Educación e Cultura

- TEATRO: Santa Perpetua a cargo de NNC TEATRO - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TEATRO: Santa Perpetua a cargo de NNC TEATRO

O sábado 18 de outubro, ás 21.00 horas, a compañía NNC TEATRO achégase ó Auditorio de Rianxo para representar a obra Santa Perpetua.

A obra está recomendada para maiores de 12 anos.

As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.

A obra está dirixida por Beatriz Méndez, Carla Capeáns e Roi Méndez e conta con varios premios entre os que cabe destacar o premio no Festival Agustín Magán 2013 organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado e o premio ó Mellor Espectáculo na Mostra de Teatro Universitario de Galicia 2013.

Perpetua vive deitada dende tempo inmemoriais. As súas dúas irmás, Plácida e Pacífica, atenden as súas necesidades e ocúpanse das labores do fogar. Entre as tres sosteñen un lucrativo negocio baseado nas cualidades de Perpetua. E é que Perpetua é Santa e visionaria. É quen de predicir o futuro e de facer milagres. Pero Perpetua agocha un segredo escuro, moi escuro que se perde entre a néboa e os anos. O mundo perfecto de visitas, visións e bendicións derrúbase como un castelo de naipes coa aparición dun cuarto personaxe que porá patas arriba o universo das tres irmás. Dende ese mesmo instante nada volverá a ser o mesmo.