Educación e Cultura

- TEATRO: Rosalía, a rosa de cen follas a cargo de Galeatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Rosalía, a rosa de cen follas a cargo de Galeatro

O sábado 27 de febreiro, ás 20.30 horas, a compañía Galeatro achégase ao Auditorio para representar a función Rosalía, a rosa de cen follas.

Hai 130 anos, o 15 de xullo de 1885, morría a que foi sen lugar a dúbidas a autora máis relevante das
nosas letras, Rosalía de Castro; e á Compañía de teatro Galeatro non se nos ocorre mellor xeito de
homenaxeala que levándoa a escena.


“Rosalía, a rosa de cen follas” trátase dunha montaxe teatral que busca achegar á vida e obra da nosa máis destacada autora. Dende “La Flor”, a súa primeira publicación, ata “En las orillas del Sar”, a última; pasando por toda a súa produción, tanto poética como narrativa: “Cantares Gallegos”, “Follas novas”, “La hija del mar”, “El caballero de las botas azules”...

Obra e vida, no caso de Rosalía, van collidos da man. Da cativa que nace en Santiago, case sen apelido,á Rosalía que nos regala en Padrón, no solpor da súa vida, os máis excelentes versos. Da nacente escritora que comeza a destacar en Madrid da man do seu home, Manuel Murguía, á consagrada renovadora da poesía, defensora de Galicia, do galego, e dos galegos, e principal figura do Rexurdimento e da poesía do século XIX.

A obra está recomendada para maiores de 12 anos.

As entrada é de balde ata completar aforo. Retirada unha hora antes do comezo, máximo 2 entradas por persoa.