Educación e Cultura

- YENDI RAMOS OJEDA no programa de residencias - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

YENDI RAMOS OJEDA no programa de residencias

A poeta mexicana Yendi Ramos Ojeda é a cuarta residente do Programa de Residencias de escritoras/es e pensadoras/es que Axóuxere Editora conxuntamente co Concello de Rianxo comezou a desenvolver de novo este ano 2017. A escritora estará no espazo da Residencia que Axóuxere Editora ten na aldea de Brión até mediados de setembro deste ano.

Yendi Ramos Ojeda ofreceranos un obradoiro de escrita creativa, «A serpentina poética latinoamericana»entre a tarde do venres 1 e o domingo 3 de setembro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1) e na casa de Axóuxere Editora (Brión 64, Leiro).

Así mesmo, ofrecerá unha conversa literaria«A álxebra e o corzo»o venres 1 de setembro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo (Praza Rafael Dieste, 1).

A participación no obradoiro é de balde pero faise preciso inscribirse previamentePara inscribirse hai que enviar un correo-e ao enderezo info@axouxerestream.com co asunto «Inscrición ao obradoiro de Yendi Ramos Ojeda» ou ben chamar aos teléfonos 981 860 371 / 634 532 896 / 659 843 761 (Axóuxere Editora), sendo a data límite o xoves 31 de agosto. Para calquera dúbida ou información concreta pódese chamar a calquera dos anteriores números ou ben escribir ao enderezo electrónico referido. Para asistir á conferencia non fai falla realizar unha inscrición previa.

A asistencia ao obradoiro está aberta, como é natural, a persoas de calquera parte de Galiza ou de fóra. A intención é a de ir creando aos poucos unha comunidade de coñecemento e creación no Concello de Rianxo. Xa que logo, pensando no moito interese que pode ter este seminario, facilitámosvos información de posibles sitios onde ficar eses días en Rianxo (premer aquí para ver páxina). A ligazón é á páxina de Turismo do Concello de Rianxo onde aparece un bo feixe de lugares nos que albergarse esa fin de semana. Se as persoas interesadas en vir ao seminario teñen algún tipo de dificultade económica, tentando facelo todo máis integrativo e comunitario, poden poñerse en contacto coa xente de Axóuxere Editora a través dos contactos anteriormente citados. Tentaremos axudar no que poidamos.