Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Xa queda pouquiño para que comece o 2020 e tamén para a noite máis máxica do ano, a #noitedereis. Os Reis Magos xa están todos atarefados cos preparativos e piden da vosa axuda para a Cabalgata no Concello de Rianxo. Podes facelo de moitas maneiras: acompañando a comitiva, na montaxe, na organización... Chama ao 981 100 688, envía un correo a cultura@concelloderianxo.gal ou pásate polo Auditorio.

Unha historia de lume e sacrificio O que arde, un filme de Oliver Laxe na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A proxección terá lugar o venres 20 de decembro, ás 21.00 horas. Recomendado para un público maior de 7 anos. Duración: 85 minutos. Entrada de balde ata completar capacidade. Máximo 2 por persoa. Retirada dende unha hora antes do comezo da proxección. O que arde  

O sábado 21 de decembro, en dúas sesións, unha as 12 da mañá e outra ás 6 da tarde; terá lugar o Festival de Nadal da Escola de Música de Rianxo. A entrada pode retirarse unha hora antes de cada sesión (máximo 2 por persoa).

O domingo 22 de decembro, a partir das 19.00 horas, terá lugar o Festival de Nadal da Asociación Fogo Fatuo na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo. Máis información Facebook de Fogo Fatuo

O grupo de teatro Airiños organiza no Centro Social da Atalaia un ciclo de Veladas de Inverno. Desenvolveranse entre o  venres 13 e o domingo 22 de decembro.

O III Ciclo de Novos Intérpretes chega ao seu fin, o derradeiro concerto correrá a cargo de Aldara Muíños Rodríguez ao clarinete acompañada polo Trío Céfiro. A proposta terá lugar na sala Arcos Moldes de Rianxo o vindeiro venres 13 de decembro ás 20.30 horas. Entrada de balde ata completar capacidade, retirada dende unha hora antes do comezo.

O 20 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a apertura da exposición de gravados Sempre en Galiza. Homenaxe Artistas Galegos cedida polo Museo do Gravado á Estampa Dixital. A exposición forma parte do programa dos Actos Castelao 2020 que organiza o Concello de Rianxo. Pode visitarse, nos horarios de apertura do auditorio, dende o 20 de decembro...

Vén pasar o fin de ano a carpa da Praza Castelao en Rianxo, unha proposta organizada pola Asociación Festival Rock in Rian.

O sábado 28 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o derradeiro concerto do ano 2019 a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do concerto (máximo 2 por persoa).

O vindeiro sábado 7 de decembro, terá lugar no Araño a celebración das Festas de Santa Baia

O xoves 5 de decembro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes terá lugar o II Memorial Mireya Dieste, cun concerto con Margarita Viso Soto e Javier Ares Espiño.

O sábado 7 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o XIV Festival de Corais de Arousa e Ulla organizado pola Coral Abraira do Centro Cultural Simon Varela de Asados. Actuarán a Coral San Salvador de Camanzo de Vila de Cruces, a Coral Polifónica do Círculo Mercantil de Ribeira e a Coral Abraia de Asados.

O vindeiro sábado 14 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, o Festival de Nadal organizado pola Asociación Vai de Roda. Máis información no facebook de Vai de Roda

Xa se poden consultar as persoas admitidas no obradoiro de experimentos: A maxia da ciencia! Pincha no seguinte enlace. As prazas non cubertas poden ocuparse, por orde de inscrición, ata mañá venres 29/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude de inscrición que se atopa neste sitio web.  

APRAZADO ATA NOVO AVISO  a proposta do venres 29 de novembro, ás 19.30 horas, comezará na Casa dos Dieste a II Semana da Música Irmandiña cunha conversa con Margarita Viso Soto e José Luís do Pico Orjais arredor da historia do piano na Galiza . Ademais haberá un concerto do grupo Barahunda sobre as cantigas de amor e de amigo. O xoves 5 de decembro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes,...

Talía Teatro estrea na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o seu novo espectáculo familiar, Lambetadas. A función terá lugar o próximo venres 29 de novembro, ás 20.00 horas. Espectáculo recomendado para familias con crianzas entre os 6 e os 11 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo do espectáculo na billeteira do Auditorio...

