Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

A historia do Teatro Airiños remóntase a 1933, cando un grupo de veciños e veciñas de Asados (Rianxo) decidiu crear unha agrupación teatral. A iniciativa contou coa axuda do Partido Galeguista e, dende entón, non deixou de funcionar. En 2023, o Teatro Airiños cumprirá 90 anos e a agrupación pode presumir de ser o grupo de teatro amador máis antigo de Galicia. Para conmemorar esta efeméride,...

Obradoiros de verán de baile. DÍA: martes 18 de xullo e 01 de agosto HORA: de 21.00 a 22.30 horas. LUGAR: Cuartel Vello.  

Por mor das condicións meteorolóxicas adversas para o venres 28 de xullo o Festival da lúa cambia de datas para o SÁBADO 29 E DOMINGO 30 DE XULLO.​​​​​​​​​​​​​ DÍA: sábado 29 e domingo 30 de xullo HORA: a partir das 22.00 horas LUGAR: espazos e edificios de Rianxo Descarga do folleto informativo. ...

XV Edición do Festival Antrospinos. DÍA: sábado 28 e domingo 29 de xullo LUGAR: Campo Maneiro (Taragoña) Máis información no instagram da entidade.

Presentacións en Rianxo no marco da Feria do Libro, organizadas polo Concello de Rianxo no Salón de Plenos do Concello.

Festas de Taragoña, do xoves 20 ao domingo 23 de xullo. Máis información no facebook da entidade.  

Sorpresa tras sorpresa, ilusións ópticas e maxia a cargo do Mago Romarís na Feira do Libro de Rianxo. DÍA: luns 24 de xullo HORA: de 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 20.30 horas LUGAR: Praza de Castelao (Rianxo) Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Información do espectáculo

Circo e clown, Mere-cidamente a cargo de MeReClown; no marco da Feira do Libro de Rianxo 2023. DÍA: domingo 23 de xullo HORA: 21.30 horas LUGAR: Praza de Castelao (Rianxo) Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da programación de Cultura no Camiño 2023 da Xunta de Galicia. Información do espectáculo.

Espectáculo con títeres: The Show Moscón a cargo de Galitoon; no marco da Feira do Libro de Rianxo 2023. DÍA: sábado 22 de xullo HORA: 21.30 horas LUGAR: Praza de Castelao (Rianxo) Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da programación de Cultura no Camiño 2023 da Xunta de Galicia. Información do espectáculo.

XVIII Ciclo de Bandas no Verán Cultural do Concello de Rianxo, Organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. ​​​​​​DOMINGO 23 DE XULLO - 21.00 HORAS - PRAZA DE RAFAEL DIESTE (RIANXO)​​​​​​​ Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia ​​​​​​SÁBADO 12 DE AGOSTO - 22.00 HORAS - PRAZA DE CASTELAO (RIANXO)​​​​​​​ Banda da Escola de Música...

XVIII Ciclo de Bandas no Verán Cultural do Concello de Rianxo, Organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. ​​​​​​​​​​​SÁBADO 22 DE XULLO - 21.00 HORAS - PRAZA DE RAFAEL DIESTE (RIANXO)​​​​​​​ Agrupación Musical do Rosal ​​​​​​DOMINGO 23 DE XULLO - 21.00 HORAS - PRAZA DE RAFAEL DIESTE (RIANXO)​​​​​​​ Agrupación Músico-Cultural...

O Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, festival de Títeres tradicionais celebraráse en Rianxo entre os días 24 e 30 de xullo.  Organizado pola asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, conta cunha ampla programación que inclúe: Compañías de Galicia, Euskadi, Cataluña, Aragón, Portugal ou Brasil pasarán polo noso...

Feira do libro no Concello de Rianxo Descarga o programa de actividades neste enlace DÍAS: do sábado 22 ao martes 25 de xullo HORA: de 12.00 a 14.00 e de 18.30 a 22.30 horas (fin de semana e festivo peche ás 14.30 H) LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo) Máis información no facebook Feiras do libro de Galicia.

