Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
O vindeiro sábado, 20 de maio, a partir das 10.30 horas, terá lugar na Filgueira en Taragoña a celebración da II Romaría das Fousas. Este evento é organizado pola CMVMC O Feitoso de Taragoña e o Movemento Veciñal Fousas ao Monte, coa colaboración do Concello de Rianxo e o CEP Brea Segade. Máis información no facebook de Fousas ao Monte.
A Asociación Antrospinos, con motivo da conmemoración das Letras Galegas, organiza coa colaboración do Concello de Rianxo a Festa de 1906 no Campo de Pasos (Taragoña) o día 17 de maio. O programa é o seguinte: Pasabares ás 11:30 con Buxaina. Actuación ás 13:30 a cargo de Pulpiño Viascón. A partir das 18:00 horas, teremos as seguintes actuacións: Estróupele, Nunca é tarde, Fogo Fatuo e Lusco...
FESTIVAL NOITES DE JAZZ DE RIANXO 2023 Accións formativas, Curso de Big Band Sede da Escola de Música de Rianxo, Martes e xoves de xullo, de 10:00 a 14:00 Por segundo ano consecutivo unha das accións formativas do Festival centrarase na Big Band, seguindo o ronsel do bo resultado e acollida que tirou a primeira convocatoria. Caracterizada como a formación insignia da música...
O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza unha serie de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas. A celebración terá lugar o mércores 17 de maio e incluirá rutas pola zona, un xantar popular, xogos populares e unha pequena homenaxe a Francisco Fernández del Riego; para todas estas propostas conta coa colaboración do Concello de Rianxo. Esta iniciativa ten como obxectivo promover...
O vindeiro 19 de maio o pianista rianxeiro ofrecerá un concerto de piano e música electrónica "Brutaal". O concerto será as 21.00 h na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Entrada libre ata completar aforo. Iago Hermo Compositor, pianista e director. Un artista profundamente interesado na fusión de estilos, habilidades e cultura. Centrado principalmente na composición e interpretación...
O vindeiro venres 5 de maio ás 21:00 horas, terá lugar un concerto de Ivan Vilela e Pablo Castaño na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Estes dous talentosos artistas presentarán o seu novo traballo "Mat[r]iz". A entrada é de balde ata completar a capacidade da sala, polo que recomendamos chegar cedo para asegurar o teu lugar. Esta é unha oportunidade única para escoitar a mestura...
A Agrupación Teatral Criaturas presentará "A Geisha", unha obra de teatro que promete transportar ao público a un mundo de intriga, amor e traizón. A representación terá lugar o sábado 06 de maio ás 20:30 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada para o espectáculo terá un custo simbólico de 2 euros, que se poderán retirar na billeteira do auditorio dende unha hora antes do...
TR3S PRA 3, o Festival Infantil de música e baile tradicional, terá lugar no próximo sábado, 20 de maio, ás 6 da tarde, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O evento é organizado pola asociación Vai de Roda, en colaboración co Concello de Rianxo. Nesta edición, contarase coa participación dos amigos de Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e O Fiadeiro de Vigo, que compartirán...
A Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda, en colaboración co Concello de Rianxo, desenvolverá o "Vai de Bares" que terá lugar o vindeiro sábado, día 13 de maio. O evento comezará ás 19h30 cunha rota polos bares do pobo, onde se poderá gozar da música tradicional en directo. O evento culminará cunha foliada aberta na Praza de Rafael Dieste, onde os músicos locais e...
O vindeiro xoves 04 de maio, ás 20.00h, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro A Petición de Auli do escritor rianxeiro Ramón Torrado Romero. Na presentación o autor estará acompañado de Adolfo Muíños, alcalde co Concello de Rianxo, Ignación Castro, filósofo e de Edurne Baines, editora de Editorial Belagua. A Petición de Auli Non é fácil para os...
O vindeiro 28 e 29 de abril terá lugar en Rianxo un festival de música clásica na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, que promete ser todo un éxito. O programa contará con dous días de concertos de alta calidade, con recoñecidos músicos do panorama galego e internacional. O venres 28 de abril teremos o pracer de gozar dun recital de piano a cargo de Adrien Gey-Galera, quen nos brindará...
O IX Encontro veciñal para cantar Grândola e conmemorar a revolución dos cravos, que terá lugar en Rianxo o próximo día 25 de abril, está a ser organizado por Barahúnda e Orjais coa colaboración do Concello de Rianxo. O evento será realizado no Cuartel vello de Rianxo, ás 20h30, e será aberto a todas as persoas interesadas en participar, sen necesidade de inscrición previa.
A Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto con motivo do primeiro de maio, enmarcado nos actos conmemorativos do XX aniversario da súa fundación. O concerto terá lugar o luns 01 de maio ás 12:30 horas no Campo de Arriba de Rianxo. O evento contará coa presenza de músicos de todas as idades, que interpretarán diversas pezas musicais para celebrar este día tan especial. O...
O Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño organiza a exposición Galicia, conservando a natureza, cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta exposición pretende divulgar a diversidade e singularidade dos espazos naturais protexidos de Galicia. O 12 % do territorio galego atópase amparado por figuras de protección como son os parques...
20/04/2023: dende a organización das Veladas de Primavera comunícannos: - A función prevista para o domingo 23 de abril, APRÁZASE ata novo aviso. ------------------------------------------------------------------------------------------------------------ Do domingo 9 ao 23 de abril, terán lugar as Veladas de Primavera nas Escolas Vellas da Atalaia en Asados, organizadas polo grupo de...
Concerto De não saber o que me espera de Nacho · Faia · Lar no Auditorio de Rianxo Este sábado, 22 de abril, ás 20h30, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Concerto De não saber o que me espera de Nacho · Faia · Lar. Tres referentes da música galega, Faia Díaz, Nacho Muñoz e Lar Legido, presentarán un repertorio do artista portugués Zeca Afonso, nunha actuación que...
A Asociación Escola de Música de Rianxo organiza a exposición "20 anos de Música", enmarcada nos actos conmemorativos do XX aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo. A mostra terá lugar na sala de exposicións do auditorio de Rianxo, do 21 de abril ao 19 de maio. A apertura da exposición será o venres 21 de abril ás 20.30 horas. A organización do evento conta coa colaboración do...
Se ten interese en ampliar o seu coñecemento e a súa experiencia en Rianxo, temos novidades para vostede. A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Concello de Rianxo, lanzou un proxecto de democratización do coñecemento a través do programa universitario de maiores, IV Ciclo chamado Camiños de Coñecemento e experiencia. Este programa está dirixido a persoas maiores de 50...
O Patrocinio en Rianxiño: Xogos e Serán con Papas de arroz e Chocolate quente de balde e Sorteos. A Asociación Fogo Fatuo de Rianxo, coa colaboración do Concello de Rianxo, a Deputación da Coruña e a veciñanza de Rianxiño, organiza unha fin de semana de festa en Rianxiño, onde poderás desfrutar de xogos para todas as idades, papas de arroz e chocolate quente de balde e sorteos. O sábado 29 a...
O espectáculo Crisálida, pertencente á compañía Caramuxo Teatro, presenta a súa última obra no Auditorio de Rianxo. O espectáculo terá lugar o sábado 15 de abril ás 19.00 horas na Sala Arcos Moldes, e é promovido pola Deputación da Coruña como parte das actividades previstas pola Área de Cultura en conmemoración do Día Mundial do Teatro 2023. A obra está especialmente recomendada para o...
A coloquio-presentación da publicación "Marea Morta" de Ana Lojo Chan. O evento terá lugar o venres 14 de abril no salón de actos do Auditorio de Rianxo, ás 20:30 horas. No acto, ademais da propia autora, teremos a presenza de Mariano Muñiz e do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Será unha oportunidade única para coñecer de primeira man os segredos e as anécdotas que se agochan detrás desta...
A Comisión pola recuperación da Memoria Histórica da Barbanza organizou unha serie de actos para conmemorar o Día da República en Rianxo, que terán lugar o sábado 15 de abril ás 20.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O evento contará coa presentación de "A represión no Barbanza (1936-1958)", unha publicación escrita por Xoán Fernández Callón, que aborda a represión sufrida...
A compañía Al Grano presenta o seu último espectáculo, Kaldi, o mércores 05 de abril ás 19.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Promete ser unha experiencia única e emocionante para todos os amantes do café, a través dun espectáculo de acrobacias aéreas, música en vivo e efectos visuais impresionantes, os espectadores serán transportados a un mundo cheo de maxia e aventura. A...
O vindeiro sábado 01 de abril, ás 12.00 h, celebrarase no Auditorio de Rianxo o Acto solemne e público de nomeamento de Fillo Predilecto de Rianxo a D. Santiago Agrelo Martínez, Arcebispo Emérito de Tánxer. Intervirá Adolfo Muíños Sánchez (alcalde do Concello de Rianxo), Xosé Luís Axeitos Agrelo (académico da RAG, profesor e investigador) e o propio homenaxeado. Apertura e peche musical a...
