Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Venres 29 de xaneiro, ás 19.00 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no marco dos Actos Castelao 2021: Presentación de Aproximacións a Manoel Antonio de Xosé Luis Axeitos, coa participación de María Xesús Blanco, vicepresidenta da A. C. Barbantia, Roberto Abuín, Axóuxere Editora e Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, ademais do autor. Presentación do suplemento no 161 de A Voz de de...

A exposición de gravados Luís Seoane: Homenaxe á Torre de Hércules, poderase visitar dende o 23 de xaneiro ao 06 de febreiro, no Auditorio de Rianxo, no marco dos Actos Castelao 2021. Componse de 49 debuxos de Luís Seoane, e a obra pertence ao Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital (Concello de Ribeira) Páxina do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital

O grupo Ailá actuará o vindeiro 23 de xaneiro,  ás 19.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. No concerto, enmarcado nos Actos Castelao 2021, o grupo Ailá presentará o seu traballo ELO: Un camiño de músicas. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

O Concello de Rianxo organiza os Actos Castelao 2021 en homenaxe ao ilustre rianxeiro. Trátase de diversas propostas culturais dende concertos, presentación de obras, exposicións e ofrenda floral que se desenvolveran ao longo do mes de xaneiro e principios de febreiro. Actos Castelao 2021 SÁBADO 23/01, 19.00 Ailá en concerto. Presentando o traballo ELO. Un camiño de músicas (Rede Cultural da...

As SS. MM. os Reis Magos realizarán unha volta ao Concello de Rianxo; sairán ás 16.30 horas do Seixiñal de Isorna e continuarán por Leiro, Rianxo, Asados, O Araño e Taragoña para rematar, cunha recepción sen público, no Auditorio de Rianxo aproximadamente sobre ás 19.30 h. Tanto o percorrido como a recepción serán retransmitidos en directo na canle de Youtube do Concello de Rianxo. Canle...

Oriente, decembro de 2020 Queridas familias: Poñémonos en contacto con vós para confirmarvos que aínda que a viaxe se nos está complicando por cousa das medidas de prevención e control desta pandemia, o vindeiro martes día 5, estaremos novamente en Rianxo. Estamos ansiosos de volver a Rianxo e, coma sempre, levarvos os agasallos e celebrar con todos e todas vós o Nadal e a chegada do ano...

Desde o 29 de decembro ata o 18 de xaneiro poderase visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición de obras gañadoras e seleccionadas do Certame Isaac Días Pardo de Artes Plásticas da Deputación da Coruña. O horario de apertura é de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.  

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE), coa colaboración do Concello de Rianxo, facilita a posibilidade de que as crianzas de Rianxo poidan falar cos Reis Magos este Nadal desde as súas casas. Para que os Reis Magos poidan chamarte, só deberás rexistrar a túa data e as súas maxestades poranse en contacto por videochamada o día e hora reservado. Podes anotarte aquí: https://nadal2020.es/ ...

Informamos de seguintes cambios de ubicación e horarios na programación do Titiribeira: Festival de Títeres Tradicionais: Espectáculos previstos para o CCD de Taragoña trasládanse á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O Baúl de Barriga Verde, de Títeres Cascanueces, o sábado 26 de decembro, ás 18.00 horas. Teatro á feira, de A cova das letras, domingo 27 ás 12.00 horas.​​​​​​​ ...

O Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo será, este ano 2020, emitido en directo pola canle de Youtube da Escola de Música: https://youtu.be/SqIOqN3xbiA​​​​​​​ ​ Todos os días ás 20.00 h, ata o 6 de xaneiro, estrearase un novo vídeo.

O vindeiro sábado, 2 de xaneiro,  ás 19.00 horas, a compañía Elefante Elegante achégase á sala Arcos Moldes co espectáculo Patapatúm, peza gañadora do Premio María Casares: Mellor Espectáculo Infantil 2019. Duración: 45 minutos Público recomendado: infantil e familiar a partir de 4 anos Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña Entrada de balde, previa...

O vindeiro sábado 26 de decembro, a partir das 17.30 horas, o espectáculo de danza, música e teatro Os Apalpadoriños de Nelson Quinteiro encherá as rúas de Rianxo. Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 metros de alto ós que acompañan "Os Apalpadoriños", elfos rústicos e axudantes destes personaxes que...

O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebrará a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros. Ao longo dos sete días presenciais que durará o festival,...

