Educación e Cultura

No marco da programación do Outono Cultural do Concello de Rianxo e ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña - Teatro, O auto do Castromil co producido por Producións Teatrais Excéntricas e o Centro Dramático Galego - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, O auto do Castromil co producido por Producións Teatrais Excéntricas e o Centro Dramático Galego

No marco da programación do Outono Cultural do Concello de Rianxo e ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Teatro, O auto do Castromil co producido por Producións Teatrais Excéntricas e o Centro Dramático Galego

  • DÍA: sábado 04 de novembro
  • HORA: 20.30 horas
  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • PÚBLICO RECOMENDADO: maiores de 13 anos
  • DURACIÓN: 70 minutos
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade da sala. Retirada de convites dende unha antes do comezo da actuación (máximo 2 por persoa)

No marco da programación do Outono Cultural do Concello de Rianxo e ao abeiro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.​​​​​​​

Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza. O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.
O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente. Está feita con anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baús” “O Auto dos semulados da Caravilla”, Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”