Educación e Cultura

- TEATRO: Os amores de Jacques o Fatalista - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Os amores de Jacques o Fatalista

Producións teatráis Excéntricas achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 11 de novembro, ás 20.30 horas, para presentar a proposta teatral Os amores de Jacques o Fatalista de Denis Diderot.

Baixo a dirección de Quico Cadaval conta co elenco de Victor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz.

Recomendada para maiores de 13 anos.

A entrada ten un custe de 5 €, a venda será a partir das 19.00 horas na billeteira do auditorio o mesmo día da función. Tamén podes facer a túa reserva escribindo a ruben.excentricas@gmail.com

Jacques e o seu amo camiñan cara o lugar máis próximo, como fai todo o mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo contanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor, como fai case todo mundo. Aproveitando que non hai mulleres, permítense dicir cousas das mulleres que non se atreverían a dicir se houbese mulleres diante. Como fan algúns homes. Bastantes.