Educación e Cultura

- TEATRO: Mensaxe do mar, de Fantoches Baj - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Mensaxe do mar, de Fantoches Baj

A sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, acollerá o vindeiro sábado 3 de marzo, ás 20.30 horas, a produción teatral de Fantoches Baj Mensaxe do mar.

Mensaxe do Mar é unha reivindicación de Maruxa Mallo, da súa obra pictórica e da súa importancia como intelectual dentro da xeración do 27. Como se dunha conferencia se tratase, Maruxa Mallo describe a súa vida desde o nacemento en Galicia ata o ano 1961 (cando xa ten 59 anos). En escena aparecerán tamén os seus amigos poetas, Federico García Lorca e Pablo Neruda.

Recomendada para maiores de 14 anos.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.