Educación e Cultura

Cabalgata polas parroquias e Recepción das SSMM na Praza Castelao. - Volta a Rianxo das SSMM os Reis Magos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Volta a Rianxo das SSMM os Reis Magos

Cabalgata polas parroquias e Recepción das SSMM na Praza Castelao.

O xoves 05 de xaneiro as SSMM os Reis Magos visitarán Rianxo, e realizarán a Cabalgata polas parroquias e Recepción das SSMM na Praza Castelao.

Os actos e horarios previstos son:

15.00 h Saída dende Bacariza da comitiva dos Reis Magos para percorrer todas as parroquias do Concello

17:30 h Belén Vivinte na Praza Castelao. Ambientación a cargo da Asoc. Cultural Fogo Fatuo

19:00 h Entrada a Rianxo desde a Carballeira, co acompañamento musical das formacións

Vai de Roda, Buxaina e Panxoliñas Surfing. Animación de rúa por Barafunda Animación.

19:30 h Ofrenda ante o Belén Vivinte - Recepción na Casa do Concello e reparto de caramelos.

NOTA: Con climatoloxía adversa, a RECEPCIÓN, será no PAVILLÓN POLIDEPORTIVO.

ITINERARIO PREVISTO*  (polas estradas principais)

Isorna – Leiro - A Fincheira - Arcos Moldes - Estrada de Rianxiño – O Pazo –Asados - Burés - O Araño - Taragoña (volta en Pte. Beluso) – Taragoña - Fachán – O Pazo – Rinlo - Praza Castelao

* Non pasara polo interior da Urbanización A Martela

Atentos ás RR SS e web do Concello, ante posibles cambios pola climatoloxía e/ou outros condicionantes.

Poderase seguir a cabalgata e posterior recepción en streaming a través da canle de youtube do Concello de Rianxo.

Canle de Youtube do Concello de Rianxo