Educación e Cultura

- Teatro, Sofá da compañía de danza Marta Alonso Tejada - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Sofá da compañía de danza Marta Alonso Tejada

A compañía de danza Marta Alonso Tejada atópase nestas semanas en residencia na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando a súa nova produción Sofá, a versión para espazos interiores.

A preestrea terá lugar o sábado 04 de febreiro, ás 20.30 horas.

Está destinada a tódolos públicos.

Duración: 60 minutos

Este espectáculo fala dunha parella e do seu sofá.
A parella son Marta e Pablo, dúas persoas normais.
O sofá é o lugar no que descansan e esquecen o que está fóra. O mundo: traballo mal remunerado, guerra, ameazas nucleares, catástrofes ecolóxicas, virus asasinos invisibles, normas arbitrarias, pobreza, esgotamento.
Pablo e Marta están enfermos.
Enfermos de cansazo e aburrimento.
Pero téñense a unha ó outro, teñen un sofá, e saben bailar. Non todo está perdido.