Educación e Cultura

- Teatro: Unha inimiga do pobo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Teatro: Unha inimiga do pobo

A compañía Talía Teatro traerá a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a súa obra Unha inimiga do pobo. A obra, basada no texto de Henrik Ibsen, está dirixida por Tito Asorey e a dramaturxia foi realizada pro Vanesa Sotelo e Tito Asorey. O elenco está composto por: Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Xurxo Barcala.

  • Cando? sábado 26 outubro, ás 20.30 h
  • Onde? Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo - Sala Arcos Moldes

Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites na billeteira do Auditorio dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).
Duración: 90 min. Público recomendo: adultos

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

Máis información:

Unha inimiga do pobo acadou sete Premios María Casares: Mellor espectáculo,Mellor dirección, Mellor actriz protagonista, Mellor actor secundario, Mellor adaptación, Mellor espazo escénico e Mellor iluminación.

Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa. A vixencia do texto maniféstase ao descubrir como os problemas incipientes que o protagonista afrontaba no século XIX aínda se volveron máis profundos e nocivos na actualidade. Coa vontade de aproximar aínda máis a peza, a Galicia actual serve de escenario para unha proposta onde a desinformación, o poder das redes sociais, a crise ecolóxica e a depredación neoliberal deseñan un contexto hostil no que as emocións humanas son sometidas á máxima presión.

SINOPSE

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.