Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Páxinas etiquetadas con teatro times .

Dentro da programación dos Actos Castelao, o vindeiro venres 22 de xaneiro ás 21.00 horas a compañía Galeatro achégase ao Auditorio de Rianxo co espectáculo De Leria con Castelao. Esta recomendado para todos os públicos. A entrada é de balde ata completar aforo. Poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes de que comece a función.   Galeatro - espectáculo De Leria con Castelao

A nova produción de Ibuprofeno Teatro pre-estrearase no Auditorio de Rianxo o vindeiro venres 15 de xaneiro ás 21.00 horas, leva por título Raclette e conta co elenco artístico de Toni Salgado, Deborah Vukusic, Marián Bañobre, Iria Sobrado e Salvador del Río. A obra está escrita e dirixida por Santiago Cortegoso. Está recomendada para maiores de 15 anos. A entrada é de balde, ata completar...

A compañía de teatro Elefante Elegante achégase ao Auditorio de Rianxo coa produción KASSA, será o vindeiro sábado 28 de novembro ás 20.30 horas. KASSA reflexa a temática da vivenda. No inicio da acción a sociedade é seductora, próspera e optimista. A casa, coma un agasallo envolto en papel colorido, representa a realización do soño, da unión e da felicidade familiar. Pero un día esgótanse os...

O venres 27 de novembro, ás 21.00 horas, Mofa e Befa achéganse ao Auditorio de Rianxo coa produción Bobas & Galegas, baixo a dirección de Quico Cadaval. Recomendada para maiores de 12 anos Entradas: Prezo: 6 € ( oferta a 5 € mercando 3 ou máis entradas) Venda: O mesmo día da función, a partir das 19.00 h, na billeteira do auditorio Reserva anticipada: no correo electrónico...

Ibuprofeno teatro achégase unha vez máis ao Auditorio de Rianxo, nesta ocasión coa produción O Furancho onde MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO interpretan a unhas Furancheiras Multidisciplinares. A función será o vindeiro sábado 21 de novembro ás 20.30 horas. A entrada é de balde ata completar aforo. As invitación poden recollerse unha hora antes do comezo. No seu particular furancho pódese...

O venres 6 e o sábado 7 de novembro terán lugar no Auditorio dúas funcións da nova produción de Teatro Airiños, Nosa Señora das Nubes. As funcións serán ás 21.00 horas. A entrada ten un custe de 2 € e pode adquirirse de maneira anticipada nos seguintes puntos de venda: Bar Berberecho, Estanco Xacobiño, Perruquería Pelos e Cafetería Castelao, ou senon unha hora antes do comezo das funcións no...

O venres 6 e o sábado 7 de novembro terán lugar no Auditorio dúas funcións da nova produción de Teatro Airiños, Nosa Señora das Nubes. As funcións serán ás 21.00 horas. A entrada ten un custe de 2 € e pode adquirirse de maneira anticipada nos seguintes puntos de venda: Bar Berberecho, Estanco Xacobiño, Perruquería Pelos e Cafetería Castelao, ou senon unha hora antes do comezo das funcións no...

O sábado 31 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía de teatro aficionado Axóuxere Teatro achégase ao auditorio para estrear a súa nova produción Chou mas gou on !!! Trátase dunha nova comedia musica, escrita e dirixida por Alejandro Albaiceta. Con arranxos musicais e edición de son: Miguel Thomas - Iago Blanco (Drum&Roll studios) FACEBOOK DE AXÓUXERE TEATRO A obra está recomendada para...

O sábado 23 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo. As entradas son gratuítas e poden retirarse, máximo 2 por persoa, unha hora antes do comezo da representación. Blogue Teatro de Cámara Ditea Acto imprevisto

O próximo sábado 16 de novembro, ás 20.30 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral A filla de Woody Allen a cargo de Ibuprofeno Teatro. As entradas terán un custe de 5€ e poden retirarase dende 2 horas antes da función. Blogue Ibuprofeno Teatro Blogue A filla de Woody Allen

O Cadro Artístico Airiños do Centro Cultural Simón Varela de Asados vai representar no Auditorio de Rianxo os vindeiros 8 e 9 de novembro a obra O cabaré dos 80...anos de Airiños. As funcións serán as 21.00 horas e as entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes do comezo da representación. Grupo de teatro Airiños

O próximo sábado 26 de outubro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación O método Gröholm de Jordi Galcerán a cargo de Talía Teatro. A obra está dirixida por Xúlio Lago e interpretada por Toño Casais, María Ordóñez, Artur Trillo e Dani Trillo. Unha comedia destinada para un público maior de 13 anos. As entradas, máximas 2 por persoa, poden retirarse unha hora...

O próximo sábado 1 de xuño, ás 21.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación teatral Días sen Gloria a cargo do Centro Dramático Galego. O Centro Dramático Galego dedícalle ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas a súa segunda produción propia para esta temporada 2012-2013 coa posta en escena de Días sen gloria. A peza, galardoada en 1992 co Premio Rafael...

O próximo sábado 4 de maio, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar a representación de BailadELAS a cargo de Teatro do Antroido de Roi Vidal sobre textos de Roberto Vidal Bolaño e dirixida por Xavier Estévez coa interpretación de Laura Ponte. A obra está destinada a un público maior de 12 anos e as entradas, que teñen un custe de 5 €, poden retirarse unha hora antes do comezo da...

O próximo domingo 7 de abril, ás 20.00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo a representación O tempo do Pájaro Pinto, a cargo do Grupo Artístico de Teatro, Música e Danza de Rianxo baixo a dirección de Xaquín Lorenzo na que se homenaxea a Andrés Martínez "Pancho", escritor da obra. O aforo está limitado, as entradas (máximo 2 por persoa) poden retirarse unha hora antes do comezo da...

O próximo venres 15 de marzo, ás 19,30 horas, Sergio Pazos presenta "Se galego, my friend" no Auditorio de Rianxo. A proposta está organizada por Iniciativa Local en colaboración co Concello de Rianxo. As entradas custan 6 € e están á venta na Casa do Vilar e na Cafetería Guadalupe. Máis información e reservas no teléfono 622 220 859

    O Cadro Artísitico Airiños vai representar un pequeno espectáculo sobre a muller no mar chamado "Un mar de mulleres". As representacións terán lugar: SÁBADO 16 DE MARZO 17.00 horas: en Taragoña (Centro Cultural e Deportivo) 18.00 horas: en Araño (Centro Cultural) 19.00 horas: en Asados (Centro Cultural Simón Varela) DOMINGO 17 DE MARZO 17.00...

O sábado 28 terá lugar no Auditorio de Rianxo, ás 22:00 horas, a estrea da obra A FUNCIÓN DO TEQUILA, do dramaturgo e director teatral Manuel Guede, a cargo da Compañía TEATRO DO MORCEGO. Esta obra foi gañadora do Premio Rafael Dieste 2011 de Teatro, da Deputación Provincial da Coruña. As entradas dispoñibles para o público xeral, que serán gratuítas, poderán retirarse a partires das...

A Agrupación Teatral Criaturas representa "Non hai ladrón que por ben non veña" polas parroquias. Mércores 11 de xullo – 21.30 h // Taragoña – Campo de Pazos Xoves 12 de xullo– 21.30 h // Araño – Pista Polideportiva de A Capela Venres 13 de xullo – 21.30 h // Asados – Praza Manuel Antonio Mércores 18 de xullo– 21.30 h // Isorna - Quintáns (xunto á escola) Xoves 19 de...

— Resultados por páxina
Mostrando 19 resultados.