Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Xa chega a VI Edición do FESTIVAL ANTROSPINOS, máis información en: Festival Antrospinos    

O próximo sábado 13 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto sinfónico a cargo da BANDA UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO programado dentro do IX Ciclo de Bandas organizado conxuntamente pola Escola de Música e o Concello de Rianxo.

Dende o 19 de xuño ata o 6 de xullo (ambos incluidos) a Biblioteca Municipal Castelao de Rianxo permanecerá PECHADA. Para a devolución de préstamos poden dirixirse ao Concello ou ao Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.  

A Casa Museo de Manuel Antonio estará pechada dende o 22 de xuño ao 6 de xullo (ambos incluídos). Desculpen as molestias ocasionadas

O Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo ten unha MODIFICACIÓN DE HORARIOS nesta segunda quincena do mes de xuño (uso libre de instalacións, exposicións e atención ao público), que é o seguinte: MAÑÁS: De luns a venres, de 8:00 a 15:00 (atención ao público e sala de estudo de 9:00 a 14:00 horas) TARDES: Luns 17, Mércores 19, Venres 21, Luns 24, Venres 28: PECHADO Martes 18,...

 

Valentina Formoso Gosende presenta o seu novo libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, o próximo sábado 22 de xuño, ás 12.00 horas, no Salón de actos do Auditorio de Rianxo. No acto contarase ademais da presenza da autora con Manolo Bragado, director de Xerais e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo. Valentina Formoso Gosende

O vindeiro venres 21 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro coa edición de X. Ricardo Losada Faustino Rey Romero: obra poética e teolóxica. A publicación está promovida polos concellos de Catoira, Tomiño e Rianxo xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto contarase coa participación de: Xesús Santos, membro de...

No próximo mes de xuño, vai desenvolverse no Auditorio de Rianxo e organizada pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello a Mostra de Teatro Amador. As representacións, comezarán as 21.30 horas e son as seguintes: venres 21 de xuño República de Gundián a cargo de Andaravía Teatro sabado 22 de xuño Proxecto 45 a cargo de Pinchacarneiro Teatro ...

A Asociación de Desarrollo Local Deloa, organizadora do Certame de Música Tradicional Interritmos, suspende a audición prevista para o próximo 15 de xuño no Auditorio de Rianxo. No seguinte documento, pódense consultar as modificación das bases do Certame Interritmos. Modificación das bases do Certame Interritmos Para máis información nas seguintes ligazóns: Asociación de Desarrollo...

O próximo venres 14 de xuño, ás 20.30 horas, volve a Rianxo o programa Rede de Músicas Soltas organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión o concerto será a cargo de JazZología, un trío de jazz dende Cuba  Made in Galiza. As entradas teñen un custe de 5€ e poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto. JazZoología é a...

O próximo 8 de xuño, ás 21 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo, a inauguración da exposición Cadro Artístico Airiños 1933-2013 80 aniversario. A exposición poderá visitarse dende o 8 de xuño ao 6 de xullo. Teatro airiños Teatro airiños

Dende o 8 ao 30 de xuño no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo pode visitarse a exposición de fotografía Vivindo na Comunidade organizada pola Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional. Asociación Ambar

A Casa-Museo de Manuel Antonio permanecerá pechada o próximo venres 31 de maio.  

Ata o 7 de xuño podes incribirte no Certame Musical INTERITMOS, que está destinado a músicos e/ou grupos noveles, sen obra comercial editada, que interpreten obras musicais tradicionais. Está organizado pola Asociación de Desarrollo Local DELOA coa colaboración de diferentes entidades como o Concello de Rianxo. O día do festival-audición será o sábado 15 de xuño, ás 19.00 horas, no...

O vindeiro mércores 29 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo unha charla coloquio "O diñeiro ao Servizo da Transformación Social", coa presentación das experiencias galegas de finanzas éticas O PETO, FIARE-BPEGALICIA e Coop57Galiza.

O próximo sábado 8 de xuño terá lugar en Asados a II Romería Popular CEIP Ana Mª Diéguez. Entre outras propostas poderemos atopar teatro, obradoiros para nen@s, xogos, música, exposicións, xantar popular,...

