Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2014 (DOGA núm. 48 do martes, 11 de marzo de 2014) O prazo de presentacións de solicitudes remata o 11 de abril. Máis información
A Escola de Música de Rianxo organiza o I concurso de carteis para anunciar o XI aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo, dirixido a nenos e nenas menores de 12 anos que estuden nos colexios de Rianxo, que se celebrará o día 3 de Maio. Bases do concurso Ficha de inscrición
Do 4 ao 6 de abril terá lugar en Rianxo o 10 Encontro Internacional Zona da Zanfona. Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa principalmente as crianzas, até o público xeneralista ou especializado no instrumento. Para consultar o programa e máis información pode consultar a seguinte...
O domingo 23 de marzo, ás 12.00 horas, no Araño (xunto ó Centro Sociocultural de Araño na Capela) concerto da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo no Ciclo de Inverno e Primavera.
Mulleres que rompen Moldes, o novo Teatro-Express do Cadro Artístico Airiños, invade as parroquias rianxeiras esta fin de semana. Con motivo do mes da muller traballadora, a Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo encárgalle ao Cadro Artístico Airiños a realización de un novo TEATRO-EXPRES, que fale aos pequenos da vila, e aos que se queiran...
Continuamos co Slam Ferve a Lingua, nesta segunda fase o tema é A MULLER. Achégate á Cafetería Castelao o venres 21 de marzo, ás 22.30 horas, e anímate a recitar. Recorda as normas na seguinte ligazón
O próximo sábado 15 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral O Cabaré dos 80... anos de Airiños As entradas terán un custe de 3 € e poderán mercarse unha hora antes da representación no Auditorio.
O vindeiro venres 7 de marzo, ás 19.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación de Rianxo Artesanal: Proxecto Ardentía e posteriormente a inauguración da exposición Ardentía. A exposición poderá visitarse do 7 ao 22 de marzo.
O próximo sábado 8 de marzo na Casa de República en Isorna terá lugar unha Observación Astronómica. Ás 19.30 horas, no interior unha introdución audiovisual e despois, ata as 22.00 horas no exterior observación con telescopios A actividade está enmarcada dentro do Programa TODOCOSMOS que o Concello de Rianxo participa xunto con outros seis concellos de Galicia e o Observatorio...
Debido ás previsións metereolóxicas adversas para o día de mañá, Martes de Entroido, a programación prevista para o Entroido trasládase ao Pavillón Municipal de Rianxo.
O vindeiro sábado 8 de marzo, ás 21.00 horas, o grupo aCadaCanto presentará no Auditorio de Rianxo o seu disco A rosa d'Adina. A entrada ten un custe de 10 € e pode adquirise anticipadamente na Cafetería Castelao e no Bar Toffe. Ademais tamén se pode reservar no enderezo electrónico acadacanto@musicasdesalitre.com O propio día do concerto poderán adquirirse as entradas a partir das 19.00...
Xa está aberto o prazo para a inscrición no Obradoiro de Poesía Erótica impartido por María Lado que se desenvolverá en Rianxo os sábados 15, 22 e 29 de marzo. Máis información Se estás interesado/a en participar, tes ata o 14 de marzo ás 14.00 horas para inscribirte, cubrindo a ficha de inscrición que estará dispoñible en breve.
Dentro da programación do FERVE A LINGUA, organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística vai desenvolverse outra proposta: OBRADOIRO DE POESÍA ERÓTICA con maría lado O obradoiro será impartido por María Lado e realizarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Terá lugar os sábados 15, 22 e 29 de marzo dende ás 10.30 a 13.30 horas. No obradoiro...
Sorteo de agasallos no Martes de Entroido Pola tarde o martes 4 de marzo, acude disfrazado ó Entroido Rianxeiro. Colle un número e participa no sorteo de diferentes agasallos. As categorías son as seguintes: INFANTIL: dende 0 a 11 anos incluídos. 7 patrocinados polo Concello e 2 por CEPSA XUVENIL: de 12 ata 16 anos incluídos. 3 patrocinados polo Concello e 2...