O venres 29 de novembro, ás 21.00 horas, no salón de actos do Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación do libro A casa xunto ao volcán de Xosé Ricardo Losada, gañadora do Premio Viadutos de Novela 2019. No acto contarase coa presenza de Malores Villanueva (Editorial Galaxia), Antón Riveiro Coello (escritor e socio de Barbantia), Alicia Fernández Ínsua (estudante de Comunicación...

Joelle Saliba ofrecerá un obradoiro e unha conferencia dentro do programa de Residencias de escritoras/es e pensadoras/es de Axóuxere. O obradoiro de literatura desenvolverase os días 30 de novembro e 1 de decembro e ten o título de Que é o que pasaría se.  A inscrición é gratuíta e pode facerse a través do correo electrónico info@axouxerestream.com co asunto «Inscrición ao...

O espectáculo Tradicción, da compañía Nova Galega de Danza, achégase ao auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 30 de novembro ás 20.30 horas. Destinado a público adulto. A entrada é de balde ata completar capacidade. Pode retirarse desde unha hora antes do comezo na billeteira do Auditorio. Proposta do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Sitio web Nova Galega de Danza

PRAZAS CUBERTAS A xente que estea interesada pode inscribirse nunha listaxe de reserva. A Concellaría de Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais organiza dous Obradoiros de Cartón Pedra impartidos por Pedras, Artesanía e Patrimonio. OBRADOIRO PARA FAMILIAS Destinado a crianzas a partir de 6 anos acompañadas dunha persoa adulta. O sábado de 11.00 a 13.00 horas,...

Xa están publicadas as persoas admitidas no obradoiro A ciencia nos tempos Castelao, Dieste e Manuel Antonio. As 10 prazas non cubertas, poden ocuparse, por orde de inscrición, ata o venres 22/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude que se atopa neste sitio web. Podes consultala no seguinte enlace

Por mor de causas alleas ao Concello de Rianxo o espectáculo Arnoia. Arnoia. O circo da casa pequena queda SUSPENDIDO. O sábado 23 de novembro, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo achégase o espectáculo Arnoia, Arnoia O CIRCO da casa pequena, unha coprodución de Pistacatro e o CDG dirixida por Quico Cadaval. Está destinada a un público familiar, con crianzas maiores de...

Na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Carlos Santiago e Pepe Penabade da compañía Volta e Dálle Teatro representan o espectáculo Falar por falar. O día da función é o venres 22 de novembro, ás 21.00 horas. Está destinado a un público adulto. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa). Proposta do...

Henrique Komatsu ofrecerá un obradoiro de literatura, «A escrita como forma de resignificar a realidade», entre o sábado 23 e o domingo 24 de novembro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Tamén ofrecerá a conferencia «O ensaio e a resignificación da realidade», o venres 22 de novembro ás 20 horas na Biblioteca Pública Municipal de...

Ibuprofeno Teatro achégase á sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo coa produción teatral Casa O'Rei, a función terá lugar o venres 15 de novembro ás 21.00 horas. Destinado ao público adulto. Duración: 1 hora e 35 minutos Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada de convites desde unha hora antes do comezo na billeteira do Auditorio. A proposta forma parte do programa Rede...

Do 9 ao 30 de novembro desenvolverase en Rianxo o programa Rianxociencia 2019. Programa, información e inscricións no espazo específico RianxoCiencia 2019:  

Xa podes consultar o folleto coa programación do outono cultural 2019 organizada pola Concellaría de Cultura, Museos, Mocidade; Festas e Centros socioculturais do Concello de Rianxo. Descarga do folleto Outono Cultural 2019

Xa podedes consultar no sitio web de RianxoCiencia2019 a listaxe de persoas admitidas no Obradoiro de Robótica do sábado 9 de novembro. Pincha no enlace. As prazas non cubertas poden ocuparse, por orde de inscrición, ata mañá venres 08/11/2019 ás 13.00 horas cubrindo a solicitude de inscrición que se atopa neste enlace.