O próximo sábado 25 de maio, no Campo de Arriba de Rianxo terá lugar o VIII SERÁN MAR DE RIANXO. A partir das 8.00 da tarde comezará co SERANCIÑO, para que os máis novos/as, toquen, canten, bailen e monten festa da boa, como eles/as saben. E ás dez empezarán a subir ao escenario os máis grandes, para que a festa non pare. Está organizado pola Asociación Vai de Roda en colaboración co...

Escenarios de Roberto Vidal Bolaño titúlase á charla-coloquio que vai impartir o periodista, escritor e crítico teatral Camilo Franco. Desenvolverase o sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.

O próximo sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral Días sen Gloria a cargo do Centro Dramático Galego. O Centro Dramático Galego dedícalle ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas a súa segunda produción propia para esta temporada 2012-2013 coa posta en escena de Días sen gloria. A peza, galardoada en 1992 co Premio Rafael...

O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión,  Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo...

O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión,  Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo Silva...

A presentación do libro Faustino Rey Romero. Obra poética e filosófica a cargo de X. Ricardo Losada prevista para o 18 de maio, aprázase para o VENRES 21 DE XUÑO, ÁS 20.30 HORAS no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. Desculpas polas molestias ocasionadas.

O próximo venres 10 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo haberá un concerto a cargo de Jamila Purofilin que cantará a Cortázar acompañada da guitarra de Willy Mondeja. As entradas terán un custe de 5 € e poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto.

O venres 17 maio durante todo o día, no Centro Cultural "Vicente Vidal" de Leiro celebrarán unha romería para celebrar o Día das Letras Galegas.

O próximo sábado 18 de maio, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o II MACRO-RECITAL "ao son das letras vivas", 50 rapsodas - 50 escritor@s (galeg@s e viv@s). O Cadro Artístico Airiños en colaboración con slam.arousa e a Concellería de Cultura de Rianxo, con motivo da celebración do día das letras galegas organizan este II macrorecital  para o cal se pretende xuntar a 50...

Advertido erro na programación do Maio Cultural 2013, que son os seguintes: O club de lectura infantil organizado pola Anpa do Cra de Rianxo previsto para o mércores 8 de maio, ás 16.30 horas, será na ESCOLA DE RAÑÓ-LEIRO. Despois da xuntanza realizarase unha excursión polos arredores da escola visitando os lugares singulares do lugar. O club de lectura de adultos "Flores do meu...

O próximo sábado 4 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación de BailadELAS a cargo de Teatro do Antroido de Roi Vidal sobre textos de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Xavier Estévez coa interpretación de Laura Ponte. A obra está destinada a un público maior de 12 anos e as entradas, que teñen un custe de 5 €, poden retirarse unha hora antes do comezo da...

Dende o 3 de maio ao 2 de xuño, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, poden visitar a exposición de pintura Retrospectiva de Manuel Lesende. O acto de inauguración terá lugar o vindeiro venres 3 de maio ás 20.30 horas.

O próximo sábado 4 de maio, ás 17.00 horas, na Pista Cuberta do colexio do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados terá lugar o Primeiro Torneo de Fútbol de Asados (solteiras contra casadas e solteiros contra casados) O partido será retransmitido en directo e acompañado dun DJ Está organizado pola Comisión de festas do San Pedro de Vilas (Asados)

O próximo sábado 11 de maio a Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto no que interpretarán a Sinfonía Nº 1 do Señor dos Aneis de Johan Meij. Realizarase ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.

O próximo mércores 1 de maio, ás 13.00 horas, na Praza Rafael Dieste terá lugar un concerto a cargo da Banda Infantil e do Conxunto Instrumental da Escola de Música de Rianxo. O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.

A Xunta de Galicia ven de abrir o prazo para a solicitude para a  concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais, para a realización de programas culturais que se desenvolverán na Comunidade Autónoma e para os gastos de funcionamento derivados deles, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013. O prazo remata o...

"Entre a páxina e cadro, entre palabra e imaxe" é o título do obradoiro creativo que impartirá Chiara Bertin. Desenvolverase o próximo luns 6 de Maio, entre as 18.15 e as 20.15 horas no IES Félix Muriel de Rianxo; está destinado a todas as persoas interesadas en participar. As cales terán que inscribirse, antes do 4 de maio, previamente cubrindo a ficha de inscrición  ou enviala por...