Dende a organización do Certame de Carrozas de Taragoña comunican que o CERTAME DE CARROZAS previsto para o 1 de marzo APRÁZASE para o sábado 8 debido ás condicións meteorolóxicas adversas previstas para ese día. O Baile de de Disfraces no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña mantense para o sábado de entroido, 1 de marzo.
Podedes consultar a programación do Entroido Rianxeiro. MARTES DE ENTROIDO - PAVILLÓN DEPORTIVO DE RIANXO Debido ás previsións metereolóxicas adversas para o día de mañá a programación prevista para o Entroido trasládase ao Pavillón Municipal de Rianxo. CERTAME DE CARROZAS - 1 DE MARZO - TARAGOÑA A organización do CERTAME DE CARROZAS previsto para TARAGOÑA o próximo sábado 1 de marzo...
O próximo sábado 22 de febreiro, ás 12.00 horas, na Biblioteca Pública Municipal terá lugar o contacontos GUÁ ! a cargo de Tero Rodríguez xunto con Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro. A proposta forma parte do programa Ferve a Lingua organizado pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.
A Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo continua o Ciclo de Inverno e Primavera cun concerto no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña, ás 18.00 horas, o próximo domingo 23 de febreiro.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de abrir o prazo para a solicitude de cursos preparatorios para as probas CELGA 2014, que se realizarán nos meses de abril e maio nos concellos que o soliciten, sendo a Secretaría Xeral en función da demanda de formación e dos recursos dispoñibles, quen planificará a programación dos cursos así como tamén os niveis que se van impartir,...
Debido ás condicións climatolóxicas adversas a actividade prevista para o venres 14 de febreiro pola tarde aprázase. Desculpas polas molestias ocasionadas
O Club de Lectura Infantil do CRA de Rianxo vai facer unha sesión esté venres 14 de febreiro, ás 17.00 horas en Rianxo, na Biblioteca Municipal. A actividade está aberta a todas aquelas persoas que estean interesadas en participar.
SES presenta o seu novo disco "Co Xenio Destrozado" no Auditorio de Rianxo Entradas á venda na Cafetería Castelao Rianxo e na Cervexeria Gallaecia Tamén podedes reservar e recoller en taquilla o día do concerto enviando un mail a info@dezetapro.com Prezo 10€ Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e...
O próximo sábado 11 de xaneiro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral 47 Rúa da Centola a cargo da Agrupación Teatral Criaturas. As entradas poden retirarse (máximo 2 por persoa) una hora antes do comezo da representación.
Un ano máis, o Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao no que se programan unha serie de actividades para conmemorar o nacemento do ilustre rianxeiro. O comezo da programación será o venres 10 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo coa proxección A fazaña da liberdade, un filme sobre a vida de Alexandre Bóveda dirixido por Senén Outeiro.
O vindeiro domingo achegaranse a Rianxo as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, chegarán arredor das 6 da tarde ao Porto de Rianxo e despois de percorrer o Paseo da Ribeira serán recibidos polas autoridades na Casa do Concello e alí repartiran caramelos a todos os nenos e nenas. Ambientarán e acompañarán ós Reis o grupo Carapaus, a Charanga Nasa e a Fanfarria Culturactiva pola mañá...
O próximo venres 13 de decembro, ás 20.00 horas, terá lugar a apertura da exposición Imaxes con Fondo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A exposición naceu dun concurso de fotografía, pretende promover a reflexión, o pensamento crítico e un cambio de actitude dentro da nosa sociedade, por medio da palabra e a imaxe. A exposición poderá visitarse dende o 13 de decembro...
O próximo venres, 13 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación do tríptico de recomendacións lectoras Tempo de acivros. Tempo de libros. O tríptico está elaborado polas bibliotecas escolares do CEIP ADR Castelao de Rianxo, CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, CEP X Mª Brea Segade de Taragoña, CRA de Rianxo, IES Félix Muriel e a Escola Infantil A Galiña Azul de...