Concerto: Treixadura ao vivo, xira de presentación do novo disco camiño longo. DÍA: domingo 16 de xullo HORA: 22.30 horas LUGAR: Praza de Castelao (Rianxo) Organizado polo Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Festas na honra da Virxe do Carme de Rianxo, do xoves 13 ao domingo 16 de xullo. ​​​​​​Máis información no facebook da entidade

Podes consultar o folleto con toda a programación pinchando aquí.

A festa foi aprazada por mor das condicións meteorolóxicas adversas previstas para este día.   Festa da praia, temática ibicenca organizada polas Juadalupeñas coa colaboración do Concello de Rianxo DÍA: sábado 08 de xullo HORA: a partir das 15.00 horas LUGAR: Praia de Tanxil (Rianxo) Máis información no facebook da entidade

XVIII Ciclo de Bandas no Verán Cultural do Concello de Rianxo, Organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. ​​​​​Banda da Escola de Música de Rianxo, concerto música de videoxogos no marco do Rianxo Gaming Experience. DÍA: sábado 08 de xullo HORA: 22.30 horas LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo) Máis información no facebook da...

XVIII Ciclo de Bandas no Verán Cultural do Concello de Rianxo, Organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. ​​​​​​SÁBADO 08 DE XULLO - 22.30 HORAS - CAMPO DE ARRIBA (RIANXO) Banda da Escola de Música de Rianxo, concerto música de videoxogos no marco do Rianxo Gaming Experience. ​​​​​​SÁBADO 22 DE XULLO - 21.00 HORAS - PRAZA DE...

Casal e Aldara en concerto, organizado organizado polo Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro coa colaboración do Concello de Rianxo. DÍA: venres 07 de xullo HORA: 22.00 horas LUGAR: Centro Cultural Vicente Vidal (Leiro) Máis información no facebook da entidade

XIX Festival de música e baile tradicional Fogo Fatuo, Organizado pola Asociación Fogo Fatuo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. DÍA: domingo 09 de xullo HORA: 20.30 horas LUGAR: Praza de Rafael Dieste (Rianxo) Máis información no facebook da entidade

Do 07 ao 21 de xullo pode visitarase no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo unha exposición de gravado, na que se poden ver unha escolma de traballos realizados polo alumnado e profesor da Aula de Sociocultural de iniciación ao gravado: linogravado e punta seca. Este obradoiro foi organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración da Fundación-Museo do gravado á estampa de Artes durante...

Non te perdas a programación do Verán Cultural Rianxo 2023, mes de xullo, organizado pola Área de Cultura do Concello de Rianxo.  

O xoves 29 de xuño, na Capela de San Xosé da Floresta (Rianxiño), Conmemoración da chegada da Virxe da Guadalupe a Rianxiño no día de San Pedro do 1773. A partir das 19.30 horas. Máis información no facebook da entidade.

Festival de Verán da Escola de Música de Rianxo DÍAS: SESIÓN 1: venres 30 de xuño - 20:00 horas SESIÓN 2: sábado 01 de xullo - 11:30 horas LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo) Máis información no facebook da entidade

Do 30 de xuño ao 2 de xullo decorrerá o XIX Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo. Un evento que cumpre as dezanove edicións ininterrompidas desde 2004 organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo onde teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea na práctica instrumental da zanfona nas últimas dúas décadas. Zona da Zanfona é o festival da manivela...

O sábado 01 de xullo, en Vilas (Asados), celebración do San Pedro, organizada pola Comisión de Festas do San Pedro de Vilas coa colaboración do Concello de Rianxo. Máis información no facebook da entidade.

No Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, organizan o venres 23 de xuño, unha festa para conmemorar a Noite de San Xoán, con sardiñada, parrillada, viño e queimada.  

O sábado 24 de xuño, celébrase en Buía en Araño, a Festa de San Xoan da Ermida, organizada pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. Máis información no facebook da entidade.

