Educación e Cultura

Escrito e dirixido por Santiago Cortegoso premiado co Premio de Teatro Varela Buxán 2013 e co María Casares ao mellor actor protagonista e mellor espazo sonoro - Teatro, Smoke on the water de Ibuprofeno Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Smoke on the water de Ibuprofeno Teatro

Escrito e dirixido por Santiago Cortegoso premiado co Premio de Teatro Varela Buxán 2013 e co María Casares ao mellor actor protagonista e mellor espazo sonoro

Teatro, Smoke on the water de Ibuprofeno Teatro.

  • LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
  • DÍA: venres 07 de xuño
  • HORA: 21.00 h
  • DURACIÓN: 90 minutos
  • PÚBLICO DESTINATARIO: público adulto (+ 14)
  • ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa)

Máis información do espectáculo

Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor. 

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll de los 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este "status quo" absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie. 

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredeo amoroso-financieiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.