura da cama: Armesa
Vestiario: Equipo técnico do CDG e do Centro Coreográfico Galego (CCG), coa colaboración de Josefina Martínez e María Porto
Fotografía: Miramemira
Deseño gráfico: Trisquelia
Imaxe do cartel: coRTarcabezas collage (Toño FM e Raúl Lago)

Agradecementos: Salva Bolta, Hotel Costa Vella, Café Bar Derby, Rita Grangeia, Carmen Juanatey, Xosé Luis Méndez Ferrín, Margarita Santos Zas, Isi Seoane e Clotilde Vaello.