Educación e Cultura

Organizado pola Asociación Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo, o sábdo 20 de maio no Auditorio de Rianxo. - TR3S PRA 3, Festival de música e baile tradicional - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

TR3S PRA 3, Festival de música e baile tradicional

Organizado pola Asociación Vai de Roda coa colaboración do Concello de Rianxo, o sábdo 20 de maio no Auditorio de Rianxo.

TR3S PRA 3, o Festival Infantil de música e baile tradicional, terá lugar no próximo sábado, 20 de maio, ás 6 da tarde, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O evento é organizado pola asociación Vai de Roda, en colaboración co Concello de Rianxo.

Nesta edición, contarase coa participación dos amigos de Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e O Fiadeiro de Vigo, que compartirán escenario cos artistas locais. O obxectivo do festival é promover a música e a danza tradicional entre os nenos e as familias, estimulando o coñecemento e a valorización da cultura popular galega.

Máis información no facebook da asociación, https://www.facebook.com/vaideroda