Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Páxinas etiquetadas con maio cultural 2013 times .

O vindeiro mércores 29 de maio, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo unha charla coloquio "O diñeiro ao Servizo da Transformación Social", coa presentación das experiencias galegas de finanzas éticas O PETO, FIARE-BPEGALICIA e Coop57Galiza.

O próximo sábado 25 de maio, no Campo de Arriba de Rianxo terá lugar o VIII SERÁN MAR DE RIANXO. A partir das 8.00 da tarde comezará co SERANCIÑO, para que os máis novos/as, toquen, canten, bailen e monten festa da boa, como eles/as saben. E ás dez empezarán a subir ao escenario os máis grandes, para que a festa non pare. Está organizado pola Asociación Vai de Roda en colaboración co...

Escenarios de Roberto Vidal Bolaño titúlase á charla-coloquio que vai impartir o periodista, escritor e crítico teatral Camilo Franco. Desenvolverase o sábado 25 de maio, ás 12.00 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo.

O próximo sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral Días sen Gloria a cargo do Centro Dramático Galego. O Centro Dramático Galego dedícalle ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas a súa segunda produción propia para esta temporada 2012-2013 coa posta en escena de Días sen gloria. A peza, galardoada en 1992 co Premio Rafael...

O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión,  Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo...

O próximo venres 24 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto pertencente ao programa de Rede de Músicas Soltas que organiza aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión,  Sérgio Tannus presentaranos o seu novo traballo Son Brasilego e estará acompañado dos tamén brasileiros Serginho Sales (teclado, Minas Gerais) e Paulo Silva...

A presentación do libro Faustino Rey Romero. Obra poética e filosófica a cargo de X. Ricardo Losada prevista para o 18 de maio, aprázase para o VENRES 21 DE XUÑO, ÁS 20.30 HORAS no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. Desculpas polas molestias ocasionadas.

O próximo venres 10 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo haberá un concerto a cargo de Jamila Purofilin que cantará a Cortázar acompañada da guitarra de Willy Mondeja. As entradas terán un custe de 5 € e poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto.

O venres 17 maio durante todo o día, no Centro Cultural "Vicente Vidal" de Leiro celebrarán unha romería para celebrar o Día das Letras Galegas.

O próximo sábado 18 de maio, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o II MACRO-RECITAL "ao son das letras vivas", 50 rapsodas - 50 escritor@s (galeg@s e viv@s). O Cadro Artístico Airiños en colaboración con slam.arousa e a Concellería de Cultura de Rianxo, con motivo da celebración do día das letras galegas organizan este II macrorecital  para o cal se pretende xuntar a 50...

Advertido erro na programación do Maio Cultural 2013, que son os seguintes: O club de lectura infantil organizado pola Anpa do Cra de Rianxo previsto para o mércores 8 de maio, ás 16.30 horas, será na ESCOLA DE RAÑÓ-LEIRO. Despois da xuntanza realizarase unha excursión polos arredores da escola visitando os lugares singulares do lugar. O club de lectura de adultos "Flores do meu...

O próximo sábado 4 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación de BailadELAS a cargo de Teatro do Antroido de Roi Vidal sobre textos de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Xavier Estévez coa interpretación de Laura Ponte. A obra está destinada a un público maior de 12 anos e as entradas, que teñen un custe de 5 €, poden retirarse unha hora antes do comezo da...

Dende o 3 de maio ao 2 de xuño, no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, poden visitar a exposición de pintura Retrospectiva de Manuel Lesende. O acto de inauguración terá lugar o vindeiro venres 3 de maio ás 20.30 horas.

O próximo sábado 4 de maio, ás 17.00 horas, na Pista Cuberta do colexio do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados terá lugar o Primeiro Torneo de Fútbol de Asados (solteiras contra casadas e solteiros contra casados) O partido será retransmitido en directo e acompañado dun DJ Está organizado pola Comisión de festas do San Pedro de Vilas (Asados)

O próximo sábado 11 de maio a Banda da Escola de Música de Rianxo ofrecerá un concerto no que interpretarán a Sinfonía Nº 1 do Señor dos Aneis de Johan Meij. Realizarase ás 20.30 horas no Auditorio de Rianxo O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.

O próximo mércores 1 de maio, ás 13.00 horas, na Praza Rafael Dieste terá lugar un concerto a cargo da Banda Infantil e do Conxunto Instrumental da Escola de Música de Rianxo. O concerto forma parte dos actos organizados pola Escola de Música de Rianxo para conmemorar o seu X Aniversario.

"Entre a páxina e cadro, entre palabra e imaxe" é o título do obradoiro creativo que impartirá Chiara Bertin. Desenvolverase o próximo luns 6 de Maio, entre as 18.15 e as 20.15 horas no IES Félix Muriel de Rianxo; está destinado a todas as persoas interesadas en participar. As cales terán que inscribirse, antes do 4 de maio, previamente cubrindo a ficha de inscrición  ou enviala por...

— Resultados por páxina
Mostrando 18 resultados.