Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
O vindeiro venres, o Grupo de Teatro Airiños estrea a súa nova produción Unha primavera para Aldara, baixo a dirección de Amantia Coello, a partir do texto de Teresa Moure. As funcións serán o venres 4 e o sábado 5 de outubro ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo e están organizadas polo Grupo de Teatro Airiños de Asados. A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse en...
Persoas admitidas Rematado o período de inscrición, pode consultar as persoas admitidas no seguinte documento: Listaxe persoas admitidas O obradoiro comezara o vindeiro sábado 5 de outubro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Rianxo. A Escola de Escritores da AELG e o Concello de Rianxo convocan unha nova edición do Obradorio de creación literaria. Este ano baixo a denominación As liñas...
Coa película O Cairo confidencial péchase o ciclo de cine euroárabe Amal en ruta. Semanas antes da revolución exipcia de 2011 un oficial de policía do Cairo investiga o asasinato dunha famosa cantante no hotel Nile Hilton. O que inicialmente parece ser un crime pasional convértese en algo que concirne á elite do poder de Exipto.
Para enfrontar as pantasmas que o obsesionan, o director Raed Andoni decide construír unha réplica da prisión de Al-Moskobiya, o principal centro de interrogatorios de Israel. Axudado por ex-reclusos, tenta representar de novo a historia que tivo lugar tras as paredes. Proxección do documental o sábado 28 de setembro ás 20.30 horas.
Osama e Ayman adoran e admiran ao seu pai pero ambos queren tomar camiños diferentes. Talal sedúcenos cunha historia que, a través do día a día de dous nenos, permítenos comprender a complexidade e a traxedia do conflito que vive Siria actualmente. O documental proxectarase o venres 27 de setembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo dentro do ciclo de cine Amal en ruta.
X SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: "A liberdade nunca perdeu ningunha loita! (R. Cabanillas)" organizado pola Nova Escola Galega, Instituto Galego de Historia e o IES Félix Muriel de Rianxo. Datas de celebración: 4, 5 e 6 de outubro de 2019. Lugares de celebración: Rianxo, A Fonsagrada e Grandas de Salime. Programa do X seminario Folleto do X seminario Sitio web...
O Programa Universitario de Maiores do IV CICLO da USC promove o proxecto de democratización do coñecemento, CAMIÑOS DE COÑECEMENTO xunto coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa conta cun total de 8 clases que se impartirán nunha Aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Está destinado para maiores de 50 anos. Máis información e inscricións no correo electrónico...
Do 25 ao 28 de setembro terá lugar no Auditorio de Rianxo Amal en ruta, o ciclo de cine euroárabe organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Rianxo O ciclo Amal en ruta é unha versión resumida da Semana de Cine Euroárabe Amal 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela. Este ciclo supón un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade....
Viladomar - máis alá dos muros, laboratorio de arte pública para a vila de Rianxo, organizado pola Asociación Ondiñas Mainas de Rianxo. Do 6 ao 13 de setembro, en diversos espazos de Rianxo, Isorna e Araño, cos artistas Mutante Creativo de Ordes, Batalla de Rianxo, Cestola na Cachola de Almería, Doa de Sober e Nana de Ordes.
Coa colaboración dos catro concellos da Arousa Norte e da Deputación da Coruña, a Asociación Alberto Romero volve ofrecer un ano máis os cursos de formación básica de como realizar unha curtametraxe. Están programados para os meses de outubro e novembro nos catro concellos da Arousa Norte (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) e son gratuítos. Os cursos terán...
AVISO: a conferencia e o obradoiro de María Ovelar realizarase no Cuartel Vello de Rianxo, que se atopa na Praza de Castelao en Rianxo. No mes de agosto comezan as residencias de escritoras/es e pensadoras/es organizadas por Axóuxere Editora, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo e que se desenvolverán entre o devandito mes e mediados de decembro. As persoas...
Trasládase ao auditorio de Rianxo. Entrada de balde ata completar capacidade, máximo 2 por persoa, dispoñibles desde unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio. O venres 9 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar na Praza de Rafael Dieste, un concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, enmarcado do XV Ciclo de Bandas de Música organizado pola Escola de Música de Rianxo...
Creactivity da Obra Social "laCaixa" fai parada en Rianxo, na Praza de Castelao, o luns 19 e o martes 20 de agosto. Os obradoiros e as visitas poden realizarse no horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. É un espazo-obradoiro para nenos e nenas a partir de 7 anos onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a...
