Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Páxinas etiquetadas con culturarianxo times .

Os vindeiros 21 e 29 de xullo e 4 de agosto, o paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), será o lugar onde se fagan  as observacións astronómicas TODOCOSMOS. A observación prevista para o 4 de agosto, por mor das condicións meteorolóxicas adversas, aprázase. As novas datas para as observacións son: Luns 14  de agosto, 22:00 h Martes 22 de agosto, 22.00 h

O grupo de música tradicional Habelas Hainas ofrecerá un concerto o vindeiro sábado 5 de agosto, ás 22:00 horas, no Campo de Arriba, no marco da VIII Festa do Mexillón de Rianxo. Páxina facebook de Habelas Hainas

No Paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), terán lugar os vindeiros 21 e 29 de xullo e 5 de agosto, as observacións astronómicas TODOCOSMOS.

NOTA: a observación prevista para o venres 21 de xullo, por mor das condicións meteoróxicas adversas, TRASLÁDASE para o luns 24 de xullo. No Paseo da Ribeira de Rianxo (xunto ao busto de Castelao), terán lugar os vindeiros 21 e 29 de xullo e 5 de agosto, as observacións astronómicas TODOCOSMOS.

A Asociación Festival Antrospinos organiza en Campo Maneiro (Taragoña) o X Edición do Festival Antrospinos. Máis información na páxina facebook de Antrospinos

Uxía Lambona e a súa banda achéganse á Praza Rafael Dieste o vindeiro sábado 22 de xullo, ás 21.30 horas, dentro da programación da Feira do Libro. "Uxía Lambona e a Banda Molona“ nace como un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir os nenos, achegándolles os temas tradicionais galegos dunha forma nova e atractiva, utilizando para iso novos estilos musicais (ska,...

agfdsa O sábado 22 de xullo, a Feira do Libro de Rianxo comeza coa actuación de Fram Rei que representa a súa nova produción A galiña azul de Carlos Casares. A Galiña Azul é un espectáculo creado a partir da popular obra infantil de Carlos Casares. Na súa liña habitual, Fran Rei mestura narración, humor, maxia e monicreques para achegarlle ao público infantil e familiar o universo que Carlos...

O vindeiro sábado 22 de xullo, ás 23:00 horas, terá lugar na Praza Castelao de Rianxo o concerto do grupo de música tradicional TREIXADURA que presenta o seu novo traballo Ao vivo. Sitio web Treixadura

O Cuartel Vello de Rianxo acollerá do 21 ao 23 de xullo, a X Exposición de Selos e Moedas organizada pola Asociación de Filatélica e Numismática de Rianxo.

Máis información no Facebook da Festa da Chuvia

Vén a Rianxo pasar o ENTROIDO, do venres 5 ao sábado 13 de febreiro propostas para todas as idades.

A derradeira proposta dentro dos Actos Castelao 2016 organizados pola Concellaría de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización é un teatro de marionetas da obra Os vellos non deben de namorarse do ilustre rianxeiro Castelao a cargo da compañía Fantoches Baj A representación terá lugar o vindeiro sábado 30 de xaneiro ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo. A obra está recomendada para...

O vindeiros venres 29 de xaneiro, dentro da programación dos Actos Castelao 2016, terá lugar no Auditorio de Rianxo a presentación das seguintes publicacións: A Voz de Barbantia (xaneiro do 2016) Lourenzo, xograr de Manuel Portas o cal recibeu o Premio García Barros e está editado por Galaxia Na presentación participarán o autor do libro ademáis de María Xesús Blanco (directiva de...

Carmen Penim e Maurizio Polsinelli forman o grupo 2naFronteira que se achegarán ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 23 de xaneiro, ás 20.30 h., co concerto Son de nós. Relatos sonoros da época de Castelao; nesta ocasión acompáñaos Carmen Gallego (nickelharpa e violín) e Miguel Paz (percusións). A proposta está enmarcada dentro dos Actos Castelao que a Concellería de Cultura, Xuventude,...