O Concello de Rianxo prepárase para celebrar a Festa da Chuvia o próximo sábado 01 de abril baixo o nome de CH 2023 Nunca choveu que non escampara. O evento contará con ampla variedade de actividades e actuacións tanto durante o día como pola noite. Ao mediodía, os asistentes poderán gozar das actuacións dos Monifates e de Latexo Percursión. Pola noite, no escenario serán os protagonistas cos...
O domingo 26 de marzo, ás 19.00 horas, o Grupo de Teatro Airiños presenta República Sideral na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Baixo a dirección de Amantia Coello e cun texto de Esther F. Carrodeguas que resultou gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). A función é benéfica en apoio a ONG Solidariedade Galega...
O vindeiro 24 e 25 de marzo celebrarase no Auditorio de Rianxo unha serie de actividades audiovisuais arredor da figura do poeta rianxeiro Manuel Antonio. Venres 24, 20.30 h: exhibición do documental “O APARECIDO”, documental de J.A. Jiménez e F. Naveira, seguido dun coloquio. "O aparecido" ten como base a curtametraxe de ficción realizada no ano 1981 sobre a figura do poeta Manuel Antonio. ...
Ben Vennas Maio, un espectáculo de Pablo Sanmamed, Elena Tarrats, Begoña Olavide, Iago Mourinho e Chus Pazos para conmemorar o día europeo da música antiga. O concerto terá lugar o vindeiro martes 21 de marzo, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo do espectáculo. A...
O vindeiro venres 17 de marzo, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida (elaborado durante o confinamento) do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego. No acto interverán Ricardo PerezVerdes do Museo Etnolúdico de Galicia, Xosé Manuel Barreiro Insua de Brinquedia, a investigadora rianxeira...
O vindeiro sábado 18 de marzo, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá a nova produción do grupo de teatro Chévere, N.E.V.E.R.M.O.R.E. Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional, co apoio da Agadic-Xunta de Galicia e a colaboración do Auditorio de Galicia/Concello de Santiago de Compostela. A función será ás 20.30 horas. Público recomendado: maiores de...
O venres 31 de marzo, ás 20.30 horas, a compañía Sarabela teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción Arraianos. Unha das obras fundamentais da literatura galega, unha suma de relatos que estremecen e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan deambular por mundos nos que transitan o erotismo, o misterio, a miseria e a grandeza de alma e de vida. Un microcosmos rural de...
A Mancomunidade Barbanza Arousa coordina, cos concellos que a conforman, o Campus Itinerante IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela; dirixido a persoas maiores de 50 anos e profesionais de atención ao maior. Trátase dun programa de envellecemento activo posto en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela co financiamento da Dirección Xeral de Maiores e Servizos...
AULA DE ARTESANÍAS CREATIVAS: CREAR COAS MANS 10:45 horas 08/03/2023. PRAZAS CUBERTAS na AULA DE ARTESANÍAS CREATIVAS: CREAR COAS MANS Todas as inscricións recibidas ata agora están ADMITIDAS. As novas inscricións formarán parte dunha LISTAXE DE AGARDA, que se cubrirá coas posibles baixas das persoas admitidas. Formar parte desta listaxe non garante que sexas admitido/a na aula ...
O vindeiro venres 10 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo (primeiro andar) terá lugar a presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas de Anxos Castro Parada e editado por "Diverdidad Literaria". No acto, acompañarán á escritora Nati Abuín (do grupo de pandeiretas Lumieira), Xulio Gutiérrez (escritor) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo). ...
O vindeiro sábado 11 de marzo, ás 19.30 horas terá lugar a presentación do libro de poemas Atlántico Norte, chamádeme Ismael de Xosé Iglesias. A presentación realizarase no Museo do Mar de Rianxo que se localiza na Praza de Castelao. No acto ademais do escritor acompañarao o grupo musical Barahúnda.
Do 02 ao 23 de marzo poderase visitar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición Nocturnidade de Carlos Ocaña Novoa e Raúl Ordóñez Torrado comisionada por Jerry Ruíz Barzola. "Nocturnidade” é unha exposición nacida das casualidades, onde dous artistas, con diferentes maneiras de expresión conversan. En bioloxía, a nocturnidade refírese ao ciclo de comportamento, no que o...
