Educación e Cultura

Organizado pola Comisión pola Recuperación Da Memoria Histórica Do Barbanza e a Nova Escola Galega coa colaboración do Concello de Rianxo entre outras entidades - XIII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA, "Un inferno para as mulleres" - Rianxo- Boiro-Lousame, 6, 7 e 14 de outubro de 2023 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

XIII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA, "Un inferno para as mulleres" - Rianxo- Boiro-Lousame, 6, 7 e 14 de outubro de 2023

Organizado pola Comisión pola Recuperación Da Memoria Histórica Do Barbanza e a Nova Escola Galega coa colaboración do Concello de Rianxo entre outras entidades

O XIII SEMINARIO SOBRE A MEMORIA, Un inferno para mulleres desenvolverase nos concellos de Rianxo, Boiro e Lousame, o 6, 7 e 14 de outubro de 2023.

A asistencia ao seminario require inscrición previa agás a proposta da ofrenda floral que se realizará o venres 06 de outubro, ás 19.00 horas, na zona do Castillo, onde estaba o antigo campo de concentración en Rianxo.

NÚMERO DE PRAZAS: 50, por rigorosa orde de inscrición
DESTINATARIAS/OS: persoal docente do ensino público e concertado, e en paro.
CRITERIOS DE SELECCIÓN: as características da actividade aconsellan un número limitado de asistentes. En consecuencia, o criterio de selección virá determinado pola rigorosa orde de inscrición, entendendo por tal a recepción da ficha de inscrición no enderezo sinalado na publicidade da actividade.