Educación e Cultura

- TEATRO: O Profesional a cargo do Centro Dramático Galego - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: O Profesional a cargo do Centro Dramático Galego

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O próximo sábado 8 de decembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación da obra O profesional de Dusan Kovacevic a cargo do Centro Dramático Galego.

O Centro Dramático Galego (CDG) en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga (CTB) presenta, dentro do seu plan de produción propia para a temporada 2012-2013, a posta en escena do espectáculo O profesional, a partir do texto de Dusan Kovacevic, guionista e director de orixe serbia, e unha das grandes figuras da escrita dramática europea actual.

O director da compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Manuel Guede Oliva, púxose á fronte desta montaxe dun só acto e catro personaxes que indaga na fraxilidade dos ideais así como na grandeza e miseria do espírito humano.

A obra está destinada a un público adulto

A entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes do comezo da función.