A compañía a Cova as Letras presenta a comedia musical A gata con zocos acompañada da Banda da Escola de Música de Rianxo. O espectáculo terá lugar o mércores 24 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste en Rianxo. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A Asociación Filatélica e Numismática de Rianxo, organiza a XII Exposición de Selos e Moedas, será do 25 ao 27 de xullo nos baixos do Cuartel Vello da Praza de Castelao. A inauguración vai realizarse o xoves 25 de xullo ás 12.00 horas. A exposición pode visitarse no seguinte horario: 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.
Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...
O venres 19 de xullo, ás 12.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía de teatro A Tropa do Trapo achégase co seu novo espectáculo de contos 4 monos. O espectáculo combina a narración oral, a música ao vivo e o teatro de obxectos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta...
O venres 19 de xullo terá lugar o segundo concerto do XV Ciclo de Bandas organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo. Nesta ocasión a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira achégase a Rianxo e ofrecerá un concerto na Praza de Rafael Dieste ás 21.00 horas. Máis información no Facebook da Escola de Música de Rianxo.
O vindeiro sábado 20 de xullo, ás 20.30 horas, a Praza Castelao Roi Casal presenta un gran espectáculo musical entre Cuba e Galicia Son galego, Son Cubano. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba. Roi Casal traballou...
Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...
Sés achégase coa súa banda á Praza Castelao de Rianxo para ofrecernos un concerto enmarcado no programa Música na noite no Verán Cultural 2019 que está a organizar o Concello de Rianxo. A actuación realizarase no marco das Festas da Virxe do Carme 2019, o luns 15 de xullo ás 22.30 horas. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Máis información no sitio web...
Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...
Os xoves do mes de xullo, ás 22.30 horas, nos xardíns do Parque da Martela terá lugar o programa Noites de Cine 2019 dentro do Verán Cultural 2019. Os filmes que se desenvolverán serán os seguintes: Xoves 4 de xullo, Coco. Xoves 11 de xullo, Linko. Xoves 18 de xullo, A sombra da lei. Xoves 25 de xullo, O regreso de Mary Poppins. Estas propostas forman parte do programa Visións da Rede...
A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...
A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...
A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son: 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños. 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das...
Este sábado 15 de xuño, ás 12.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Ana Valín "El vals de las hormigas". Que pasaría se o noso corazón fose un músculo brando e feble, incapaz de resistir grandes emocións? E se a nosa grande incapacidade para non meternos en problemas nos impedise ver o amor da nosa vida a tan só uns escasos metros? Poderiamos...
Do 11 de xuño ao 17 de xullo, o Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo acollerá a exposición promovida polo Consello da Cultura Galega Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia. A inauguración da exposición realizarase o martes 11 de xuño, ás 20.30 horas. Os horarios de apertura serán os seguintes: Do 12 ao 14 de xuño: de 11:00 a 13:45 e de 18:00 a 21:45 horas. Do 15 de xuño ao 17 de...
A nova produción do Centro Dramático Galego, Neorretranca e posmorriña, representarase na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 14 de xuño ás 21.00 horas. Recomendada para un público maior de 14 anos. Duración 2 horas e 40 minutos. A entrada ten un custo de 5 € e pode adquirirse na billeteira do auditorio dende unha hora antes do comezo da función. Neorretranca e...
O grupo de Lisboa, Coral Viva Voz achégase ao auditorio de Rianxo para ofrecernos un concerto de música coral no que estarán acompañados por Barahúnda e Xico de Cariño. O espectáculo terá lugar o domingo 9 de xuño, ás 19.00 horas. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo do concerto (máximo 2 por persoa)
O venres 7 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Miguel Anxo Seixas, Castelao. Construtor da nación. Tomo I 1886-1930. No acto, ademais do autor, estarán presentes Francisco Castro (director Editorial Galaxia), Carlos Mella (presidente da Fundación Castelao) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo)
Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acolle, o sábado 8 de xuño, a Andaravía Teatro o grupo da Asociación Cultural Papaventos coa nova produción Moito barullo e poucas carolas. A función comezará ás 21.00 horas e está destinada para tódolos públicos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa) A proposta está organizada...
A compañía de teatro Xarope Tulú achégase a Rianxo coa proposta Nómades. A actuación realizarase o vindeiro venres 7 de xuño, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Público recomendado: familiar con nenos e nenas a partir de 5 anos. Duración: 60 minutos A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes na billeteira do Auditorio...
O grupo de teatro inclusivo da Asociación ASPAS achégase ao Auditorio de Rianxo coa peza Peter! Voamos! dentro do seu proxecto "Abrindo os ollos ó mundo". A función terá lugar o sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).