Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Páxinas etiquetadas con jazz times .

O concerto previsto para hoxe pola noite, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste a cargo do grupo HOT JAZZ SWINGERS trasládase para o Auditorio de Rianxo debido ás condicións metereolóxicas adversas previstas.

O sábado 3 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar o último dos concertos de jazz programados no Verán Cultural, nesta ocasión o Combo do Curso de Jazz da Escola de Música de Rianxo e Alfredo Susavila Trio ofrecerán un concerto na Praza Rafael Dieste. O concerto conta coa colaboración da Escola de Música e o Concello de Rianxo. Escola de Música de Rianxo Alfredo Susavila

O venres 2 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste, terá lugar o concerto do grupo de jazz HOT JAZZ SWINGERS dentro da programación Noites de Jazz do Verán Cultural 2013. O concerto forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña St. Louis Blues

Comezan as Noites de Jazz co concerto de Roberto Somoza Trio, este xoves 1 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste. O concerto forma parte da programación do Verán Cultural e da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Roberto Somoza

Dentro das actividades do X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo vai organizar, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class con Jorge Retamoza. Master Class con Jorge Retamoza DÍA: sábado 9 de xuño HORA: de 16:00 a 19:00 LUGAR: Auditorio de Rianxo Toda a información

O mércores 30 de maio ás 20.30 horas terá lugar no Auditorio de Rianxo o concerto de fin de curso do Departamento de Jazz da Escola de Música de Rianxo.

— Resultados por páxina
Mostrando 6 resultados.