Educación e Cultura

Función a billeteira na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo organizada por Producións Excéntricas coa colaboración do Concello de Rianxo - Teatro, Pirolíticos por Excéntricas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Pirolíticos por Excéntricas

Función a billeteira na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo organizada por Producións Excéntricas coa colaboración do Concello de Rianxo

Teatro, Pirolíticos a cargo de Producións Excéntricas

  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DÍA: sábado 04 de maio
  • HORA: 20.30 h
  • PÚBLICO: adulto (especialmente recomendado para maiores de 12 anos)
  • DURACIÓN:  90 minutos
  • ENTRADAS: 6,00 € Dispoñibles en liña en woutick e 10,00 € na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función (5,00 € para menores de 18 anos e para maiores de 65)​
  • ORGANIZADOR: ​​​​​​​Excéntricas Producións

Máis información do espectáculo

Co gallo do seu 30 aniversario, Mofa e Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto. Clara Gayo, María Lado e Lucía Aldao acompañan aos artistas en PIROLÍTICOS, unha proposta que, sen renunciar ao teatro que Mofa e Befa sempre ofreceron, contén necesariamente a visión e o humor destas tres mulleres que aceptaron sen dubidar o desafío. Mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións “didácticas” que sempre caracterizaron a este dúo, PIROLÍTICOS é esencialmente unha guía para orientar ao público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólise en 7 pasos sinxelos. Ao igual que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado de “baleiro total” para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas. Reflexionar sobre o impacto do Patriarcado nos propios homes, recoñecer a súa posición de privilexio, e amosar as contradicións que estas influencias provocan no noso día a día, poñendo o foco en todo momento sobre un home que simpatiza coa teoría feminista e aspira a vivir en consoancia con ela, pero que ten que enfrontar unha cultura machista profundamente instalada. Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa e Befa, e, por suposto, con música (desta volta, cun marcado estilo perrallas rock) PIROLÍTICOS escenifica situacións ben recoñecibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da “Guía Rápida para unha Correcta Pirólise”. As autoras presentan personaxes que intentan e fracasan ou que non saben por onde empezar, personaxes que de súpeto experimentan vivenzas que en ningún caso vivirían polo feito de seren homes, personaxes que tentan familiarizarse con toda a nova terminoloxía que nos últimos tempos describe tendenzas, identidades, actitudes, gustos e desgustos... Mofa e Befa saen do armario con lentes violeta e non lles quedan nada mal. ... MOFA E BEFA son Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira Dirección de Clara Gayo Autoras: Lucia Aldao e María Lado Espazo Sonoro: Piti Sanz Espazo Escénico: Kukas Espazo Lumínico: Octavio Mas