A Asociación Morreu o Demo, co apoio do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, ofertan este obradoiro de Commedia dell ́Arte, dentro das actividades programadas no Festival especializado en títeres tradicionais, Titiriberia. Impartido por Nando Llera, actor, director e profesor de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática  (ESAD) de Galicia, e presidente da Asociación...

O vindeiro sábado 12 de decembro terá lugar ás 18.00 horas na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a Festa do Nadal organizada pola Asociación Virxe do Carme de Rianxo. Reserva de entradas en reservaentradas@charlatana.org

O sábado 19 de decembro, ás 12.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a gala de entrega dos Premios Barbantia da Cultura do 2020. Durante a gala farase a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2020 e o suplemento 160 A Voz de Barbantia. A reserva de localidades é obrigatoria e farase no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​, do 10 ao 17 de decembro. É necesario...

Do 4 ao 26 de decembro no Auditorio de Rianxo poderá visitarse a exposición Son Agasallo. Artesanía en madeira. O acto de inauguración será o venres 4 ás 12.30 horas.

O sábado 5 de decembro, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar o espectáculo A viaxe de José do Campo, unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleáns interpretado pola Asociación Cultural e Folclórica o Fiadeiro xunto co antigos alumnos e alumnas da ESAD de Galicia. A entrada é con reserva de localidade no correo-e auditorio@concelloderiaxo.gal...

A exposición Kinetiko de "Xirapaus" poderá visitarse os días 22, 23, 26 e 27 de decembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, na Casa de Cultura "Cuartel Vello" Exposición Kinetiko de "Xirapaus" Presentamos unha iniciativa que bebe de dúas fontes artesás para crear unha serie de autómatas pensados para o xogo, para tocar e desfrutar nun contorno interxeracional apostando por...

A Asociación Ondiñas Mainas organiza nos baixos da Biblioteca Municipal unha exposición itinerante sobre o alfombrismo de Galicia. Pode visitarse do 24 de novembro ao 8 de decembro. Máis información na páxina web de Ondiñas Mainas  

O sábado 28 de novembro, ás 19.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, desenvolverase a proposta teatral Nanda na encrucillada, escrita e dirixida por Gustavo Dieste e interpretada por Teatro do Improvisto. Destinada a un público familiar con crianzas de 8 anos en adiante. Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 183...

As varietés do Barriga Verde celebraranse o mércores 30 de decembro, ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes de Rianxo, destinado a público adulto. Este espectáculo celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais.​​​​​​​ Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir...

Fran Rei representará a obra O conto de Barriga Verde o vindeiro martes 29 de decembro no Centro Social da Atalaia de Asados, con dous pases: ás 17.00 e ás 19.00 horas. Está obra está destinada a crianzas maiores de 3 anos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

A compañía Fantoches Baj representará a obra Os romeiros do caracol o vindeiro luns 28 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, ás 18.00 horas. Está obra está destinada a maiores de 5 anos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

INDIGNATI Asociación Galega de Commedia dell'Arte representará a obra Ratas! o vindeiro domingo 27 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, ás 19.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

Atención! Traslado a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no mesmo domingo 27 ás 12.00 horas. A compañía A Cova das letras representará a obra o vindeiro domingo 27 de decembro no CCD de Taragoña, ás 12.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de...

Atención! Traslado a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, no mesmo sábado 26 ás 18.00 horas. A compañía Títeres Cascanueces representará a obra o vindeiro sábado 26 de decembro no CCD de Taragoña, ás 12.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de...

A compañía Títeres Cascanueces representará a obra o vindeiro mércores 23 de decembro no Centro Sociocultural A Capela do Araño, ás 18.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no...

A compañía Viravolta Títeres representará a obra o vindeiro martes 22 de decembro no Centro Sociocultural A Capela do Araño, con dous pases: ás 17.00 e ás 19.00 horas. Está obra está destinada a todos os públicos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais. Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e...

O programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña desenvólvese na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo os vindeiros venres 20 e 27 de novembro, ás 20.00 horas. VENRES 20 DE NOVEMBRO - 20.00 h - "Ola de crímenes" dirixida por Gracia Querejeta Público recomendado: maiores de 16 anos Duración: 1 hora 38 minutos Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal...

O programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña desenvólvese na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo os vindeiros venres 20 e 27 de novembro, ás 20.00 horas. VENRES 20 DE NOVEMBRO - 20.00 h - "Ola de crímenes" dirixida por Gracia Querejeta Público recomendado: maiores de 16 anos Duración: 1 hora 38 minutos Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal...

