Educación e Cultura

- Teatro, N.E.V.E.R.M.O.R.E a cargo de Chévere - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, N.E.V.E.R.M.O.R.E a cargo de Chévere

O vindeiro sábado 18 de marzo, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a nova produción do grupo de teatro Chévere, N.E.V.E.R.M.O.R.E. Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional, co apoio da Agadic-Xunta de Galicia e a colaboración do Auditorio de Galicia/Concello de Santiago de Compostela.​​​​​​​

​​​​​​​A función será ás 20.30 horas.

Público recomendado: maiores de 12 anos.

Entrada de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

N.E.V.E.R.M.O.R.E. é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando como ata agora.


Para nós N.E.V.E.R.M.O.R.E. é unha forma de acudir á memoria colectiva dun deses pobos que se poden borrar do mapa sen que pase nada. Un pobo que, así e todo, en decembro de 2002 fixo seu o berro do corvo e non se deixou convencer polas mentiras daqueles que aseguraban que todo volvería ser coma antes. Contar esta historia é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que sigue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidésemos habitar outro lugar que non sexa ese. Coma se no fose posible encontrar un rinoceronte gris dentro dunha caixa negra.

​​​​​​​Máis información no sitio web do espectáculo