Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Páxinas etiquetadas con escola de música de rianxo times .

O IX Ciclo de Bandas chega ao seu fin, o último concerto corre a cargo da Banda Escola de Música de Rianxo que realizarán un concerto no que interpretarán pezas que soaban nas VERBENAS dos anos 60, 70 e 80. Ao rematar estará a Charanga Nasa e un DJ. O concerto será o próximo venres 23 de setembro, ás 22.00 horas, na Praza Virxe da Guadalupe (xunto ao Mercado Municipal) O Ciclo de Bandas...

O concerto da Escola de Música de Rianxo interpretando a obra Retrincos de David Fiuza previsto para o xoves 25, ás 21.00 horas no Campo de Arriba trasládase para a Praza Rafael Dieste no mesmo horario. O concerto forma parte da programación que se vai desenvolver dentro da Feira do Libro de Rianxo, que se celebrará dende o 25 ao 28 de xullo.

O próximo sábado 11 de maio a Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto no que interpretarán a Sinfonía Nº 1 do Señor dos Aneis de Johan Meij. Realizarase ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.

O próximo mércores 1 de maio, ás 13.00 horas, na Praza Rafael Dieste terá lugar un concerto a cargo da Banda Infantil e do Conxunto Instrumental da Escola de Música de Rianxo. O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.

O próximo sábado 13 de abril, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo un concerto a cargo do Grupo de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.  

O próximo sábado 6 de abril, ás 18.00 horas, no Auditorio de Rianxo realizarase un concerto a cargo do alumnado mozo de  Estudio, Escola de música (Santiago de Compostela) e da Escola de música Juan Francés de Iribarren-Sangüesa (Navarra) coa colaboración de: Coro de Nenos de Estudio, escola de música Combo tributo a John Scofield de Estudio, escola de música Combos da...

A Escola de Música de Rianxo organiza o concerto de fin de curso 2012 de clarinete, trompa, tuba, trombón, bombardino, percusion e banda infantil. Terá lugar o sábado 7 de xullo ás 21.00h no Campo de Arriba, agás en caso de choiva, que se trasladaría ao Auditorio.                    

Dentro das actividades do X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo vai organizar, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class con Jorge Retamoza. Master Class con Jorge Retamoza DÍA: sábado 9 de xuño HORA: de 16:00 a 19:00 LUGAR: Auditorio de Rianxo Toda a información

O mércores 30 de maio ás 20.30 horas terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto de fin de curso do Departamento de Jazz da Escola de Música de Rianxo.

— Resultados por páxina
Mostrando 11 resultados.