Educación e Cultura - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais
horario de inverno:
luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
O domingo 24 de xullo, terán lugar as seguintes propostas: 11.00 horas, Salón de Plenos do Concello de Rianxo Obradoiro escrita creativa para rapaces e rapazas a cargo de Andrea Barreira Freije (escritora e docente de escrita creativa) de Urco Edicións, con presenza de Xosé Ducan 12.00 horas, Salón de Plenos do Concello de Rianxo Obradoiro-campionato do xogo de cartas Ophiusa: a terra dos...
O venres 22 de xullo e o sábado 6 de agosto, no Paseo da Ribeira (zona xunto ó busto de Castelao) haberá dúas observacións astronómicas ás 22.30 horas.
O venres 22 de xullo e o sábado 6 de agosto, no Paseo da Ribeira (zona xunto ó busto de Castelao) haberá dúas observacións astronómicas ás 22.30 horas.
Uxía e Magín na casa de Manuel María, Canta o Cuco; o venres 22 de xullo, ás 21.00 horas na Praza Castelao
Festival Internacional de Baile Tradicional, o xoves 21 de xullo, ás 22.30 horas na Praza Castelao
Advertimos erros no cartaz anterior anunciador das Noites de Cine 2016 As proxeccións serán as seguintes: Mércores 6 de xullo, en Taragoña Martes 12 de xullo, en Asados Martes 19 de xullo, en Isorna Martes 26 de xullo, en Leiro Mércores 10 de agosto, en Araño Mércores 17 de agosto, en Rianxo
Debido a un erro no cartaz xeral anunciador do programa Noites de Cine 2016, no que se poñía o cine para Isorna o mércores 20. A data correcta é o MARTES 19 DE XULLO ás 23.00 horas, na que se proxectará na Escola de Quintáns en Isorna a comedia "La gran seducción" Os habitantes de Tickel Head, un pobo costeiro de Canadá, antano de orgullosos pescadores, hoxe vense obrigados a vivir de...
Este ano a Festa da Xouba muda de día para o sábado 23 de xullo, en breve a programación.
Do 29 ao 30 de xullo, celébrase en Taragoña o IX Festival Antrospinos. Facebook Festival Antropinos
A Escola de Música de Rianxo e o alumnado de primaria do Coro do CEIP Ana María Diéguez de Asados desprázanse a Outeiro de Rei, terra de Manuel María para homenaxealo co concerto Os Soños na Gaiola participando na III Convivio da Cultura Galega. O concerto está organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración da Escola de Música de Rianxo, o CEIP Ana María Diéguez, Fundación Manuel María e...
Dende o mes de xuño o Auditorio de Rianxo é o lugar onde se está preparando a obra teatral Voaxa e Carmín a través dunha residencia de colaboración entre o Concello de Rianxo e ButacaZero + eme2. Voaxa e Carmín unha obra escrita por Esther F. Carrodeguas e baixo a dirección de Xavier Castiñeira no que as actrices Belén Constenla e Mabel Rivera dánlle vida a Coralia e Maruxa Fandiño...
Dende o mes de xuño o Auditorio de Rianxo é o lugar onde se está preparando a obra teatral Voaxa e Carmín a través dunha residencia de colaboración entre o Concello de Rianxo e ButacaZero + eme2. Voaxa e Carmín unha obra escrita por Esther F. Carrodeguas e baixo a dirección de Xavier Castiñeira no que as actrices Belén Constenla e Mabel Rivera dánlle vida a Coralia e Maruxa Fandiño...
No Auditorio de Rianxo este venres 8 de xullo, terá lugar o Festival fin de curso da Escola de Música de Rianxo.
O vindeiro martes 12 de xullo, ás 23.00 horas, terá lugar no Patio do CEIP Ana Mª Diéguez a proxección da película Viva la libertad dentro do programa Noites de Cine. Enrico Oliveri, secretario do principal partido da oposición, é un político en plena crisis que decide un día abandoar os seus compromisos e refuxiarse nunha casa en Francia. O seu secretario, desesperado por calar os rumores...