O próximo venres 13 de decembro, ás 20.30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro Sobre Ruínas de Xesús Rábade Paredes. No acto, ademais do autor do libro, participarán a poeta Helena Villar Janeiro, o poeta F.R. Lavandeira, o editor Henrique Alvarellos e o alcalde de Rianxo Adolfo Muíños. Máis información
O próximo sábado 14 de decembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o pre-lanzamento especial do primeiro disco de Nelson Quinteiro; a orquesta GHARBO. Xunto con Nelson Quinteiro estarán Alex Lorenzo, Pulpiño Viascón, Fran Castro, Eduardo Méndez "Dubi" e as colaboracións especiais dun coro de homes da charanga "Os Estalotes" de Santiago de Compostela, a cantautora Silvia...
A Deputación da Coruña publicou a convocatoria (BOP núm. 217, do xoves 14 de novembro do 2013) de subvención dirixidas a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro ou de carácter mercantil) con dúas convocatorias específicas, unha para a realización de actividades culturais e outra para a realización de investimentos culturais. Así como tamén convocatorias específicas para...
O sábado 23 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo. As entradas son gratuítas e poden retirarse, máximo 2 por persoa, unha hora antes do comezo da representación. Blogue Teatro de Cámara Ditea Acto imprevisto
O próximo sábado 16 de novembro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral A filla de Woody Allen a cargo de Ibuprofeno Teatro. As entradas terán un custe de 5€ e poden retirarase dende 2 horas antes da función. Blogue Ibuprofeno Teatro Blogue A filla de Woody Allen
O próximo venres 15 de novembro, ás 18.00 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal unha sesión de animación á lectura titulada BABACONTOS a cargo de Larraitz Urruzola.
O Cadro Artístico Airiños do Centro Cultural Simón Varela de Asados vai representar no Auditorio de Rianxo os vindeiros 8 e 9 de novembro a obra O cabaré dos 80...anos de Airiños. As funcións serán as 21.00 horas e as entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes do comezo da representación. Grupo de teatro Airiños
As exposición Zeramiks de Fran Lareo e a exposición fotográfica NOVE X 9 do colectivo do mesmo nome ampliase ata o próximo 2 de novembro.
Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas imos a acampar na Biblioteca Pública Castelao. Será a noite do venres 25 ao sábado 26 de outubro, así que prepara as túas cousas e ven durmir con nós. Faranse moitas actividades: teatro, obradoiros, xogos, animación á lectura, contacontos,.. Está destinado a un público familiar para nenos/as a partir de 4 anos e acompañados por unha...
O próximo 25 de outubro, ás 18.00 h, na Biblioteca Pública Municipal terá lugar un Teatro Contacontos con Mundo Piruleta na que representarán Os trasnos da Biblioteca. Está destinado a un público infantil, na que as idades recomendadas son de 4 a 10 anos. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na Biblioteca antes do mércores 23 de outubro. Mundo piruleta
O próximo sábado 26 de outubro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación O método Gröholm de Jordi Galcerán a cargo de Talía Teatro. A obra está dirixida por Xúlio Lago e interpretada por Toño Casais, María Ordóñez, Artur Trillo e Dani Trillo. Unha comedia destinada para un público maior de 13 anos. As entradas, máximas 2 por persoa, poden retirarse unha hora...
O domingo 20 de outubro, organizado por "Pega no Livro": rede aberta de cubs de lectura realizarase en Rianxo e Taragoña a II Ramagem literária. Cambio horario na presentación de Quico Cadaval e Carlos Quiroga do O Crânio de Castelao, adiantarase media hora, en vez de ser ás 18.00 horas será ás 17.30 h. Programa Máis información
O próximo sábado 19 de outubro, desenvólvese no Auditorio de Rianxo, o V Encontro Internacional de Didáctica do Portugués, organizado pola Associaçao Docentes Portugês na Galiza coa colaboración do Concello de Rianxo e Camoes Portugal Instituto da Cooperaçao e da Lingua. Descarga do programa Máis información: Associaçao Docentes Portugês na Galiza
Rianxo volta coa Rede de Músicas Soltas o outono cun novo concerto. Está organizado pola Acentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo Primordiais, dúo formado por Marcelo González na voz e Luís Martíns coa harpa, adaptan do repertorio tradicional da zona de Soutomaior as súas inquedanzas e ideais sobre a músicas popular reinterpretada. Ofrecen un concerto íntimo e próximo con...
