Educación e Cultura

O vindeiro concerto será o domingo 10 co cuarteto de trombóns Four For The Slide. - VII Ciclo de Novos Interpretes: Four for the slide - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

VII Ciclo de Novos Interpretes: Four for the slide

O vindeiro concerto será o domingo 10 co cuarteto de trombóns Four For The Slide.

Continúa o VII Ciclo de Novos Intérpretes, organizado pola Escola de Música de Rianxo. evento musical que  achega ao público as novas xeracións de artistas. En colaboración co Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña.

O vindeiro concerto será o cuarteto de trombóns Four For The Slide., composto por Emma Giménez Maneiro, Brais Fernández Vila, Brais Fontán Lorenzo e Martín Bahamonde Sánchez, catro novos músicos galegos cunha sólida formación e unha paixón compartida pola música de cámara. A actuación ofrece un programa variado que abrangue desde pezas clásicas ata obras de carácter máis contemporáneo, mostrando a versatilidade e riqueza sonora do trombón.

  • Onde: Sala Arcos Moldes - Centro Sociocultural-Auditorio.
  • Cando: Domingo 10 novembro, ás 12:30 h. 

 

PROGRAMA

  • Enrique Crespo - Bruckner Estudio 1
  • Flor Peeters - Suite para 4 trombóns
  1. Entrata
  2. Lied
  3. Dans
  4. Final
  • Emilio Cebrián - Una noche en Granada
  • George W. Lotzenhiser - Trombumba