Educación e Cultura

- Teatro, O porco de pé de Producións Excéntricas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, O porco de pé de Producións Excéntricas

O sábado 30 de abril, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a nova produción de Excéntricas O porco de Pé de Vicente Risco, na versión de Pepe Sendón e baixo a dirección de Quico Cadaval.

A entrada xeral ten un custe de 10 € na billeteira do auditorio o propio día da función. Entrada con desconto cun custe de 5 € reservando previamente no whastsapp 618752105 ou no correo-e ruben.excentricas@gmail.com

A representación está organizada por Producións Excéntricas coa colaboración, entre outros, do Concello de Rianxo.

O Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a sua superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serrín, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapéus a confundirse cos propios burgueses. A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabarete, ten hoxe mais vixencia que nunca. Nesta viaxe á fascinante década do 20 do século XX, pasarán como nunha lanterna máxica, anarquistas, esportistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vanguardistas, caciquistas, futuristas, pasadistas e presentistas.

Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros de barracón. Para dar vida á galería zoolóxica contamos con tres fenómenos: Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo. Na plástica, o fantástico Carlos Alonso, no mundo sonoro, o ventrílocuo Piti Sanz, na luz, o acróbata Octavio Mas, e na dramaturxia a besta das dúas cabezas: Pepe Sendón e Quico Cadaval.