 COMUNICACIÓN DE GUERRILLA ​​​​​​​Queres formar parte dunha acción de rúa que provoque a reflexión en torno ao dereito á auga? People & Planet: Un destino común O proxecto ‘People & Planet: un destino común’ ten como obxectivo concienciar ás mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun...

A carón do mar, saca o teu labor á rúa, xuntos e xuntas bordaremos e teceremos organizado por Ondiñas Mainas coa colaboración do Concello de Rianxo. Será no sábado, 17 de xuño, de 18 a 21 horas, no Paseo Marítimo de Rianxo, diante do Liceo. Máis información no facebook da asociación

A Escola de Música de Rianxo ten o pracer de presentar o Recital da Aula de Piano do curso 2022-2023, protagonizado polo alumnado dos profesores Alfredo Susavila e Tano Domínguez. O evento terá lugar no domingo 18 de xuño ás 12.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Durante o recital, os estudantes demostrarán o seu virtuosismo e interpretarán un variado repertorio que abarca...

ADIADA AO 16 DE XUÑO Festa solidaria: Venres 16 de xuño, de 16.30 a 19.30 na Praza da Virxe de Guadalupe. Todas as actividades e ingresos irán destinados integramente á Asociación Galega Fibrose Quística. Haberá unha gran variedade de actividades, dende unha a emocionante festa en pó Holi ata inchables, música, globoflexia, pintacaras, xogos xigantes e pintura. A entrada para participar...

Presentación do libro "Sombras á deriva" do alumnado do Obradoiro de Escrita Creativa 2022 Acontecerá o venres 09 de xuño ás 20.30 horas no salón de actos do auditorio de Rianxo a presentación do libro "Sombras á deriva", escrito polo alumnado do Obradoiro de Escrita Creativa 2022, impartido e coordinado por Antón Riveiro Coello. Neste evento, teremos a oportunidade de coñecer ao alumnado que...

Rianxo está a piques de vivir un día cheo de tradición e música coa celebración dun serán organizado pola Asociación Vai de Roda. O evento terá lugar o vindeiro 10 de xuño, no  Campo de Arriba de Rianxo, e está previsto comezar ás 18.00 horas cun seranciño para as crianzas máis pequechas e a partir das 21.00 horas o Serán. O serán, unha tradición moi arraigada na cultura galega, contará...

O próximo sábado, 10 de xuño, ás 20.30 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo encherase de poesía e música co concerto homenaxe a dous grandes referentes da literatura e da cultura española e galega: Federico García Lorca e Manuel Antonio. O concerto contará coa actuación de Manuel Tubío, encargado da composición, guitarra e voz, e Carme Tubío, que o acompañará ao violonchelo. Tamén...

PROGRAMA COÑECE GALICIA, minicampamentos para nenos/as de 10 a 14 anos Trátase dunha iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza...

​​​​​​​A compañía teatral A Panadaría está a piques de pechar a súa xira co espectáculo "Elisa e Marcela" e fai unha parada en Rianxo. O evento terá lugar no sábado 17 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A función está recomendada para maiores de 12 anos. As entradas serán de balde ata completar a capacidade da sala. A recollida das entradas poderá facerse...

Do 1 ao 22 de xuño pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo unha exposición realizada polo CEIP ADR Castelao de Rianxo na que se mostra o traballo do alumnado e profesorado do centro durante estes tres últimos anos dentro do programa Educación Responsable da Fundación Botín co que colabora a Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Educación Responsable, é:...

O vindeiro venres 02 de xuño, ás 19.00 h, presentarase na Área Recreativa do Paseo Marítimo de Rianxo (a carón do Castelo) o libro O Castelo da lúa. Construción e propiedade ao longo dos tempos, libro editado polo  Concello de Rianxo e  autoría de  Heitor Picallo Fontes e Alexandra Cabana Outeiro. No acto estarán acompañados polo alcalde Adolfo Muíños.