O vindeiro venres, 8 de novembro, ás 21.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación do espectáculo Papar sen cancelas a cargo de Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada desde unha hora antes na billeteira do Auditorio. Máximo 2 por persoa. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da...

O vindeiro venres 1 de novembro, a partir das 5 da tarde, na Praza de Castelao celebrarase un Magosto Tradicional con castañas, obradoiros e xogos e música.

A Sala de exposicións do Auditorio de Rianxo acollerá do 25 de outubro ao 23 de novembro a exposición da artista Mirta Zaliauskas. É unha artista plástica que estudou na escola de Belas Artes Carlos Morel de Quilmes (Arxentina). Recibiuse de profesora superior de artes visuais. Realizou estudos en Italia no obradoiro de Miguel Anxo en Carrara para a súa especialización na escultura e no...

O sábado 2 de novembro, a partir das 17:30 h, no Araño, as entidades asociativas organizan un magosto coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.  

Día: domingo, 27 de outubro Hora: 16.00 h Lugar: Sala Arcos Moldes, Auditorio de Rianxo  

O grupo de Teatro Muxicas achégase ao Auditorio de Rianxo coa peza premiada O Inspector. A función é o venres 18 de outubro, ás 21.00 horas. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo da función na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña. O Inspector é unha comedia de ritmo...

Dentro da IV Mostra de Teatro Afeccionado Alter Ego, o sábado 19 de outubro ás 18.00 horas terá lugar na Biblioteca Municipal Castelao un espectáculo a cargo dos Regueifeiros de Galicia, Regueifando pola Coruña. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Do 18 ao 26 de outubro, no Auditorio de Rianxo, desenvolverase a IV Mostra de teatro Afeccionado Alter Ego organizada pola Agrupación Teatral Criaturas coa colaboración do Concello de Rianxo. Máis información páxina de Facebook da Agrupación Teatral Criaturas. Hai propostas de balde e outras con un custe de entrada de 2€. VENRES 18 DE OUTUBRO: 18.00 horas - Biblioteca Municipal:...

O vindeiro venres 11 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar na Casa de Rafael Dieste a presentación do libro de Luís Rei Nuñez, Rafael Dieste. O libre pensamento. No acto ademais do autor estarán presentes Xosé Ricardo Losada (profesor e escritor), Amparo Cereixo (profesora) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).    

O vindeiro venres, 11 de outubro, ás 20.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, terá lugar a representación do espectáculo Puño, puñete a cargo de Baobab Teatro. O espectáculo musical está destinado a crianzas entre 1 e 7 anos. A entrada é de balde ata completar capacidade. Retirada desde unha hora antes na billeteira do Auditorio. Máximo 2 por persoa. Priorizarase o acceso ao...

Comezo do club de inglés Rianxo, os martes e mércores na cafetería do Club Náutico de Rianxo. Máis información en rianxoenglishclub2@gmail.com

Raquel Ferrández ofrecerá un seminario de pensamento, «Filosofías indias e occidentais da mente: meditación e neurociencia», entre o sábado 19 e o domingo 20 de outubro, na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo e na casa de Axóuxere Editora. Así mesmo, ofrecerá a conferencia «Experiencia mística e expresión artística na filosofía india», o venres 18 de outubro ás...

O grupo de Teatro Airiños organiza unha función a cargo de Nova Comédia Bracarense coa peza teatral "Guerras do Alecrim e Manjerona" A función terá lugar o domingo 6 de outubro, ás 18.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade.

O vindeiro venres, o Grupo de Teatro Airiños estrea a súa nova produción Unha primavera para Aldara, baixo a dirección de Amantia Coello, a partir do texto de Teresa Moure. As funcións serán o venres 4 e o sábado 5 de outubro ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo e están organizadas polo Grupo de Teatro Airiños de Asados. A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse en...

O vindeiro venres, o Grupo de Teatro Airiños estrea a súa nova produción Unha primavera para Aldara, baixo a dirección de Amantia Coello, a partir do texto de Teresa Moure. As funcións serán o venres 4 e o sábado 5 de outubro ás 21.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo e están organizadas polo Grupo de Teatro Airiños de Asados. A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse en...

