Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Páxinas etiquetadas con manuel antonio times .

O grupo Gelria achégase á praza Rafael Dieste de Rianxo para presentar o seu primeiro traballo: "Cantos de poeta". O concerto terá lugar o vindeiro sábado 19 de agosto, ás 22.30 horas (no caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo). O trío Gelria nace dentro do proxecto co mesmo no nome, co fin de difundir e promocionar dun xeito máis directo os seus principais traballos musicais....

O próximo sábado 19 de agosto, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a presentación da nova publicación de Xosé Luís Axeitos "Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía". No acto ademáis da presenza do autor, estarán presentes Manuel Bragado (director da Editorial Xerais), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e Anxo Angueira (profesor, escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro).

O sábado 28 de xullo, ás 17:00 h., na Praza de Manuel Antonio (Asados), iniciarase a acción poética POESÍA NA PESQUEIRA DE ASADOS, TODOS CON MANUEL ANTONIO, consistinte nunha andaina poética e musical organizado pola PLATAFORMA CULTURAL GALEGA coa colaboración do Concello de Rianxo e o Grupo de Teatro Airiños de Asados.

Os horarios dos museos de Rianxo durante o verán serán os seguintes: Casa Museo de Manuel Antonio martes a sábado de 10.00 a 14.00 Museo do Mar martes a sábado de 17.30 a 20.30 domingo de 11.00 a 13.30

O videiro venres 29 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o acto de presentación do núm. 76 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así coma a presentación do primeiro volume da Obra Completa de Manuel Antonio, editada conxuntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. No acto estarán presentes, amais de Xosé Luís Axeitos, editor literario; Diego...