Un ano máis, chega a Mostra da Escola de Teatro Airiños 2023 será o sábado 03 de xuño ás 20.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Consistirá na representación de dúas pezas teatrais: En primeiro lugar, as talentosas Teatrinclis de Airiños, con Irea, Julia, Kyara e Cloe á fronte, nos deleitarán con "Uns contos contiños", unha colección de contos cativadores que nos transportarán...

O vindeiro sábado, 20 de maio, a partir das 10.30 horas, terá lugar na Filgueira en Taragoña a celebración da II Romaría das Fousas. Este evento é organizado pola CMVMC O Feitoso de Taragoña e o Movemento Veciñal Fousas ao Monte, coa  colaboración do Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade. Máis información no facebook de Fousas ao Monte.

A Asociación Antrospinos, con motivo da conmemoración das Letras Galegas, organiza coa colaboración do Concello de Rianxo a Festa de 1906 no Campo de Pasos (Taragoña) o día 17 de maio. O programa é o seguinte: Pasabares ás 11:30 con Buxaina. Actuación ás 13:30 a cargo de Pulpiño Viascón. A partir das 18:00 horas, teremos as seguintes actuacións: Estróupele, Nunca é tarde, Fogo Fatuo e Lusco...

FESTIVAL NOITES DE JAZZ DE RIANXO 2023 Accións formativas, Curso de Big Band Sede da Escola de Música de Rianxo, Martes e xoves de xullo, de 10:00 a 14:00 Por segundo ano consecutivo unha das accións formativas do Festival centrarase na Big Band, seguindo o ronsel do bo resultado e acollida que tirou a primeira convocatoria. Caracterizada como a formación insignia da música...

O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza unha serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas. A celebración terá lugar o mércores 17 de maio e incluirá rutas pola zona, un xantar popular, xogos populares e unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego; para todas estas propostas conta coa colaboración do Concello de Rianxo. Esta iniciativa ten como obxectivo promover...

O vindeiro 19 de maio o pianista rianxeiro ofrecerá un concerto de piano e música electrónica "Brutaal". O concerto será as 21.00 h na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Entrada libre ata completar aforo. Iago Hermo Compositor, pianista e director. Un artista profundamente interesado na fusión de estilos, habilidades e cultura. Centrado principalmente na composición e interpretación...

​​​​​​​O vindeiro venres 5 de maio ás 21:00 horas, terá lugar un concerto de Ivan Vilela e Pablo Castaño na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Estes dous talentosos artistas presentarán o seu novo traballo "Mat[r]iz". A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala, polo que recomendamos chegar cedo para asegurar o teu lugar. Esta é unha oportunidade única para escoitar a mestura...

A Agrupación Teatral Criaturas presentará "A Geisha", unha obra de teatro que promete transportar ao público a un mundo de intriga, amor e traizón. A representación terá lugar o sábado 06 de maio ás 20:30 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada para o espectáculo terá un custo simbólico de 2 euros, que se poderán retirar na billeteira do auditorio dende unha hora antes do...

TR3S PRA 3, o Festival Infantil de música e baile tradicional, terá lugar no próximo sábado, 20 de maio, ás 6 da tarde, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O evento é organizado pola asociación Vai de Roda, en colaboración co Concello de Rianxo. Nesta edición, contarase coa participación dos amigos de Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e O Fiadeiro de Vigo, que compartirán...

A Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda, en colaboración co Concello de Rianxo, desenvolverá o  "Vai de Bares" que terá lugar o vindeiro sábado, día 13 de maio. O evento comezará ás 19h30 cunha rota polos bares do pobo, onde se poderá gozar da música tradicional en directo. O evento culminará cunha foliada aberta na Praza de Rafael Dieste, onde os músicos locais e...