Dentro da programación dos Actos Castelao, o vindeiro venres 22 de xaneiro ás 21.00 horas a compañía Galeatro achégase ao Auditorio de Rianxo co espectáculo De Leria con Castelao. Esta recomendado para todos os públicos. A entrada é de balde ata completar aforo. Poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes de que comece a función.   Galeatro - espectáculo De Leria con Castelao

A compañía Elefante Elegante, achegarase á Biblioteca Pública Castelao con O Aviador, unha proposta familiar destinada a un público infantil, a partir de 3 anos; terá lugar o sábado 16 de xaneiro, ás 12.00 horas. O Aviador Elefante Elegante  

A nova produción de Ibuprofeno Teatro pre-estrearase no Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 15 de xaneiro ás 21.00 horas, leva por título Raclette e conta co elenco artístico de Toni Salgado, Deborah Vukusic, Marián Bañobre, Iria Sobrado e Salvador del Río. A obra está escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. Está recomendada para maiores de 15 anos. A entrada é de balde, ata completar...

O próximo venres 15 de xaneiro terá lugar no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo a presentación do libro de Fernando Salgado "El Humo del Diablo". O acto comezará as 20.00 horas e ademais de contar coa presenza do autor do libro tamén o acompañará o escritor Xosé Ricardo Losada (Asociación Cultural Barbantia). Durante o acto será proxectado un audiovisual sobre o protagonista do libro.

A Escola de Teatro de Narón achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro sábado 12 de decembro, ás 20.30 horas. A obra que van representar titúlase Ismael e a Balea Branca. "En determinado momento da súa vida, Ismael, toma a determinación de se embarcar tres anos nun buque baleeiro comandado polo temíbel capitán, Acab, que tempo atrás perdera a súa perna entre os dentes dun enorme cachalote...

O Fiadeiro coa VII Edición "Esta Noite Hai Unha Fía". Nas catro esquinas, un espectáculo de baile e música tradicional, achégase ao Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 4 de decembro ás 21.30 h. “Esta Noite Hai Unha Fía” é un espectáculo que compila as máis representativas escenas de baile e música tradicional. Empregan para iso unha compañía de arredor de sesenta persoas das que...

O vindeiro sábado 5 de decembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o espectáculo de teatro con música en vivo Tacóns na corda, a cargo do músico Alberto López e da actriz Mª Ángeles Iglesias. O espectáculo está recomendado para maiores de 16 anos. As entradas son de balde ata completar aforo. Poden retirarse as invitacións unha hora antes do comezo (máximo 2 por persoa) ...

A compañía de teatro Elefante Elegante achégase ao Auditorio de Rianxo coa produción KASSA, será o vindeiro sábado 28 de novembro ás 20.30 horas. KASSA reflexa a temática da vivenda. No inicio da acción a sociedade é seductora, próspera e optimista. A casa, coma un agasallo envolto en papel colorido, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. Pero un día esgótanse os...

O venres 27 de novembro, ás 21.00 horas, Mofa e Befa achéganse ao Auditorio de Rianxo coa produción Bobas & Galegas, baixo a dirección de Quico Cadaval. Recomendada para maiores de 12 anos Entradas: Prezo: 6 € ( oferta a 5 € mercando 3 ou máis entradas) Venda: O mesmo día da función, a partir das 19.00 h, na billeteira do auditorio Reserva anticipada: no correo electrónico...

Ibuprofeno teatro achégase unha vez máis ao Auditorio de Rianxo, nesta ocasión coa produción O Furancho onde MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO interpretan a unhas Furancheiras Multidisciplinares. A función será o vindeiro sábado 21 de novembro ás 20.30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. As invitación poden recollerse unha hora antes do comezo. No seu particular furancho pódese...

O grupo A Misela ofrecerá un concerto arredor da Música Popular Iberoamericana. Será o vindeiro venres 20 de novembro, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo. As entradas teñen un custe de 4 € e poden adquirirse unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do Auditorio. O grupo musical “A Misela” nace, a comezos do 2011, dunha iniciativa de socios da Sociedade Liceo de Noia que...

A rianxeira Silvia Collazo, o vindeiro venres 13 de novembro ás 20.00 horas, fará unha lectura dos seus poemas no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.

— Resultados por páxina
Mostrando 27 resultados.