AULA DE TEATRO: A INTERPRETACIÓN Finalidade: o noso obxectivo é adentrarnos na interpretación dramática a través da formación actoral e da creación de personaxes, empregando unha metodoloxía que achegue conceptos teórico-prácticos dende un enfoque eminentemente práctico e proactivo. Traballaremos a expresión e control corporal, o expresión vocal, a respiración, amais de aspectos como a...
AULA DE INTRODUCIÓN Á LECTURA E ESCRITA POÉTICA Finalidade: dende a palabra poética tentaremos achegarnos á expresión e escoita activa, tamén como canle de autocoñecemento, interacción e socialización. Afondaremos no eixo do poema desde a lectura, a análise, a reflexión, o pensamento crítico e a práctica do xénero. Tentaremos expoñer os cimentos fundamentais que erguen a escrita...
AULA DE CANTO: A VOZ, A MÚSICA E A ESCOITA ACTIVA Finalidade: aparte de fomentar o convivio musical entre os participantes, creando un espazo de participación cultural e traballo en equipo, tentaremos aprender aspectos básicos sobre a voz e a música, que incidan nun mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento, así como desenvolver a escoita activa e a interpretación musical en...
Xa está aberto o prazo de inscrición no Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, no período de marzo a xuño do 2023. As aulas que se ofertan neste período son as seguintes: AULA DE TEATRO: A INTERPRETACIÓN Docente: Amantia Coello Rodríguez Número de participantes: 15 máximo, maiores de 18 anos. Total sesións: 14 Día e horas: mércores de 18:00 a 20:00 Lugar: Liceo (baixo) ...
A compañía de danza Marta Alonso Tejada atópase nestas semanas en residencia na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando a súa nova produción Sofá, a versión para espazos interiores. A preestrea terá lugar o sábado 04 de febreiro, ás 20.30 horas. Está destinada a tódolos públicos. Duración: 60 minutos Este espectáculo fala dunha parella e do seu sofá. A parella son Marta e Pablo,...
O vindeiro venres 24 de febreiro, celebrarase en Rianxo o Día de Rosalía de Castro. Ás 18.00 horas, diante da escultura adicada á ilustre galega, que se atopa localizado no Paseo da Ribeira (zona da Praza de Padrón) realizarase un acto na súa lembranza. O acto consistirá nun RECITAL POÉTICO aberto á veciñanza, ás entidades asociativas, alumnado dos centros educativos, alumnado da aula...
O venres 10 de febreiro, ás 20.00 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do núm. 121 da revista A Trabe e Ouro. Este número está centrado na súa maiormente na figura de Manuel Antonio con textos, entre outros, de Xosé Luís Axeitos e Moncho Pena. O acto contará coa participación de Xosé Luís Axeitos e Xosé Luís Méndez Ferrín, académicos e escritores; Fernando...
O sábado 11 de febreiro, ás 19.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación da novela de Mingos Rial "Velas al viento". No acto contarase coa presenza do autor rianxeiro e estarán acompañándoo Ana Rivas, Octavio Romero, María Dolores Rial e Paqui Espiño. "Velas al viento" é unha novela de ficción, ambientada nos anos 1700 ao 1800, con pequenos relatos reais do...
O Concello de Rianxo organiza o certame de carrozas e disfraces en grupo o domingo 19 de febreiro na Praza de Castelao. As inscricións deben formalizarse no impreso normalizado xunto coa documentación necesaria no Rexistro do Concello de Rianxo, ben de xeito presencial ou telemático. A data límite para efectos de inscrición será o xoves 16 de febreiro. En caso de aprazamento, a data límite...
VENRES 27 DE XANEIRO 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro) Presentación da novela Días de Intemperie, de Antón Riveiro Coello Coa participación do propio autor, Xesús Laíño (vogal da A. C. Barbantia), Milagros Torrado (secretaria da A. C. Barbantia), Marcos Calveiro (Director de Edicións de Galaxia) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) Intervención artística a...
O grupo Onte e Hoxe presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o seu traballo A música de onte e hoxe. O concerto terá lugar o sábado 21 de xaneiro ás 20.30 horas. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites dende unha hora antes do concerto (máximo 2 por persoa) Onte e Hoxe é unha agrupación músico-cultural nada no ano 2015, como trío. O pouco tempo...