O vindeiro xoves 14 de xullo, ás 21.00 horas, terá lugar no Bar A Lareira (no Pazo en Rianxo), a presentación do libro biográfico DONATO. No acto estará presente o autor da publicación Hector Pose, así como tamén o protagonista Donato Gama da Silva e o Concelleiro de Deportes e Patrimonio Histónico Xusto Ordóñez.
Por mor das malas condicións atmosféricas (nubosidade), a observación astronómica prevista para esta noite aprázase. En breve informarase da nova data. Dentro do Programa Todocosmos, o vindeiro sábado 11 de xuño, ás 23.00 horas, terá lugar no Paseo da Ribeira (xunto o Busto de Castelao) unha observación astronómica no que entre outros elementos poderase observar Saturno, Xúpiter, A Lúa,...
No BOP núm. 108, do 8 de xuño do 2016, a Deputación de Coruña ven de abrir o prazo de solicitude para diferentes convocatorias de axudas a entidades sen ánimo de lucro. O prazo de solicitude remata ás 14.00 h do venres 15 de xullo. As convocatorias son as seguintes: PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A CORAIS POLIFÓNICAS, BANDAS DE MÚSICA POPULARES E ENTIDADES DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO DA...
A Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2016 a Helena Villar Janeiro. Entregaráselle en Rianxo o 25 de xuño, na que será a vixésimo segunda edición. Escribir, tirar do fío para dispoñelo en urdas, para pasar a trama, para facer a tea: tecer. Tecer a vida cara adiante como as hedras da clepsidra poboan o tempo que flúe. Tecer a vida cara atrás como...
Un adianto da programación cultural para o mes de xuño no Concello de Rianxo
A Escola de Teatro Airiños o sábado 18 de xuño, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo presenta a nova produción Con S de Super. A obra está representada polo grupo " Os Kabramakabra" integrado por Lucía, Silvia, Carmela, Rebeca, Luismi e Marco.
A Escola de Teatro Airiños presenta o Lobishome o sábado 11 de xuño, ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo. A obra, que é unha adaptación da escrita por Paula Carballeira, está interpretada por "Os Fantásticos" que son: Uxía, Breogán, Zaire, Iria, Lucía, Sara, Lois e Mateo.
A Sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, acollerá entre o 3 e o 25 de xuño, a exposición ADEVAL, pintando entre amigos. Na exposición poderase ver obras dos seguintes pintores e pintoras: Ángeles Garrido, Antía Cajaraville, Pepe Potel, José Garrido, Sonia Valiño e Suso Moure. A inauguración terá lugar o vindeiro venres 3 de xuño ás 20.00 horas.
Presentación do libro Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas nas escolas vellas de Asados con lecturas dramatizadas e intervencións do Teatro Airiños, o sábado 28 de maio ás 20.30h
Inscrición na actividade O Corpo Fantasma
"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo teatro para toda a familia. Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido “Pavillón Lino” da Coruña, espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas: teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas... Unha trepidante comedia de variedades cunha coidada posta en escena,na que desfilarán unha...
Pablo Carbonel, "el cantautor plasta ", no Auditorio de Rianxo, o concerto será o vindeiro venres 13 de maio ás 21.30 horas. As entradas teñen un custe de 12 € na billeteira e 10 € anticipada (na Cafetería Guadalupe ou na Cervexería Gallaecia)
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas no que este ano se lle adican ao poeta Manuel María, ás 12.00 horas no Campo de Arriba de Rianxo terá lugar un concerto titulado Os Soños na Gaiola. No concerto ademais de participar a Banda da Escola de Música de Rianxo tamén conta co alumnado da Escola de Música de Rianxo e do CEIP Ana María Diéguez, de Asados (Rianxo), quen articulou un coro de...
Homenaxe a Manuel María, o 27 de maio ás 21.30 horas no Auditorio de Rianxo, recital poético musical coa participación de Tino Baz, Anxo Angueira, Gonzalo Hermo e Olga Novo.
Dentro do programa Todocosmos, de divulgación ofertado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ten coma obxectivo levar a Ciencia Astronómica a toda a sociedade mediante diferentes actividades para todos os segmentos de idade: cursiños, obradoiros, observacións astronómicas, presentacións, etc. No Concello de Rianxo o vindeiros...