O vindeiro sábado, 14 de novembro,  ás 19.00 horas, a compañía Elefante Elegante achégase á sala Arcos Moldes co espectáculo Patapatúm, peza gañadora do Premio María Casares: Mellor Espectáculo Infantil 2019. Duración: 45 minutos Público recomendado: infantil e familiar a partir de 4 anos Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña Entrada de balde, previa...

ENTRADAS ESGOTADAS Excéntricas presenta na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o espectáculo Tres vellas (polo menos), con Celso Sanmartín, Quico Cadaval e José Luis Gutierrez (Guti). A función terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 20.00 horas. Está destinada a un público adulto e ten unha duración de 2 horas. A entrada é de balde, previa reserva en...

O vindeiro venres 6 de novembro celebrarase no Auditorio de Rianxo o III Memorial Mireya Dieste, organizado pola Irmandade da Musica Galega e o Concello de Rianxo. Ás 18:00 horas, no Salón de Actos, celebrarase a presentación do traballo doutoral A guitarra na Galiza, de Isabel Rei Samartim, e presentado por Alejo Amoedo. Ás 20:00 horas, na Sala Arcos Moldes, celebrarase o concerto de piano...

Do 30 de outubro ao 28 de novembro pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición de pintura: Reivindicación das mariscadoras de Vilanova de Arousa realizada polo pintor Francisco Pérez Alonso. ​​​​​​​O acto de apertura será o venres 30 de outubro ás 20.00 horas.  

Dende a Asociación C. Alberto Romero informan de que xa están abertas as inscricións para a V edición do certame de curtas Alberto Romero, o prazo remata o 31 de decembro. Toda a información e bases novas na web: www.albertoromero.org

O venres 23 de outubro,  ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, a compañía Ibuprofeno Teatro achégase á nosa vila coa produción: O mel non caduca. A peza teatral ten en escena a Avelino González e a Marián Bañobre, co texto e dirección de Santiago Cortegoso. "O mel non caduca" é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación...

O venres 16 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes terá lugar un concerto a cargo de Manoele de Felisa. A entrada é de balde con reserva previa no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferentemente) ou no teléfono 664 183 217, do 05 ao 14 de outubro, de 09.00 a 13.30 horas, en días laborais. É necesario indicar de todas as persoas para quen se solicita: nome completo,...

A compañía de danza Entremans achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co seu espectáculo Gaia. A función será o vindeiro sábado 17 de outubro ás 19.00 horas. Destinada para un público infantil e familiar, crianzas maiores de 3 anos. Forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde previa reserva de localidade en auditorio@concelloderianxo.gal...

O grupo de teatro Airiños organiza unha cata de textos breves do teatro galego contemporáneo CATATURXIA, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 9, opción A, serán unha escolma de textos dos torneos de dramaturxia de Galicia e o sábado, opción B, presentación do libro DramaturGA 20: 11 textos breves. A entrada é de balde ata...

O grupo de teatro Airiños organiza unha cata de textos breves do teatro galego contemporáneo CATATURXIA, o venres 9 e o sábado 10 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. O venres 9, opción A, serán unha escolma de textos dos torneos de dramaturxia de Galicia e o sábado, opción B, presentación do libro DramaturGA 20: 11 textos breves. A entrada é de balde ata...

A produtora Zeitum Films realizará un casting o 29 e 30 de setembro en Rianxo para unha nova curtametraxe.

Baixo a dirección e dramaturxia de María Peinado, a compañía Teatro da Ramboia pon en escena a peza teatral O meu mundo non é deste reino, unha farsa de Manuel María con Anxo García e Fran Lareu. Terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 3 de outubro ás 20.30 horas. Está recomendada a un público maior de 14 anos. A entrada é de balde previa reserva en...

O venres 2 de outubro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación teatral Crónicas dunha heterosexual insatisfeita a cargo de Verdeveras Expresións Artísticas. Está recomendada a un público adulto. A entrada é de balde previa reserva en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 664 183 217, do 24 ao 30 de setembro de 9.00 a 13.30...

O club de inglés de Rianxo é unha iniciativa cidadá independente e sen ánimo de lucro que comeza unha nova andaina neste curso 2020-2021 o 7 de outubro. Máis información en rianxoenglishclub2@gmail.com

ENTRADAS ESGOTADAS para o espectáculo Medida x medida que terá lugar o sábado 26 de setembro ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo.