O venres 20 de xaneiro, ás 20.30 horas, terá lugar no salón de actos do Auditorio de Rianxo a presentación do novo poemario do escritor rianxeiro Diorama de José Carou Rey. Acompañando o escritor, estarán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, o ilustrador Salvador Laíño, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
O sábado 4 de febreiro, o Centro Dramático Galego pon a disposición daquelas persoas interesadas un autobús para facilitar o desprazamento ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para asistir a produción A Contenda do Río Miño. A función é as 20.00 horas e o autobús recollerá as persoas interesadas ás 18.30 horas na dársena de Setefogas. Ten un prezo especial de 3 €, que inclúe a entrada e...
Do 19 ao 28 de xaneiro celebrarase en Rianxo os Actos Castelao cunha variedade de propostas. XOVES 19 DE XANEIRO 20:00, Centro Sociocultural-Auditorio, Sala Arcos Moldes (teatro) Preestrea, A Nai a cargo de AMORODIO TEATRO VENRES 20 DE XANEIRO 20:30, Centro Sociocultural-Auditorio, Salóns de Actos (1º andar) Presentación do poemario Diorama, de José Carou Rey Acompañando o escritor,...
Do 3 de xaneiro ao 1 de febreiro pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición do 16º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña. Nesta convocatoria resultou gañadora a obra Lume de Brais Lorenzo e resultaron finalistas Fuco Reyes, Sergi Cámara, Carlos Ximénez, Belén Lozano e Arturo Rodríguez. Máis información no enlace...
A compañía Amorodio Teatro atópase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo preparando a súa nova produción A Nai dentro do programa de Residencias escénicas do Concello de Rianxo. A preestrea da obra terá lugar o vindeiro xoves 19 de xaneiro ás 20.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Idade recomendada: a partir de 14 anos Duración aprox. 90 min. Entrada...
O xoves 05 de xaneiro as SSMM os Reis Magos visitarán Rianxo, e realizarán a Cabalgata polas parroquias e Recepción das SSMM na Praza Castelao. Os actos e horarios previstos son: 15.00 h Saída dende Bacariza da comitiva dos Reis Magos para percorrer todas as parroquias do Concello 17:30 h Belén Vivinte na Praza Castelao. Ambientación a cargo da Asoc. Cultural Fogo Fatuo 19:00 h Entrada a...
Este venres 30 de decembro, ás 21.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar o Concerto de Ano da Banda da Escola de Música de Rianxo, Concerto solidario a prol da ONG Sogaps - Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A entrada-donativo (3 euros) pode mercarse no Estanco Xacobiño, na Libraría Candido, no Kiosko José Ramón e dende unha hora antes no Auditorio. Para aqueles que...
Este xoves 29 de decembro, ás 19.00 h, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo, celebrarase o Café científico- literario "Tesouro Espeleolóxico Galego", que contará coa presenza de Tereixa Otero e Xavier Groba (Club Espeleolóxico MAÚXO) e coa poeta Alba Cid. O Tesouro Espeleolóxico Galego é unha iniciativa de aCentral Folque subvencionada pola Deputación da Coruña na convocatoria de...
Do 26 ao 30 de decembro na Carpa de Nadal desenvolverase o Nadal Concilia organizada polo Concello de Rianxo. Trátase dunha serie de actividades para as crianzas que consistirá no seguinte: De 16.30 a 19.00 horas, todos días, terán lugar os Obradoiros de Nadal. E ás 19.00 horas realizaranse actuacións para toda a familia, que son as seguintes: Luns 26: Maxia, O Mago Paco Martes 27:...
Presentación do manifesto, Máis alá! de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, Estudo introdutorio de Xosé María Dobarro, Xesús Torres Regueiro e Ernesto Vázquez Souzao; o vindeiro venres 16 de decembro, ás 21.00 horas no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. No acto contarase coa presenza de Xosé Luís Axeitos (Académico da RAG, profesor e investigador), Xosé María Dobarro (profesor, investigador...
O sábado 10 de decembro, ás 19.30 horas, na sala Arcos Moldes celebrarase o XVI Festival de Corais Arousa Norte organizado polo Centro Cultural "Simón Varela" de Asados. Nesta edición acompañarán á Coral Polifónica Abraira de Asados a Coral Polifónica Hermano Gómez de Santiago de Compostela e a Coral Polifónica San Salvador de Camanzo de Vila de Cruces.
O vindeiro venres 09 de decembro, ás 21.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a representación teatral Os nenos da varíola a cargo de Pérez & Fernández. Está recomendada para un público maior de 8 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade, poden retirarse dende unha hora antes na billeteira do auditorio. A proposta forma parte da II edición do ...