Educación e Cultura

- Teatro, O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo) do grupo municipal de teatro de Ribeira - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo) do grupo municipal de teatro de Ribeira

O Grupo municipal de teatro de Ribeira achégase ao Auditorio de Rianxo coa nova produción de teatro O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)

A función terá lugar o sábado 26 de novembro ás 20.30 horas.

Entrada de balde ata completar capacidade. Recollida de entradas, máximo 2 por persoa, dende unha hora antes na billeteira do Auditorio.

Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

O grupo municipal de teatro de Ribeira pon en escena este novo
espectáculo de humor en verso; unha comedia con moitos enredos e
bastante retranca, coa intención de conseguir que o público esqueza os
seus problemas diarios e goce do teatro, do humor e da sátira para rematar
esmendrellándose coa risa. Na obra participa un reparto composto por
unha vintena de actrices e actores baixo a dirección de Óscar Romero.
Os numerosos personaxes tanto no escenario como no patio de butacas van
facendo escenas pícaras e irónicas chegando nalgúns momentos a
interaccionar co público asistente; damas da Corte, o bufón que está canón,
a raíña trepas, as princesas que aspiran chegar ao trono, un marqués
pelotas e un capitán algo especial forman este enredo xunta ao Rei, un
monarca pouco habitual que con bo humor, dende o respecto, fará as
delicias do respectable na súa busca incansable de atopar unha raíña para
asegurar o seu liñaxe... pero iso non é o que el quere no fondo senón unha
imposición da sociedade... Por que non o deixan ser feliz?
Ambientada no medievo goza dun vestiario espectacular, dunha
escenografía que combina elementos tradicionais e novas técnicas de luz e
son para unha posta en escena final que non deixará a ninguén indiferente.
A estrea da obra tivo lugar en decembro de 2021 en Ribeira, iniciando
dende aquela unha xira de actuacións por distintos municipios da provincia
a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña como son Boqueixón ou
Pobra do Caramiñal e con funcións previstas neste 2022 en Noia, Melide,
Narón, Rois ou Rianxo. Sen dúbida, a mellor opción para calquera teatro ou
auditorio, confíen en nós e deixen que o humor os asolague!