O prazo de inscrición para as clases de preparación para acadar o título de Graduado en Educación Secundaria será do 14 de setembro ao 9 de outubro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Centro Social Liceo de Rianxo. Os requisitos para inscribirse son ter os 18 anos cumpridos e estar en posesión do Graduado Escolar, ter 1º e 2º da ESO ou o certificado de escolaridade.

Do 26 de setembro ao 24 de outubro, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, poderase visitar a exposición de pintura "arte naive" da artista holandesa residente en Rianxo, Karin Kuijper. O acto de apertura será o sábado 26 de setembro ás 12.00 horas.

O espectáculo Medida x medida, baixo a dirección de Quico Cadaval e protagonizado por Melania Cruz, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, María Costas, Santi Romay e Bernardo Martínez, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o sábado 26 de setembro ás 20.30 horas. Recomendada a un público adulto. Entrada de balde con reserva previa. A solicitude de...

Xa está aberto o prazo de inscrición no primeiro cuadrimestre da Uned Senior en Rianxo, un proxecto educativo destinado a persoas maiores de 50 anos. As materias que se van impartir son as seguintes: Canto tradicional e canto coral. Iniciación aos teléfonos móbiles e tabletas intelixentes. Nivel Básico. Práctica instrumental: gaita e percusión. Nivel intermedio. As prazas son limitadas,...

O programa universitario de maiores, o IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, achégase a Rianxo co programa Camiños de coñecemento e experiencia. Trátase dunha formación universitaria para os maiores de 50 anos. Son unha serie de seminarios e obradoiros que se desenvolverán do 5 ao 14 de outubro no Auditorio de Rianxo. 05/10/2020 16.30 - 18.00 h Seminario Estilos educativos...

O espectáculo Invisibles, protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez e baixo a dirección de Marián Bañobre, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo con dúas funcións, unha o venres 4 e outra o sábado 5 de setembro ás 21.00 horas. Despois da representación realizarase un coloquio con Montse Fajardo, autora do libro, do que Marián Bañobre e Santiago Cortegoso...

O espectáculo Invisibles, protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez e baixo a dirección de Marián Bañobre, achegarase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo con dúas funcións, unha o venres 4 e outra o sábado 5 de setembro ás 21.00 horas. Despois da representación realizarase un coloquio con Montse Fajardo, autora do libro do que Marián Bañobre e Santiago Cortegoso...

O vindeiro martes 25 de agosto, ás 21:00 horas celebrarase no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo o congreso público "A astronomía nas Rutas Xacobeas", que contará con relatorio e posterior observación. Reservas: do xoves 13 ao luns 24, de 09:00 a 13:30, en días laborais, en: auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 18 32 17.    

O sábado 15 de agosto, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro de Manuel Abuín Queiruga Vivencias dun mariñeiro rianxeiro. O acto será presentado por X. Ricardo Losada (escritor e profesor) e contará coa presenza de Nuria Abuín Carou, Manuel Jesús Abuín Carou, Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e o propio autor. A entrada será con reserva...

O vindeiro sábado 22 de agosto, ás 22:30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto do grupo Barahúnda, integrado por Helena de Alfonso, Jose Lara Gruñeiro, José Luis do Pico Orjais e Txema Mawenya. Nesta ocasión estarán acompañados por: José Nine, Isabel Rei Samartim e Raúl Lojo. Prazas só con reserva previa preferentemente no correo-e...

  O vindeiro venres 24 de xullo, ás 21:45 e o martes 25 de agosto, ás 21:00 horas celebrarase no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo o congreso público "A astronomía nas rutas xacobeas", que contará con relatorio e posterior observación. Só con reserva de praza en: auditorio@concelloderianxo.gal ​​​​​​​(preferente) ou no teléfono 664 18 32 17. Reservas para a sesión do venres...

Do 10 ao 15 de agosto, a Biblioteca Municipal de Rianxo permanecerá PECHADA. Desculpas polas molestias ocasionadas.

Do 21 de agosto ao 18 de setembro, terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo unha exposición organizada pola Asociación Ondiñas Mainas titulada Arte-Sanía. Máis información no facebook de Ondiñas Mainas.