Cartel coa programación cultural do Maio 2016. Máis información no sitio web do Concello de Rianxo, na Axenda Sociocultural
Dende o 6 ao 31 de maio o Auditorio de Rianxo acollerá unha exposición de Xosé Vizoso na que mostrará os seus carteis dende o 1970 ao 2014. O venres 6 de maio, ás 20.00 h., apertura da exposición e visita guiada a cargo de Xosó Vizoso. Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950). No Bacharelato tivo de profesor ó escultro valenciano Juan Puchades, que estimulou nel a vocación polas artes plásticas. Pasou...
En Taragoña, en Campo de Pasos, o 17 de maio van celebrar o Día das Letras coa Festa de 1906 organizado pola Asociación Festival Antrospinos.
Un ano máis, a poesía inundará os bares de Rianxo grazas ao Slam!!! Serán tres as xornadas de torneo slam, entre maio e xuño, as que terán lugar, sendo a última data a Gran Final. A temática será libre, pero como sempre débense recitar poemas propios, cunha duración dun máximo de 3 minutos, sen usar disfraces nin elementos escénicos. Por suposto: o xurado será o público presente nos diferentes...
Un ano máis, a poesía inundará os bares de Rianxo grazas ao Slam!!! Serán tres as xornadas de torneo slam, entre maio e xuño, as que terán lugar, sendo a última data a Gran Final. A temática será libre, pero como sempre débense recitar poemas propios, cunha duración dun máximo de 3 minutos, sen usar disfraces nin elementos escénicos. Por suposto: o xurado será o público presente nos diferentes...
Un ano máis, a poesía inundará os bares de Rianxo grazas ao Slam!!! Serán tres as xornadas de torneo slam, entre maio e xuño, as que terán lugar, sendo a última data a Gran Final. A temática será libre, pero como sempre débense recitar poemas propios, cunha duración dun máximo de 3 minutos, sen usar disfraces nin elementos escénicos. Por suposto: o xurado será o público presente nos diferentes...
Un ano máis, a poesía inundará os bares de Rianxo grazas ao Slam!!! E este ano, non hai escusa posible para non participar, porque se non sabes moi ben o que é o slam... podes apuntarte ao obradoiro de impartido por Silvia Penas, que ademáis recitará o 1 de maio, xa que da voz a Cinta Adhesiva. Desta vez, a organización corre por parte do grupo habitual de salmeiras rianxeiras, capitaneado por...
Un ano máis, a poesía inundará os bares de Rianxo grazas ao Slam!!! Serán tres as xornadas de torneo slam, entre maio e xuño, as que terán lugar, sendo a última data a Gran Final. A temática será libre, pero como sempre débense recitar poemas propios, cunha duración dun máximo de 3 minutos, sen usar disfraces nin elementos escénicos. Por suposto: o xurado será o público presente nos diferentes...
O sábado 14 de maio, durante todo o día, realizarase no Centro Cultural de Leiro o I Serán no que haberá ademais de música e baile, actividades relacionadas con Manuel Marí, homenaxeado nas Letras Galegas 2016, xogos populares, xantar popular, ... Anímate e ven pasar o día a Leiro !
O vindeiro sábado 28 de maio terá lugar no Campo de Arriba de Rianxo o XI Serán Mar de Rianxo organizado pola Asociación Vai de Roda. Máis información no facebook da Asociación Vai de Roda
O vindeiro venres 6 de maio, ás 21.30 horas, terá lugar no auditorio de Rianxo un concerto de jazz a cargo do grupo Looking Back Trío formado por Andreas Prittwitz (saxo, clarinete, flautas), Ramiro Morales (archilaúd, guitarra barroca) e Antonio Toledo (guitarra española). A entrada ten un custe de 10 € na billeteira o día do concerto e 8 € en anticipada (en breve informarase dos locais de...
O vindeiro sábado 7 de maio, ás 19.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o XIII Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. Retirada de convites unha hora antes do comezo do concerto.
Un ano máis, a poesía inundará os bares de Rianxo grazas ao Slam!!! E este ano, non hai escusa posible para non participar, porque se non sabes moi ben o que é o slam... podes apuntarte ao obradoiro de impartido por Silvia Penas, que ademáis recitará o 1 de maio, xa que da voz a Cinta Adhesiva. Desta vez, a organización corre por parte do grupo habitual de salmeiras rianxeiras, capitaneado por...