Persoas admitidas Rematado o período de inscrición, pode consultar as persoas admitidas no seguinte documento: Listaxe persoas admitidas O obradoiro comezara o vindeiro sábado 5 de outubro, ás 11:00 horas, no Auditorio de Rianxo.   A Escola de Escritores da AELG e o Concello de Rianxo convocan unha nova edición do Obradorio de creación literaria. Este ano baixo a denominación As liñas...

Coa película O Cairo confidencial péchase o ciclo de cine euroárabe Amal en ruta. Semanas antes da revolución exipcia de 2011 un oficial de policía do Cairo investiga o asasinato dunha famosa cantante no hotel Nile Hilton. O que inicialmente parece ser un crime pasional convértese en algo que concirne á elite do poder de Exipto.

Para enfrontar as pantasmas que o obsesionan, o director Raed Andoni decide construír unha réplica da prisión de Al-Moskobiya, o principal centro de interrogatorios de Israel. Axudado por ex-reclusos, tenta representar de novo a historia que tivo lugar tras as paredes. Proxección do documental o sábado 28 de setembro ás 20.30 horas.

 A repentina morte de Michael Jackson fai que un antigo devoto do "Rei do Pop", e -agora novo imán -, caia en picado. Pero, que ten en común un imán exipcio con Michael Jackson? O venres 27 de setembro, ás 22.30 horas, dentro da programación do ciclo de cine Amal en ruta.

Osama e Ayman adoran e admiran ao seu pai pero ambos queren tomar camiños diferentes. Talal sedúcenos cunha historia que, a través do día a día de dous nenos, permítenos comprender a complexidade e a traxedia do conflito que vive Siria actualmente. O documental proxectarase o venres 27 de setembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo dentro do ciclo de cine Amal en ruta.

O vindeiro sábado 5 de outubro, ás 11.30 horas, terá lugar un faladoiro a bordo dun bateeiro "O chapapote na ría. Activismo mariñeiro, cultural e social". As inscrición teñen que realizarse no correo-e unhagranburlanegra@gmail.com

O venres 4 de outubro, ás 20.15 horas, terá lugar un acto de homenaxe ás Mulleres solidarias cos prisioneiros do campo de concentración de Rianxo e todas as mulleres represalias e solidarias. A actividade enmarcase dentro da programación do X Seminario sobre a memoria.

No IES Félix Muriel pode visitarse do 1 ao 15 de outubro a exposición 80 anos. Santiago 1936. A exposición está aberta a todas as persoas interesadas en visitala. O horario de visita é de 8.30 a 14.00 horas.

X SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: "A liberdade nunca perdeu ningunha loita! (R. Cabanillas)" organizado pola Nova Escola Galega, Instituto Galego de Historia e o IES Félix Muriel de Rianxo. Datas de celebración: 4, 5 e 6 de outubro de 2019. Lugares de celebración: Rianxo, A Fonsagrada e Grandas de Salime. Programa do X seminario Folleto do X seminario ​​​​​​​Sitio web...

Aberto o prazo de preinscrición na UNED SENIOR en Rianxo, ata o 4 de outubro.

O Programa Universitario de Maiores do IV CICLO da USC promove o proxecto de democratización do coñecemento, CAMIÑOS DE COÑECEMENTO xunto coa colaboración do Concello de Rianxo. O programa conta cun total de 8 clases que se impartirán nunha Aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Está destinado para maiores de 50 anos. Máis información e inscricións no correo electrónico...

O xoves 26 de setembro, ás 21.00 horas, a proxección de Zagros de Sahim Omar Kalifa. Zagros é un pastor que vive nunha aldea kurda coa súa esposa Havin e a súa filla. O seu pai dille que as persoas chismorrean acerca de Havin, pero Zagros négase a dar crédito aos rumores.

Comeza o ciclo de cine euroárabe en Rianxo coa proxección de Alma Mater de Philippe Van Leeuw, o mércores 25 de setembro ás 21.00 horas. Oum Yazan, nai de tres fillos, converteu o seu apartamento nun punto seguro para a súa familia e os veciños que tratan de fuxir da guerra.

