Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:

APERTURA DAS INSTALACIÓNS
Luns: 09.00 a 14.30 horas
De martes a venres: de 09.00 a 21.00 horas
Sábados: de 10.00 a 14.00 horas
                 de 16.30 a 21.00 horas

SERVIZOS TÉCNICOS:
De luns a venres: 09.00 a 14.30 horas

Horario de verán:

​​​​​​​Luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Estes horarios poden sufrir modificacións por razón de programación ou imprevistos, que, de ser posible, anunciaranse.

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

No Cuartel Vello, o vindeiro domingo 12 de marzo, ás 18.30 horas terá lugar a audición da aula de frauta da Escola de Música de Rianxo.

Dende a organización do entroido en Taragoña, informan de que as propostas do entroido (desfile de carrozas e bituin the tris) por mor das condicións meteorolóxicas adversas trasládano para o SÁBADO 11 DE MARZO.

Cándido Pazó en Memorias das memorias dun neno labrego, o vindeiro venres 10 de marzo ás 21.00 horas no Auditorio de Rianxo. Recomendada para maiores de 12 anos. Entrada de balde ata completar aforo. Máximo 2 entradas por persoa. Retirada unha hora antes do comezo da función. Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas “Memorias dun neno Labrego”: En 1961 publicouse en...

O Grupo de Expressao Dramática de Escapaes, compañía teatral portuguesa, achégase ao Auditorio de Rianxo coa función Homens Mulheres, venha o diabo e escolha uma guerra de sexos. A representación será o sábado 11 de marzo ás 21.00 h. Está organizada polo Grupo de Teatro Airiños coa colaboración do Concello de Rianxo. Recomendada para maiores de 10 anos. A entrada é de balde. Retirada unha...

A MOSTRA ESTARÁ ABERTA ATA O VINDEIRO 18 DE MARZO NOVA DATA: acto de apertura que tivera que ser suspendido por mor das condicións meterolóxicas adversas realizarase o vindeiro sábado 11 de febreiro ás 12.30 h. Do 3 ao 24 de febreiro terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a Mostra de Arte Moderna by F.Farrapos.

Marzo 17, programación cultural

O vindeiro sábado 4 de marzo, ás 20.00 horas, terá lugar no Teatro do Auditorio de Rianxo a Presentación do libro Arcos Moldes, mestre sen escola de Xesús Santos e Xosé Comoxo, coa participación da Aula de Cultura Musical da Galiza da UNED Senior en Rianxo

No Bop núm. 37, do mércores 22 de febreiro de 2017, a Deputación de Coruña publica unha serie de axudas para entidades sen ánimo de lucro: Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas e a fundacións da provincia da Coruña para actividades culturais 2017 Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para...

A Deputación da Coruña, co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da...

O xoves 23 de febreiro desenvolveranse en Rianxo actos en honra de Rosalía de Castro. Ás 19.30 horas, diante do monumento de Rosalía no Paseo da Ribeira terá lugar unha  lectura pública, intervención de autoridades e ofrenda floral. Intervención musical a cargo de Sabela Galbán, Oli Xiraldez, Gustavo Couto e Alberto Pires interpretando a "Alborada de Rosalía" Ás 20.30 horas, no Salón de...

O sábado 4 de marzo, en Taragoña, Bituin The Tris Live! organizado pola Asociación Festival Antrospinos. Enfúndate na pel do teu artista favorito e participa. Inscrición ata o 3 de marzo ás 19.00 horas.

O sábado, 4 de marzo, en Taragoña 

O colectivo Ondiñas Mainas organiza o venres 17 de febreiro, de 18.00 a 19.30 horas, un obradoiro de difraces e caretas con bolsas e cartón.

Domingo 19 de febreiro, ás 19.00 horas, no Auditorio de Rianxo, a compañía teatral Voadora voltan a Shakespeare para abordar unha das comedias capitais da literatura dramática: “Soño dunha noite de verán”. A obra está recomendada para maiores de 16 anos. A entrada de balde ata completar aforo. Retirada de convites unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa) Sitio web Voadora ...

Programación do Entroido 2017 no Concello de Rianxo, organizado pola Concellaría de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización e entidades asociaciativas. Participade no entroido rianxeiro, animádevos e difrazádevos !!!!