Educación e Cultura

- Teatro, Un home con lentes de pasta por Redrum Teatro - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro, Un home con lentes de pasta por Redrum Teatro

Teatro, Un home con lentes de pasta por Redrum Teatro

  • Día: venres 22 de outubro.
  • Hora: 21.00 h.
  • Lugar: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.
  • Persoas destinatarias: recomendada a partir de 13 anos.
  • Duración: 75 minutos.
  • Reservas: Entrada gratuíta, só con reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas ata as 14 horas do mércores 20 de outubro. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

Sheyla acaba de ser abandonada pola súa parella. Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir. Traerán a cear a Guillerme. El é o poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. Guillerme desexa algo máis. Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren, as súas vidas penden dun fío, afóganse na dúbida, algo que Guillerme non vai desaproveitar.

Esta comedia estreada en Barcelona no 2010 recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011