Horario da Biblioteca do 02 ao 12 de maio

O vindeiro xoves 04 de maio, ás 20.00h, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro A Petición de Auli do escritor rianxeiro Ramón Torrado Romero. Na presentación o autor estará acompañado de Adolfo Muíños, alcalde co Concello de Rianxo, Ignación Castro, filósofo e de Edurne Baines, editora de Editorial Belagua. A Petición de Auli Non é fácil para os...

O vindeiro 28 e 29 de abril terá lugar en Rianxo un festival de música clásica na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, que promete ser todo un éxito. O programa contará con dous días de concertos de alta calidade, con recoñecidos músicos do panorama galego e internacional. O venres 28 de abril teremos o pracer de gozar dun recital de piano a cargo de Adrien Gey-Galera, quen nos brindará...

O IX Encontro veciñal para cantar Grândola e conmemorar a revolución dos cravos, que terá lugar en Rianxo o próximo día 25 de abril, está a ser organizado por Barahúnda e Orjais coa colaboración do Concello de Rianxo. O evento será realizado no Cuartel vello de Rianxo, ás 20h30, e será aberto a todas as persoas interesadas en participar, sen necesidade de inscrición previa.

A Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto con motivo do primeiro de maio, enmarcado nos actos conmemorativos do XX aniversario da súa fundación. O concerto terá lugar o luns 01 de maio ás 12:30 horas no Campo de Arriba de Rianxo. O evento contará coa presenza de músicos de todas as idades, que interpretarán diversas pezas musicais para celebrar este día tan especial. O...

O Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño organiza a exposición Galicia, conservando a natureza, cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta exposición pretende divulgar a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos de Galicia. O 12 % do territorio galego atópase amparado por figuras de protección como son os parques...

20/04/2023: dende a organización das Veladas de Primavera comunícannos: - A función prevista para o domingo 23 de abril, APRÁZASE ata novo aviso. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------   Do domingo 9 ao 23 de abril, terán lugar as Veladas de Primavera nas Escolas Vellas da Atalaia en Asados, organizadas polo grupo de...

Concerto De não saber o que me espera de Nacho · Faia · Lar no Auditorio de Rianxo Este sábado, 22 de abril, ás 20h30, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Concerto De não saber o que me espera de Nacho · Faia · Lar. Tres referentes da música galega, Faia Díaz, Nacho Muñoz e Lar Legido, presentarán un repertorio do artista portugués Zeca Afonso, nunha actuación que...

A Asociación Escola de Música de Rianxo organiza a exposición "20 anos de Música", enmarcada nos actos conmemorativos do XX aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. A mostra terá lugar na sala de exposicións do auditorio de Rianxo, do 21 de abril ao 19 de maio. A apertura da exposición será o venres 21 de abril ás 20.30 horas. A organización do evento conta coa colaboración do...

Se ten interese en ampliar o seu coñecemento e a súa experiencia en Rianxo, temos novidades para vostede. A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Rianxo, lanzou un proxecto de democratización do coñecemento a través do programa universitario de maiores, IV Ciclo chamado Camiños de Coñecemento e experiencia. Este programa está dirixido a persoas maiores de 50...

O Patrocinio en Rianxiño: Xogos e Serán con Papas de arroz e Chocolate quente de balde e Sorteos. A Asociación Fogo Fatuo de Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e a veciñanza de Rianxiño, organiza unha fin de semana de festa en Rianxiño, onde poderás desfrutar de xogos para todas as idades, papas de arroz e chocolate quente de balde e sorteos. O sábado 29 a...

O espectáculo Crisálida, pertencente á compañía Caramuxo Teatro, presenta a súa última obra no Auditorio de Rianxo. O espectáculo terá lugar o sábado 15 de abril ás 19.00 horas na Sala Arcos Moldes, e é promovido pola Deputación da Coruña como parte das actividades previstas pola Área de Cultura en conmemoración do Día Mundial do Teatro 2023. A obra está especialmente recomendada para o...