O escritor mozambiqueño CREMILDO BAHULE achégase a Rianxo dentro do programa destinado á promoción da creación literaria e artística organizado por Axóuxere Editora co cofinanciamento do Concello de Rianxo. VENRES 11 DE OUTUBRO - 18.00 HORAS - BIBLIOTECA PÚBLICA CASTELAO DE RIANXO Lectura e conversa arredor da peza teatral "Naçáo Laranja". Entrada libre ata completar aforo. venres...
Do 1 ao 11 de outubro son as datas para a formalización da matriculación na UNED SENIOR. As persoas preinscritas na materia de INFORMÁTICA BÁSICA poden pasar polo Auditorio ou por Servizos Sociais para formalizar a matriculación. Na materia de CULTURA MUSICAL DE GALIZA aínda quedan prazas así que se estás interesado/a ata o 11 de outubro aínda podes matricularte. Para máis...
Comenzan no Concello de Rianxo as inscricións para o próximo curso de Educación de Adultos, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en obter o Título de Graduado en Educación Secundaria ( ESO). O prazo remata o próximo 11 de outubro e poderanse inscribir, tódolos días en horario de mañán e martes e venres de 19.30 a 21.30, nas oficiñas dos Servizos...
O sábado 5 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o IV Festival Folclórico Galego, organizado polo Ballet Folclórico Galego coa colaboración do Concello de Rianxo. No festival contarase coa participación de diferentes agrupacións, que son as seguintes: Ballet Folclórico Boirense (Boiro) Agrupación Folclórica Verdes Piñeiros (Asados) Agrupación Folclórica...
A apertura da exposición terá lugar o sábado 5 de outubro, ás 12.00 horas.
Do 5 ao 26 de outubro poderase visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición Zeramils do escultor Fran Lareo. FrAn LaREo naceu en Brión no 1966 ( A Coruña) empeza a deseñar escultura en pequeno formato en 1998. Todas as esculturas están feitas cun material que o propio autor prepara e adapta no seu pequeno laboratorio, situado en Santa Minia, Brión. Todas as pezas...
O próximo venres 4 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Iria de Anxo Angueira. O acto contará coa participación de X. L. Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos, Manuel Bragado e Anxo Angueira,
Dentro do programa anual de exposicións que desenvolve a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, iniciará a súa andaina a mostra titulada AZUL DE LÚA, da pintora rianxeira Elena González Mayo. Poderá visitarse no Auditorio de Rianxo desde mañá sábado ás 11:00 horas (ás 12:00 a autora atenderá a medios e visitantes) e permanecerá aberta ata o vindeiro día...
O IX Ciclo de Bandas chega ao seu fin, o último concerto corre a cargo da Banda Escola de Música de Rianxo que realizarán un concerto no que interpretarán pezas que soaban nas VERBENAS dos anos 60, 70 e 80. Ao rematar estará a Charanga Nasa e un DJ. O concerto será o próximo venres 23 de setembro, ás 22.00 horas, na Praza Virxe da Guadalupe (xunto ao Mercado Municipal) O Ciclo de Bandas...
O próximo sábado 24 de agosto, ás 21.30 horas, terá lugar na Praza Rafael Dieste o XI Certame de Música e Baile Tradicional Aleivosía da Asociación Sociocultural Fogo Fatuo. O Certame está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo en colaboración co Concello de Rianxo.
O próximo sábado 10 de agosto, ás 12.00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a inauguración da exposición de Óleos da pintora Teresa Argibay. A exposición poderá visitarse ata o próximo 31 de agosto, de martes a sábado de 11.00 a 13.30 horas.
O próximo sábado 10 de agosto, as 22.30 horas, no Campo de Arriba terá lugar o concerto a cargo do grupo Media Ducia Folk. A actuación atópase enmarcada dentro da programación do Verán Cultural 2013 pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. Media Ducia Folk Media Ducia Folk- A jota de Imende