Rianxo continúa coa Rede de Músicas Soltas co concerto do dúo Fdez&Quintá   seu repertorio instrumental de muiñeiras, xotas, valses, mazurkas, polcas, foxtrots,... onde dous músicos semellan catro pola natureza dos seus instrumentos (acordeón diatónico e sanfona) Oscar Fernández e Carlos Quintá reúnen dous instrumentos que en dúo non se coñeceron entre si na música tradicional...

Xa te podes inscribir no obradoiro de creación poética POETIZANDO (de minimis) arredor da exposición fotográfica de minimis de Marga Piñeiro Díaz impartido por Sther F. Carrodeguas. Máis información

Sther F. Carrodeguas impartirá un obradoiro de creación poética POETIZANDO (DE MINIMIS) arredor da exposición fotográfica de Marga Piñeiro Díaz. Desenvolverase o próximo sábado 27 de abril de 10.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Máis información e inscricións en cultura@concelloderianxo.es ou no teléfono 981 100 688 Ás 13.30 horas haberá un recitado final...

Podedes obter máis información, na que se inclúe unha reportaxe da exposición en Rianxo, sobre De ninimís da fotógrafa Marga Piñeiro que nestas datas atópase pendurada no Centro Sociocultural de Rianxo, na seguinte ligazón. Entrada con información da exposición

Rianxo e a Zona da Zanfona presentan este obradoiro de improvisación e desinibición para actores/actrices, poetas, rapsodas e zanfonistas para compartir experiencias ao redor da musicailidade e a voz sonora deste instrumento coa palabra. Está dirixido por Sther Carrodeguas, e aberto a todos os públicos. Desenvolverase o vindeiro xoves 18 de abril  dende as 16:30 h  ata as...

O próximo 4 de maio, Todos/as con Faustino Rei Romero;  realizarase un percorrido poético pola ribeira do Ullán. programa 16.30 h.: Xuntanza no andén da estación de Catoira. 17.00 h.: Andaina poética ate o Souto de Isorna, con paradas naqueles lugares nos que o poeta deixou a súa pegada. A Cantina A Capela da Estación O Peirao da Estación A...

O vindeiro sábado 27 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo proxectarase a película "Hijos de las nubes, la última colonia" do director Álvaro Longoria con Javier Bardem e narrada por Elena Anaya. No documental examínase a axitación política actual do norte de África e a responsabilidade das potencias occidentais (especialmente Estados Unidos e Francia) polo medio do exercicio da...

O próximo sábado 20 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo desevolverase a proposta Baixo o mesmo ceo, un concerto solidario de Apoio ao Sahára no que participarán: María Manuela Helena de Alfonso e José Lara Gruñeiro (Barahúnda) Bea Porrúa e Alfredo Susavila e presentado por: Ernesto Chao (Miro Pereira en Pratos Combinados) As entradas poden retirarse unha...

O venres 12 de abril, na Biblioteca Pública Municipal, ás 21.00 horas, terá lugar a presentación do libro Miniaturas de Eugenio Granell: Música Revelada. No acto, conducido por José Luis Dopico, comparecerán Ramom Pinheiro, director artístico de aCentral Folque, Alejandro Vargas, director musical. Ademais contará cun mini concerto de Alejandro Vargas, ao piano, sobre melodías de Eugenio...

Un ano máis Rianxo acolle o 9 Encontro Internacional: Zona da Zanfona no que especialistas e afeizoados comparten espazos arredor deste instrumento co denominador común da contemporaneidade. Está organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo e coa colaboración de Axóuxere Editora. O programa é o seguinte: xoves 18 abril Sesión didáctica para escolares co...

O próximo sábado 13 de abril, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto a cargo do Grupo de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.  

O próximo 12 de abril na Sala Capitol (Santiago de Compostela) terá lugar a presentación do Festival Antrospinos que se realizará no verán en Taragoña. Nesta presentación actuaráN La Troba Kung-Fu e A Compañía do Ruído. As entradas custan 10 € ANTICIPADA e 12 € en TAQUILLA. Pódense adquirir no seguintes establecementos: A Reixa - Santiago Roxerius - Rianxo Xuntanza - Taragoña...

