Educación e Cultura

Función benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí - Teatro, República Sideral a cargo do Grupo de Teatro Airiños de Asados - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, República Sideral a cargo do Grupo de Teatro Airiños de Asados

Función benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

O domingo 26 de marzo, ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro Airiños presenta República Sideral na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

Baixo a dirección de Amantia Coello e cun texto de Esther F. Carrodeguas que resultou gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos).

A función é benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e está organizada polo Grupo de Teatro Airiños.

A entrada ten un custe de 4 euros (3€ de doazón para a SOGAPS) e atópanse á venda na Perruquería Pelos, Estanco Xacobiño (Asados)e Bar Berberecho (Rianxo)


Unha panda de Armadanzas deciden proclamar a independencia da Illa de Arousa. Tal situación ten lugar na Tabeerna O Nicho, escribindo nun pano de papel os nomes dos diferentes cargos da Nova República Sideral. Pero a cousa, quizái, non acabe ben de todo.