Do 18 de setembro ao 1 de outubro, pode visitarse no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a exposición organizada pola Deputación da Coruña do XIII Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Nuñez. Sitio web do premio na Deputación da Coruña

O vindeiro sábado 28 de setembro, ás 19.00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Ana Valín "El vals de las hormigas".

Do 25 ao 28 de setembro terá lugar no Auditorio de Rianxo Amal en ruta, o ciclo de cine euroárabe organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e o Concello de Rianxo O ciclo Amal en ruta é unha versión resumida da Semana de Cine Euroárabe Amal 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela. Este ciclo supón un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade....

O vindeiro domingo 8 de setembro, ás 20:00 horas, realizarase a gravación do programa Malo será! no Auditorio de Rianxo. As entradas están a venta en A taquilla. A Taquilla

  Viladomar - máis alá dos muros, laboratorio de arte pública para a vila de Rianxo, organizado pola Asociación Ondiñas Mainas de Rianxo. Do 6 ao 13 de setembro, en diversos espazos de Rianxo, Isorna e Araño, cos artistas Mutante Creativo de Ordes, Batalla de Rianxo, Cestola na Cachola de Almería, Doa de Sober e Nana de Ordes.

​​​​​​​   Coa colaboración dos catro concellos da Arousa Norte e da Deputación da Coruña, a Asociación Alberto Romero volve ofrecer un ano máis os cursos de formación básica de como realizar unha curtametraxe.  Están programados para os meses de outubro e novembro nos catro concellos da Arousa Norte (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) e son gratuítos. Os cursos terán...

O sábado 29 de agosto, ás 22.00 horas, no Paseo da Ribeira (zona do busto de Castelao) terá lugar unha observación astronómica. No caso de condicións meteorolóxicas adversas trasladarase para outra data.

O sábado 31 de agosto, ás 21:00 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o peche do XV Ciclo de Bandas co concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo.

No Paseo da Ribeira, na zona do busto de Castelao, o domingo 25 de agosto a partir das 22.00 horas, realizarase unha observación astronómica.

AVISO: a conferencia e o obradoiro de María Ovelar realizarase no Cuartel Vello de Rianxo, que se atopa na Praza de Castelao en Rianxo. No mes de agosto comezan as residencias de escritoras/es e pensadoras/es organizadas por Axóuxere Editora, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo e que se desenvolverán entre o devandito mes e mediados de decembro. As persoas...

O vindeiro venres 16 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste, Manoele de Felisa achégase co seu novo espectáculo: A estrada da vida, 20 aniversario. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Trasládase ao auditorio de Rianxo. Entrada de balde ata completar capacidade, máximo 2 por persoa, dispoñibles desde unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio. O venres 9 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar na Praza de Rafael Dieste, un concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, enmarcado do XV Ciclo de Bandas de Música organizado pola Escola de Música de Rianxo...

As condicións meteorolóxicas para o martes 6 de agosto non son favorables, polo tanto, a Observación astronómica prevista, APRÁZASE ata novo aviso. En breve anunciarase a nova data.  

Do 2 ao 30 de setembro é o prazo de inscrición para as clases de preparación para o título de Graduado en Educación Secundaria.

Noites de Jazz, concertos

Dentro da X Festa do Mexillón de Rianxo, o sábado 3 de agosto terá lugar no Campo de Arriba un concerto a cargo do grupo Os sobrados de Bergondo. A proposta forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Creactivity da Obra Social "laCaixa" fai parada en Rianxo, na Praza de Castelao, o luns 19 e o martes 20 de agosto. Os obradoiros e as visitas poden realizarse no horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. É un espazo-obradoiro para nenos e nenas a partir de 7 anos onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a...

O sábado 17 de agosto, ás 21.30 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o XVII Festival de música e baile tradicional Aleivosía organizado pola Asociación Sociocultural Aleivosía.

A película prevista para hoxe xoves 25 de xullo, por mor da adversidade meteorolóxica, trasládase para o Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade e pode retirarse dende ás 21.30 horas na billeteira do auditorio.