A Comisión de Festas de Asados xunto coas Juadalupeñas xúntanse por primeira vez para facer en Asados, na Santa Lucía, a Romería dos Maios. Máis información no facebook das Juadalupeñas Máis información no facebook da Comisión de Festas de Asados
O vindeiro sábado 7 de maio a Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Concello de Rianxo organiza unha saída ó Museo de Pontevedra cunha visita guiada á exposición CASTELAO ARTISTA, os fundamentos do seu estilo (1905-1920) Máis información arredor da exposición A viaxe realizarase en autobús, e a saída está prevista para as 10.00 da mañá e o regreso ás 15.00 horas...
O grupo de música tradicional Río de Anxo, baixo o título de Lembranzas dun gaiteiro ofrecerá un concerto o vindeiro sábado 23 de abril, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar aforo, poden retirarse (máximo 2 por persoas) dende ás 20.00 horas na billeteira do auditorio.
Sábado 16 de abril as 12:00h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos. Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1 acompañante. "Os contos do chupete" é unha sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos na que se integrada música en directo...
O vindeiro domingo 10 de abril, ás 20.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o Concerto a cargo do Grupo de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo
Os vindeiros 15, 16 e 17 de abril no #auditorioderianxo a Escola de Música e Baile CODA representará a primeira adaptación ó galego do musical do Rei León: O rei da Sabana As entradas poden adquirirse dende o 1 de abril no Furancho de Rianxo a un prezo de 13,50 €
O vindeiro sábado 2 de abril, ás 12.30 horas, no Auditorio de Rianxo celébrase o Día das Artes Galegas 2016, adicado a Castelao. Realizarase un acto solemne e público: - Introdución de D. Manuel Quintana Martelo - Conferencia de D. Miguelanxo Prado Castelao Artista - Peche de D. Adolfo Muinhos Sánchez - Apertura e epílogo musical a cargo de Barahunda Múdanse OsVentos Ao remate do acto,...
Do 1 ao 30 de abril no Auditorio de Rianxo permanecerá a exposición Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia do Consello da Cultura Galega. Descarga do catálogo da exposición
Os vindeiros 16 e 17 de abril, a Asociación Fogo Fatuo, organiza en Rianxiño O Patrocinio. Máis información no cartaz anunciador.
O vindeiro sábado 19 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral da nova produción de "La Yogurtera" A forma das cousas baixo a dirección e dramaturxia de Carlos Álvarez Osorio. Evelyn, unha iconoclasta e excéntrica estudante de arte entregada en corpo e alma á preparación do seu proxecto de tese de doutoramento, aparece na vida monótona de Adán, un...
A Escola de Música de Rianxo organiza o III Concurso de Carteis para anunciar o XIII aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. Podes consultar as bases aquí:
Do 4 ao 19 de marzo, pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición Manuel María. A palabra viva.
Un ano máis a Orquestra Espazo de Cámara da Univesidade de Santiago de Compostela achégase ao Auditorio de Rianxo para deleitarnos cun concerto. O concerto realizarase o vindeiro sábado 5 de marzo, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo. Díptico do concerto
O sábado 27 de febreiro, ás 20.30 horas, a compañía Galeatro achégase ao Auditorio para representar a función Rosalía, a rosa de cen follas. Hai 130 anos, o 15 de xullo de 1885, morría a que foi sen lugar a dúbidas a autora máis relevante das nosas letras, Rosalía de Castro; e á Compañía de teatro Galeatro non se nos ocorre mellor xeito de homenaxeala que levándoa a escena. “Rosalía, a rosa...
O venres 26 e o sábado 27 de febreiro celébrase en Rianxo o Día de Rosalía de Castro, na que se conmemora o 179 aniversario do seu nacemento.
O vindeiro sábado 20 de febreiro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo (salón de actos) terá lugar un acto no que Silvia Collazo fará lectura dos seus poemas.
Dende a organización das actividades previstas en Taragoña co motivo do Entroido 2016, comunícannos que as APRAZAN para o vindeiro sábado 20 de febreiro, por mor da previsión atmosférica prevista para ese día.