A coloquio-presentación da publicación "Marea Morta" de Ana Lojo Chan. O evento terá lugar o venres 14 de abril no salón de actos do Auditorio de Rianxo, ás 20:30 horas. No acto, ademais da propia autora, teremos a presenza de Mariano Muñiz e do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Será unha oportunidade única para coñecer de primeira man os segredos e as anécdotas que se agochan detrás desta...

A Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza organizou unha serie de actos para conmemorar o Día da República en Rianxo, que terán lugar o sábado 15 de abril ás 20.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O evento contará coa presentación de "A represión no Barbanza (1936-1958)", unha publicación escrita por Xoán Fernández Callón, que aborda a represión sufrida...

A compañía Al Grano presenta o seu último espectáculo, Kaldi, o mércores 05 de abril ás 19.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Promete ser unha experiencia única e emocionante para todos os amantes do café, a través dun espectáculo de acrobacias aéreas, música en vivo e efectos visuais impresionantes, os espectadores serán transportados a un mundo cheo de maxia e aventura. A...

Programa de actos organizado pola Irmandade Paixón de Cristo de Rianxo

O vindeiro sábado 01 de abril, ás 12.00 h, celebrarase no Auditorio de Rianxo o Acto solemne e público de nomeamento de Fillo Predilecto de Rianxo a D. Santiago Agrelo Martínez, Arcebispo Emérito de Tánxer. Intervirá Adolfo Muíños Sánchez (alcalde do Concello de Rianxo), Xosé Luís Axeitos Agrelo (académico da RAG, profesor e investigador) e o propio homenaxeado. Apertura e peche musical a...

O Concello de Rianxo prepárase para celebrar a Festa da Chuvia o próximo sábado 01 de abril baixo o nome de CH 2023 Nunca choveu que non escampara. O evento contará con ampla variedade de actividades e actuacións tanto durante o día como pola noite. Ao mediodía, os asistentes poderán gozar das actuacións dos Monifates e de Latexo Percursión. Pola noite, no escenario serán os protagonistas cos...

O domingo 26 de marzo, ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro Airiños presenta República Sideral na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Baixo a dirección de Amantia Coello e cun texto de Esther F. Carrodeguas que resultou gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). A función é benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega...

O vindeiro 24 e 25 de marzo celebrarase no Auditorio de Rianxo unha serie de actividades audiovisuais arredor da figura do poeta rianxeiro Manuel Antonio. Venres 24, 20.30 h: exhibición do documental “O APARECIDO”, documental de J.A. Jiménez e F. Naveira, seguido dun coloquio. "O aparecido" ten como base a curtametraxe de ficción realizada no ano 1981 sobre a figura do poeta Manuel Antonio. ...

Ben Vennas Maio, un espectáculo de Pablo Sanmamed, Elena Tarrats, Begoña Olavide, Iago Mourinho e Chus Pazos para conmemorar o día europeo da música antiga. O concerto terá lugar o vindeiro martes 21 de marzo, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo. A...

O vindeiro venres 17 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida (elaborado durante o confinamento) do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. No acto interverán Ricardo PerezVerdes do Museo Etnolúdico de Galicia, Xosé Manuel Barreiro Insua de Brinquedia, a investigadora rianxeira...

O vindeiro sábado 18 de marzo, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a nova produción do grupo de teatro Chévere, N.E.V.E.R.M.O.R.E. Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional, co apoio da Agadic-Xunta de Galicia e a colaboración do Auditorio de Galicia/Concello de Santiago de Compostela.​​​​​​​ ​​​​​​​A función será ás 20.30 horas. Público recomendado: maiores de...

O venres 31 de marzo, ás 20.30 horas, a compañía Sarabela teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción Arraianos. Unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Un microcosmos rural de...

A Mancomunidade Barbanza Arousa coordina, cos concellos que a conforman, o Campus Itinerante IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela; dirixido a persoas maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior. Trátase dun programa de envellecemento activo posto en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela co financiamento da Dirección Xeral de Maiores e Servizos...