Dende o venres 12 ata o sábado 27 de abril pode visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición de fotografía De Minimis de Marga Piñeiro Díaz. O acto de inauguración terá lugar o venres 12 de abril, ás 19.30 horas. Marga Piñeiro Díaz reside en Chantada e profesionalmente adícase ao ensino e como afeccionada a maior parte do seu tempo libre ao mundo da Fotografía. ...

O próximo sábado 6 de abril, ás 18.00 horas, no Auditorio de Rianxo realizarase un concerto a cargo do alumnado mozo de  Estudio, Escola de música (Santiago de Compostela) e da Escola de música Juan Francés de Iribarren-Sangüesa (Navarra) coa colaboración de: Coro de Nenos de Estudio, escola de música Combo tributo a John Scofield de Estudio, escola de música Combos da...

A Asociación SocioCultural Fogo Fatuo organiza o Patrocinio en Rianxiño os próximos 20 e 21 de abril, coas seguintes propostas: sábado 20 DE ABRIL A partir das 17.00 horas Obradoiro de Xogos Tradicionais A partir das 18.00 horas SERÁN con comida, bebida, música e baile a esgalla e arroz con leite domingo 21 de abril Alborada a cargo do grupo Fogo Fatuo. Ás 13.00 horas mida...

O próximo xoves 4 de abril, remata o prazo para inscribirse no Obradoiro de Escrita Creativa: Da Realidade ao Papel (sobre a creación de personaxes) impartido por Elisa Gil. Máis información

Dende o 6 de abril ao 5 de maio no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo poderá visitarse a exposición Un mar de mulleres organizada polo Grupo de Acción Costeira 7 da Ría de Vigo - A Garda e a Asociación Mulleres en Acción. O acto de inauguración xunto coa presentación do audiovisual Un mar de mulleres terá lugar o sábado 6 de abril ás 12.00 horas.

O próximo domingo 7 de abril, ás 20.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación O tempo do Pájaro Pinto, a cargo do Grupo Artístico de Teatro, Música e Danza de Rianxo baixo a dirección de Xaquín Lorenzo na que se homenaxea a Andrés Martínez "Pancho", escritor da obra. O aforo está limitado, as entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes do comezo da...

O Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, continuando a colaboración iniciada o pasado 2012 destinada á promoción da creación literaria e artística aproveitando o programa de residencias da mencionada editorial, anuncian a convocatoria dun novo obradoiro de creación e dunha sesión de lectura e conversa a cargo da escritora Elisa Iglesias Gil. DA REALIDADE AO PAPEL (SOBRE A CREACIÓN DE...

O sábado 20 de abril no Campo de Arriba de Rianxo a Asociación Festival Antrospinos organiza o Antrospinos Miúdo. A partir das 22.00 horas comezará o concerto de Familia Caamagno, Os Ulträqäns, Os Tres Trebóns e Bigote Mix. Ao longo do día tamén se celebraran diferentes actividades. Cartaz

O próximo sábado 23 de marzo, ás 20.30 h., terá lugar no Auditorio de Rianxo un Concerto de Música de Cámara a cargo do grupo de ensembles da Escola de Música de Rianxo. Cartaz anunciador

Comeza o programa REDE DE MÚSICAS SOLTAS co concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira onde presentarán o seu novo traballo Acróbata. O concerto será o próximo venres 22 de marzo, ás 20.30 h., no Auditorio de Rianxo. Acróbata é música sabrosa con cheiro ao mar do Atlántico da banda máis tropical na beira occidental e da catárquica da mariña lucense a cargo do dúo entre Fred Martins e Ugia...

O próximo venres 15 de marzo, ás 19,30 horas, Sergio Pazos presenta "Se galego, my friend" no Auditorio de Rianxo. A proposta está organizada por Iniciativa Local en colaboración co Concello de Rianxo. As entradas custan 6 € e están á venta na Casa do Vilar e na Cafetería Guadalupe. Máis información e reservas no teléfono 622 220 859

Advertidos os seguintes erros no cartaz do Programa Educativo Cultural "Elas Realizan(se)" que se está a desenvolver no mes de Marzo no Concello de Rianxo. O venres 15 de marzo o espectáculo de Sergio Pazos é ás 19.30 horas. As entradas para o concerto do venres 22 de marzo Acróbata de Fred Martins e Ugia Pedreira é de 5 € (coa posibilidade de mercar un abono para outros concertos) ...

    O Cadro Artísitico Airiños vai representar un pequeno espectáculo sobre a muller no mar chamado "Un mar de mulleres". As representacións terán lugar: SÁBADO 16 DE MARZO 17.00 horas: en Taragoña (Centro Cultural e Deportivo) 18.00 horas: en Araño (Centro Cultural) 19.00 horas: en Asados (Centro Cultural Simón Varela) DOMINGO 17 DE MARZO 17.00...

O Concello de Rianxo vai desenvolver durante todo o mes de marzo o programa educativo-cultural "Elas Realizan(se)". Elas realizan(se), programación cultural marzo 2013

Dende o 1 ao 9 de marzo pode visitarse no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición fotográfica O Latexo das Prazas promovida polo Concello de Pontevedra. Na exposición recóllense fotografías das diferentes prazas de Pontevedra a través das cámaras de Rafa Fariña, Gonzalo García, Javier Cervera-Mercadillo, David Freire, Alba Sotelo, Guille López, Noé Parga, Ramón Leiro,...

O próximo sábado 9 de Marzo no Auditorio de Rianxo, ás 20.00 h terá lugar o I Certame Galego de Poesía Erótica Recitada Trátase dun batallón de recitado entre o conxunto de poetas participantes (escolleranse 5 finalistas e, de entre estes, unha persoa gañadora) Ademais contarase coa intervención plástica  erótica a cargo da artista María Piensos e a actuación musical a cargo de...

          Dende o 16 de Febreiro ata o 9 de marzo a Área de Educación Cultura e Normalización Lingüística vai desenvolver o I Programa Galego de Poesía Erótica chamado FERVEIRO AMARZO. As propostas que se van a realizar son as seguintes: - SÁBADO 16 DE FEBREIRO, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.30 a  19.30 horas no Auditorio de Rianxo Cando o...

No marco das actividades organizadas e promovidas pola ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA, para conmemorar a figura de Rosalía de Castro, o Concello de Rianxo, en colaboración co Colexio Rural Agrupado do concello, veñen de organizar o seguinte programa conmemorativo: MÉRCORES 20 DE FEBREIRO - 16.30 horas - ESCOLA DE CRUCEIRO, TARAGOÑA Lemos, contamos e cantamos a...

Por mor de condicionantes metereolóxicos, a programación con motivo do entroido desenvolverase da seguinte maneira: Sábado día 16 Campo de Pasos - Taragoña - 17.30 h. Certame de CARROZAS Organiza Peña Cicloturista Castro Barbudo. Premios ás mellores carrozas. OBRADOIROS de maquillaxe, globoflexia e complementos Domingo día 17 - Patio do CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ - ASADOS - dende as 16.30...

O Concello de Rianxo e a Editorial Axóuxere, continuando a colaboración iniciada o pasado 2012 destinada á promoción da creación literaria e artística aproveitando o programa de residencias da mencionada editorial, anuncian a convocatoria dun novo obradoiro de creación e dunha sesión de lectura e conversa a cargo do escritor brasileiro Amilcar Bettega  que terán lugar, o primeiro,...

Ante as previsións do tempo para mañá Martes de Entroido, nas que se anuncia unha tarde fría e con risco de chuvia, e habida conta de que as actividades programadas por este Concello para celebrar o Entroido están centradas, na súa maior parte, para desenvolver ao aire libre o día mencionado, procédese a trasladar o programa de actos de mañán martes e pasado mércores (inclúese o enterro do...

Dende a Peña Cicloturista Castro Barbudo de Taragoña, comunican que o CERTAME DE CARROZAS e todas as actividades previstas para a tarde do DOMINGO 10 de febreiro en Campo de Pasos quedan SUSPENDIDAS debido ás previsións meteorolóxicas adversas.