O vindeiro sábado 15 de agosto, ás 21.30 horas, a Banda da Escola de Música de Rianxo organiza un concerto no Campo de Arriba de Rianxo. É necesario facer reserva de praza, porque a capacidade do espazo é limitada. Reservas do 10 ao 13 de agosto no correo-e escolademusicaderianxo@gmail.com ou no teléfono 671 058 555. Máis infor​​​​​​​mación no facebook da banda

Do 6 ao 8 de agosto, no Auditorio de Rianxo, terán lugar os concertos do Festival Noites de Jazz. Descarga do tríptico informativo. Máis información.​​​​​​​

O vindeiro venres 14 de agosto, ás 22:30, terá lugar na Praza Castelao, a proxección do filme galego María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar. No acto estará presente Ignacio Vilar (director do filme) que realizará unha presentación do filme, encontro cos asistentes e photocall, e un coloquio posterior despois da proxección. Debido á situación xerada pola COVID-19, o aforamento será...

Dentro das actividades paralelas no marco do festival Noites de Jazz de Rianxo, unha delas é a exposición Jazz Espido. 17 debuxos de Eva LLoréns e 17 poemas de Mª do Carmen Kruckemberg, que terá lugar na sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo do 24 de xullo ao 14 de agosto. A apertura da exposición terá lugar o venres 24 de xullo, ás 12.30 horas.  

Do 23 ao 26 de xullo, Feira do libro en Rianxo, organizada pola Federación de Librarías de Galicia no Campo de Arriba. Máis información no seguinte enlace

O 29 e o 30 de xullo, de 10 a 14 horas, terá lugar no Concello de Rianxo un curso gratuíto de decoración sobre azulexos. Esta destinado para tódolos públicos, a partir de 12 anos. As prazas son limitadas, 15, e a inscrición hai que realizala no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 183 217  

Programación dos meses de xullo e agosto do 2020. Debido a situación xerada pola COVID / 19,  as actividades precisan reserva previa. As condicións deberán consultarse na información específica de cada proposta que se publicará no sitio web do Concello de Rianxo.

O venres 17 e o sábado 18 de xullo, na zona portuaria en Rianxo, terá lugar o auto-cine Lúa Chea no Barbanza. Máis información e entradas no seguinte enlace: https://eventos.emesports.es/inscripcion/autocine-lua-chea-no-barbanza/informacion/  

Do 3 ao 5 de xullo desenvolverase no Concello de Rianxo, Zona da Zanfona, un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumpre dezaseis anos neste 2020. A programación deste ano pivota sobre tres eixos: concertos de balde,...

Do 26 de xuño ao 18 de xullo pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición "As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza: a orixe" organizada pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. O acto de apertura terá lugar, ás 20.00 horas, o venres 26 de xuño. O horario de visitas é de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

O venres 19 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas. No acto contarase coa presenza da autora xunto con Encarna Pego, profesora e socia de Barbantia, Xesús Santos, historiador local e socio de Barbantia e Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo. Tamén terán lugar as actuacións de Barahunda e Tero...

O Concello de Rianxo quere homenaxear a Don Ricardo Carvalho Calero, no Día das Letras Galegas 2020, mediante unha pequena publicación onde se afonda un chisco no coñecemento do escritor ferrolán. Pinchade na descarga para descubrila. Descarga da publicación

A Mancomunidade Arousa Norte acaba de sacar unha nova ferramenta a Axenda Barbanza, para estar ao tanto de todas as propostas culturais da comarca. Podes filtralas por concello, data ou categoría. Podes consultala  no seguinte enlace https://axendabarbanza.gal/Inicio/ ​​​​​​​  

PromÓpera entidade organizadora da proposta Madame Butterfly achéganos esta nota informativa: "Para previr e conter a epidemia de COVID-19, a ópera MADAMA BUTTERFLY programada para o sábado día 14 de marzo no Auditorio de Rianxo, quedará aprazada ó 13 de xuño no mesmo lugar e á mesma hora. Todas as persoas que compraron entrada en Eventbrite, recibirán moi pronto un correo electrónico e...

Do 12 ao 31 de marzo, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, terá lugar a exposición dos traballos do XIV Premio Luís Ksado de creación fotográfica da Deputación da Coruña.  

SUSPENDIDA O vindeiro venres 13 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo, terá lugar a presentación do libro de Aurora Marco Irmandiñas.   No acto, amais da autora, estará presente Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo), Encarna Pego (profesora e socia de Barbantia) e Xesús Santos (historiador local e socio de Barbantia). Tamén se contará coa actuación de...