Educación e Cultura

O 1 de agosto comeza o XVI Ciclo de Bandas co concerto da Banda de Música Cultural de Teo. - XVI Ciclo de Bandas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

XVI Ciclo de Bandas

O 1 de agosto comeza o XVI Ciclo de Bandas co concerto da Banda de Música Cultural de Teo.

O domingo 1 de agosto, ás 21.00 h, no exterior do Ceip Castelao, a Banda de Música Cultural de Teo realizará o primeiro concerto do XVI Ciclo de Bandas Concello de Rianxo. Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña 2021.

Esta nova edición do CICLO DE BANDAS, organizado conxuntamente pola Escola de Música de Rianxo e o Concello en colaboración coa Deputación da Coruña, inclúe tamén os concertos da BANDA DE MÚSICA "ATENEO MUSICAL" DA POBRA DO CARAMIÑAL (domingo 22 de agosto) e da ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO (domingo 29 de agosto).

Entradas de balde. Só con reserva previa de localidades ata as 12:00 h do xoves 30 de xullo, a través de formulario no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente).