Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

    Un ano máis o Entroido chega a Rianxo, de seguido, podedes consultar as propostas que se organizan tanto dende os servizos municipais coma dende as entidades asociativas.   Dende eiquí podedes descargar o cartaz anunciador: Cartaz Entroido 2013 Así como tamén consultar as diferentes propostas para festexar estas datas: VENRES 8 DE FEBREIRO de...

A Casa-Museo de Manuel Antonio permanecerá pechada os próximos 18 e 19 de xaneiro. Desculpen as molestias ocasionadas.

O Concello de Rianxo vai desenvolver o programa Actos Castelao 2013 no que se conmemora o nacemento do ilustre rianxeiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. As propostas, que están enmarcadas en dúas fins de semana, son as seguintes: Venres 25 Xaneiro 20.00 h - AUDITORIO DE RIANXO Inauguración da Exposición de escultura en ferro de Che Tembra (datas da exposición do 25/01 ao...

A Deputación da Coruña ven de convocar a subvención para programas de apoio á cultura dirixidos a entidades para actividades e investimentos (BOP núm. 239, do 17 de decembro de 2012). O prazo de solicitude para participar nestas convocatorias comeza o vindeiro 15 de xaneiro e remata o 22 de febreiro. Pode consultar as bases e obter máis información nas oficinas da Área de Educación,...

Un ano máis as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, visitarán aos nenos e nenas do Concello de Rianxo. Dende as 17.30 horas na Praza de Castelao estará instalado un Belén Vivinte, onde pastores e pastoras acompañarán con panxoliñas e bailes ao neno Xesús, a Virxe María e San Xosé. A comitiva sairá arredor das 18.30 h da zona portuaria e estará conformada por charangas e animación...

Dende o tecido asociativo do Concello de Rianxo existen diferentes e variadas propostas para que todos os rianxeiros e todas as rianxeiras gocen destas datas navideñas: Venres 21  e sábado 22 de decembro – 21.00 h - Auditorio de Rianxo FESTIVAIS DE NADAL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO Organiza: Asociación Escola de Música de Rianxo cartaz   Domingo 23 de...

  Nas vacacións do nadal o Cadro Artístico Airiños vai representar a obra Superapalpadoriño, o actor de Airiños que foi ao Courel e volveu con mel. A obra está destinada a un público familiar.   As funcións terá lugar nas parroquias do Concello de Rianxo, distribuídas do seguinte xeito: MÉRCORES 26 DE DECEMBRO  Rianxo: Auditorio de Rianxo - 18.00 horas ...

Dende o 21 de decembro ata o 19 de xaneiro poderán visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición de pinturas e esculturas a cargo do artista rianxeiro Luís Noya. O acto de inauguración da exposición terá lugar o vindeiro venres 21 de decembro, ás 20.00 horas.   O cartaz anunciador

Os próximos venres 21 e sábado 22 de decembro, ás 21 horas, terán lugar no Auditorio de Rianxo os Festivais de Nadal da Escola de Música de Rianxo. O venres 21 actuarán o alumnado de frauta, oboe, saxofón, trompeta, trombón, trompa e conxunto instrumental. O sábado 22 serán o alumnado de clarinete, tuba, fagot, piano, bombardino, percusión e os nenos e nenas de música e movemento.

O próximo venres 14 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Castelao, un contacontos titulado Qué frío! Contos para o Nadal a cargo de Pavís Pavós. Está destinado a un público familiar.

Tres profesoras do CEP Brea Segade desprazaranse a Madrid para recoller o premio do concurso nacional de Boas Prácticas para a dinamización e innovación en bibliotecas escolares 2011. A biblioteca escolar do CEP Xosé Mª Brea Segade recibirá un terceiro premio co que se valora a implicación de toda a comunidade escolar no proxecto da biblioteca, as actividades de fomento da lectura e as...

No BOP de hoxe sae publicada a CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NA PROGRAMACIÓN DA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA O ANO 2013 (BOP núm. 233, do 7 de decembro de 2012) O prazo de solicitude para que os grupos de música e teatro non profesionais, poidan solicitar a súa inclusión e participar nesta convocatoria remata o sábado 22 de decembro de 2012. De precisar unha maior...

                                                                                      ...

O próximo sábado 1 de decembro, ás 20.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación teatral O extraño caso da morte de Lady Saraiba (e as que viñeron despois) a cargo do grupo de teatro infantil de Airiños. A obra está creada polo grupo de pequechos Airiños 2012 baixo a dirección de Sther Carrodeguas. Na narración están Xian Iglesias e Raquel Ramos. As persoas interesadas...

                                                                                    O vindeiro...

                O próximo sábado 1 de decembro terá lugar no Centro Sociocultural do Araño un MAGOSTO POPULAR, está organizado pola Asociación de Veciños do Araño xunto co Concello de Rianxo e en colaboración con outras entidades como a Banda de Gaitas Buxaina, o cadro Artístico Airiños, as ANPAS dos centros educativos e o bar Nova...

O vindeiro sábado 24 de novembro, ás 19.00 horas, no Auditorio de Rianxo poderán ver a función teatral do grupo Os tres Tendores. A obra está destinada a un público familiar con nenos e nenas a partir de 5 anos. A retirada de entradas (máxima 2 por persoa) farase unha hora antes do comezo da representación. Máis información

O Cadro Artísitco Airiños trasládase este venres 23 de novembro ao Concello de Dodro, onde interpretarán o espectáculo "A bicleta de Ana María" baseado na vida de Ana María Diéguez. A función terá lugar ás 20.30 na Paxareira e forma parte da programación do Concello de Boiro para conmemorar a semana "Contra a Violencia de Xénero".

O próximo venres 23 de novembro, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo, o I Festival Solidario a favor de Cáritas Parroquial de Rianxo. O Festival contará coas actuacións de: Xurxo Souto Xosé Romero e Maruxa Vai de Roda Esther Carrodeguas Escola de Música de Rianxo Tonhito de Poi Silvia Ferre e Alfredo Susavila Mariú O custe da entrada son 7 €...

O próximo sábado 17 de novembro, ás 12.00 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal Castelao un contacontos a cargo de Andrea Bayer da compañía Baobab Teatro. cartel anunciador

Dende o 14 ao 27 de novembro estará exposta no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición VI Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez da Deputación da Coruña

O Cadro Artístico Airiños de Asados do Centro Sociocultural Simón Varela de Asados vai estrear unha nova obra teatral titulada Nin rico nin pobre (senón todo o contrario). A estrea terá lugar o próximo sábado 10 de novembro, ás 21 horas, no Auditorio de Rianxo. No fin de semana posterior, concretamente o sábado 17 de novembro á mesma hora, haberá outra función. A entrada é de balde, e...

Está aberta a inscrición para participar no obradoiro literario O ambiente no proceso creativo. Construción e re-construción de identidades, a cargo a escritora Nerea Pallares, que se desenvolverá os vindeiros 9 e 10 de novembro na Biblioteca Pública Municipal Castelao. O día 16 de novembro, tamén na BPM Castelao e con carácter aberto, a escritora desenvolverá unha lectura e faladoiro...

A  próxima semana, os días 5, 6 e 7 de novembro, impartirase o curso sobre "Patrimonio cultural e natural da ría de Arousa", no Auditorio de Rianxo (A Coruña), de 9.00 a 14.00 horas. Para máis información consulta a seguinte páxina web.  

O próximo sábado 3 de novembro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto a cargo da Banda de Música Santiago de Arteixo e da Banda da Escola de Música de Rianxo. Ámbalas dúas formacións participarán no VI Certame Galego de Bandas de Música Populares que se celebrará en Santiago de Compostela do 16 ao 18 de novembro. O concerto está organizado pola Escola de Música de...

O próximo venres 2 de novembro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación teatral Menciñeiros a cargo de Volta e Dalle Teatro.   Baseada en Escola de menciñeiros, do autor mindoniense Álvaro Cunqueiro, esta nova peza de Volta e Dálle ofrécenos unha aproximación dramática a este mundo cun dobre obxectivo: preservar e dar coñecer a cultura e os saberes do...

A poeta Helena Villar Janeiro amosa unha nova faceta da súa fértil actividade creadora a través da imaxe e dunha persoal e fascinante proposta estética. A auga como tránsito da mirada, que descobre espazos ocultos, desapercibidos e cotiáns. Micro-exposición de nove fotografías sobre tea aberta ao público no Auditorio de Rianxo do 26 de outubro ao 10 de novembro. Cartel anunciador

No Auditorio de Rianxo, o vindeiro sábado 27 de outubro, ás 21.00 horas, terá lugar a representación teatral da obra Merlín a cargo da compañía Quinquilláns. Merlín está destinada a un público familiar, concretamente para nenos e nenas a partir de 6 anos. As entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes da función. Para máis información poden consultar a seguinte ligazón.

O próximo venres 26 de outubro, as 20.30 horas, proxectarase no Auditorio de Rianxo a película "Los muertos van deprisa" do director gañador de 3 premios Goya, Angel de la Cruz e protagonizada por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña, María Castro, Belén Constenla, Sergio Bermúdez, Xosé Manuel Olveira, Rosa Álvarez, Gonzalo Uriarte, Antonio Durán e Ernesto Chao. "Los muertos van...

Do 23 de outubro ao 10 de novembro poderá visitarse no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición do pintor Deli Sánchez titulada alén da paisaxe pinturas da terra. A inauguración terá lugar o próximo martes 23 de outubro ás 20.00 h. Pode consultar máis información sobre o artista na súa páxina web http://delisanchez.com/

  Está aberto o prazo de inscrición no Obradoiro Poético DIVORCIANDO A POESÍA, que desenvolverá o poeta Elías Portela. Organizado pola Editorial Axóuxere en colaboración coa Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, desenvolverase os vindeiros venres 19, de 20:00 a 21:30, e sábado 20, de 12:00 a 13:30, na sala de...

A Casa Museo de Manuel Antonio ten o seguinte horario de apertura: VENRES: de 16.00 a 20.00 horas SÁBADOS: de 10.00 a 14.00 horas As visitas guiadas para grupos organizados deben solicitarse e concertarse previamente no seguinte teléfono 981 100 688 ou nos correos electrónicos cultura@concelloderianxo.es ou animacioncultural@concelloderianxo.

O slam é un tipo de torneo entre poetas que xa se fai por todo o mundo adiante e que agora se fará tamén na nosa terra. slam.arousa será o primeiro torneo slam que se celebre en galicia, e o gañador absoluto das 6 xornadas poderá competir na final estatal española. O PRIMEIRO "TORNEO" TERÁ LUGAR O DÍA 5 DE OUTUBRO NO CURRAL DO MARQUÉS, (TARAGOÑA, RIANXO). DE AÍ SUCEDERANSE CADA MES POR...

A Asociación Escola de Música de Rianxo abre o prazo de matrícula para o curso 2012-2013, e rematará o 28 de setembro. Información e entrega de matrículas nas oficinas do Auditorio: *Os días 25, 26, 27 e 28 de setembro de 11.30 h a 13.30 h e de 19.00 h a 21.00 h *Tfno. 671 058 555 *E-mail: escolademusicaderianxo@gmail.com

 O Concello de Rianxo e a plataforma Vitaminas para o galego están a levar a cabo unha campaña denominada "Móllate polo galego", destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos e mozas polo idioma galego. A actividade consiste nun concurso fotográfico onde os participantes deberán, cunha camisola facilitada de xeito gratuito polo Concello o próximo sábado 22 de setembro na Praia de...

Desde o día 18 deste mes estará aberto o período de inscrición para o Programa de Educación de Adultos da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo. Aquelas persoas que estén interesadas poderán inscribirse no centro de Servizos Socias todos os días de 10 as 13 horas e os martes e xoves de 19:30 as 21 horas ata o vindeiro 5 de outubro. Requisitos: Ter 18...

A banda da Escola de Música de Rianxo poñerá o peche ao VIII Ciclo de Bandas de Música, co concerto "Unha noite de amor con Lela", o sábado 25 de agosto ás 21.30 horas na Praza de Rafael Dieste.

O sábado 18 de agosto terá lugar na Praza de Rafael Dieste o X Certame de Música e Baile Tradicional ALEIVOSÍA, organizado pola Asociación Cultural FOGO FATUO.

Dentro do VIII Ciclo de Bandas da Escola de Música de Rianxo, o venres 17 de agosto terá lugar o concerto da banda de Música de Sta. Cruz de Ribadulla "Noite de Zarzuela", ás 21.30 horas na Praza de Rafael Dieste.

O venres 3 e o sábado 4 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas, no Auditorio, desenvolverase un OBRADOIRO DE CREACIÓN POÉTICA E SLAM A CARGO DA POETA MALLORQUINA IRENE LA SEN. Para participar no obradoiro, aberto a toda persoa interesada, haberá que inscribirse no email cultura@concelloderianxo.es ata as 12:00 horas do xoves 2 de agosto. Asemade, Irene La Sen desenvolverá un recital o vindeiro...

Os días 11 e 12 de agosto, terá lugar no Campo de Arriba de Rianxo a III Festa do Mexillón, organizada polo Club de Remo Rianxo.

O sábado 11 de agosto ás 22.30 horas, no marco da III Festa do Mexillón, actuará o grupo folc FOL DE VENENO, dentro do programa REDE CULTURAL 2012, promovido pola Deputación da Coruña.

O venres 10 e o domingo 12 de agosto ás 21.00 h no Auditorio de Rianxo, a AGRUPACIÓN TEATRAL CRIATURAS representará a obra teatral “UN XENRO PARA O SR. ALCALDE”.

O martes  7 agosto terá lugar no Campo de Arriba, en Rianxo, o concerto de CHIMANGO - Comando Rumbero, ás 22 horas.

O domingo 5 de agosto ás 21.30 do serán, teatro para nenos na Praza de Rafael Dieste: PETER PUNK. O NENO IMPERDIBLE.

A compañía Volta e Dalle Teatro representará a obra “MENCIÑEIROS” o sábado 4 de agosto ás 22.30h na Praza de Rafael Dieste. Descarga do dítico  

O sábado 28 terá lugar no Auditorio de Rianxo, ás 22:00 horas, a estrea da obra A FUNCIÓN DO TEQUILA, do dramaturgo e director teatral Manuel Guede, a cargo da Compañía TEATRO DO MORCEGO. Esta obra foi gañadora do Premio Rafael Dieste 2011 de Teatro, da Deputación Provincial da Coruña. As entradas dispoñibles para o público xeral, que serán gratuítas, poderán retirarse a partires das...

O sábado 28 de xullo, ás 17:00 h., na Praza de Manuel Antonio (Asados), iniciarase a acción poética POESÍA NA PESQUEIRA DE ASADOS, TODOS CON MANUEL ANTONIO, consistinte nunha andaina poética e musical organizado pola PLATAFORMA CULTURAL GALEGA coa colaboración do Concello de Rianxo e o Grupo de Teatro Airiños de Asados.

O venres 27 de xullo, ás 12:00 horas, no Auditorio de Rianxo, inaugúrase a exposición “ACUARELAS do pintor madrileño JOSÉ ANTONIO JIMÉNEZ GOSÁLVEZ. A mostra, que inclúe numerosas paisaxes rianxeiras, permanecerá aberta ata o vindeiro 18 de agosto e poderá visitarse de luns a sábado de 08:00 h. a 13:45 h.

O xoves  12 de xullo ás 20.30h presentarase a obra PRANTO MATRICIAL na voz do seu autor de Valentín Paz-Andrade, editado polo Consello da Cultura Galega dentro da súa colección ‘As nosas voces’, no Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira, s/n (Parque Galicia).                          

A Agrupación Teatral Criaturas representa "Non hai ladrón que por ben non veña" polas parroquias. Mércores 11 de xullo – 21.30 h // Taragoña – Campo de Pazos Xoves 12 de xullo– 21.30 h // Araño – Pista Polideportiva de A Capela Venres 13 de xullo – 21.30 h // Asados – Praza Manuel Antonio Mércores 18 de xullo– 21.30 h // Isorna - Quintáns (xunto á escola) Xoves 19 de...

A Escola de Música de Rianxo organiza o concerto de fin de curso 2012 de clarinete, trompa, tuba, trombón, bombardino, percusion e banda infantil. Terá lugar o sábado 7 de xullo ás 21.00h no Campo de Arriba, agás en caso de choiva, que se trasladaría ao Auditorio.                    

Os horarios dos museos de Rianxo durante o verán serán os seguintes: Casa Museo de Manuel Antonio martes a sábado de 10.00 a 14.00 Museo do Mar martes a sábado de 17.30 a 20.30 domingo de 11.00 a 13.30

O sábado 30 de xuño terá lugar no Campo de Arriba de Rianxo un concerto en favor dos refuxiados saharauis, do Programa de acollida temporal de nenos e nenas saharauis "Vacacións en Paz". As actuacións musicais irán a cargo de Verdegaio e Orquestra Os Modernos.      

O videiro venres 29 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o acto de presentación do núm. 76 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así coma a presentación do primeiro volume da Obra Completa de Manuel Antonio, editada conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. No acto estarán presentes, amais de Xosé Luís Axeitos, editor literario; Diego...

O 30 de xuño terá lugar, dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes, unha proxección de curtas en galego e un obradoiro de dinamización, toda unhna experiencia audiovisual no cinema máis pequeno do mundo. Dirixido a rapaces de 6 a 12 anos, que poderán inscribirse no Auditorio de Rianxo ata o 29 de xuño, ata 20 participantes. O evento terá lugar na Praza Castelao entre as 17...

O sábado 23 de xuño ás 20.00 horas terá lugar no Auditorio de Rianxo o Festival da Agrupación de Pandeiretas teixedal.

Dentro das actividades do X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo vai organizar, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class con Jorge Retamoza. Master Class con Jorge Retamoza DÍA: sábado 9 de xuño HORA: de 16:00 a 19:00 LUGAR: Auditorio de Rianxo Toda a información

O domingo 3 de xuño, ás 20.00 h, no Auditorio de Rianxo terá lugar un CONCERTO DE FRAUTA para clausurar o I Curso de Frauta que organiza a Escola de Música de Rianxo. O concerto atópase enmarcado dentro dos actos para conmemorar o X Aniversario da Escola de Música de Rianxo.  

O grupo de música tradicional Río de Anxo ofrecerá un concerto o sábado 2 de xuño ás 20.30h no Auditorio de Rianxo. O aforo é limitado. A retirada de entradas comezará unha hora antes do inicio do concerto.

Os 1, 2 e 3 de xuño celébrase en Brión o VII Encontro coa Arte: Lembrando a Castelao, unhas xornadas que reúnen en Brión unha trintena de artistas pintores, músicos e poetas. Como en edicións precedentes, unha figura das nosas letras vai ser homenaxeada durante o encontro. Este ano os organizadores escolleron ao escritor, artista e político Alfonso Daniel R. Castelao, un persoeiro de enorme...

O mércores 30 de maio ás 20.30 horas terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto de fin de curso do Departamento de Jazz da Escola de Música de Rianxo.

O luns 28 de maio ás 12.30 inaugúrase a exposición de pintura e escultura "Lembranzas mariñas", de Nolo Suárez e "Xeomaquias" de Nando Pereiro, no Auditorio de Rianxo. A exposición permañecerá aberta o propio luns da inauguración e ata o sábado 23 de xuño nos horarios: martes a venres de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 sábados de 10.30 a 13.00 e de 16.30 a 20.00 Descarga do dítico...

Dentro do programa de Dinamización Lingüística falaRedes chega a Rianxo o sábado 19 de maio pola tarde, na Praza Castelao, a proposta Galego de Cine que desenvolverá dúas actividades: PROXECCIÓN DE CURTAS EN GALEGO Na Praza Castelao, dende  as 18.00 h, aproximadamente, ata as 20.00 h, os nenos e nenas poderán visionar curtas de animación en galego nunha caravana. OBRADOIRO DE...

O vindeiro sábado día 19 de maio, ás 12.30 h, terá lugar no Salón de Plenos da casa do concello un Acto Institucional con motivo das Letras Galegas en homenaxe a VALENTÍN PAZ ANDRADE, coa participación de Xosé Luís Axeitos e Alfonso Paz Andrade.

No Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo terá lugar, do 4 ao 23 de Maio a exposición fotográfica RETROSPECTIVA a cargo do Foto Club Sávora. As fotos expostas pertencen aos seguintes fotógrafos:     Óscar Iglesias     Xoan Antón Castro     Caxenas     José M. Prado     Oscar Reboiras ...