Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
Páxinas etiquetadas con veran cultural 2013 .
O IX Ciclo de Bandas chega ao seu fin, o último concerto corre a cargo da Banda Escola de Música de Rianxo que realizarán un concerto no que interpretarán pezas que soaban nas VERBENAS dos anos 60, 70 e 80. Ao rematar estará a Charanga Nasa e un DJ. O concerto será o próximo venres 23 de setembro, ás 22.00 horas, na Praza Virxe da Guadalupe (xunto ao Mercado Municipal) O Ciclo de Bandas...
O próximo sábado 24 de agosto, ás 21.30 horas, terá lugar na Praza Rafael Dieste o XI Certame de Música e Baile Tradicional Aleivosía da Asociación Sociocultural Fogo Fatuo. O Certame está organizado pola Asociación Sociocultural Fogo Fatuo en colaboración co Concello de Rianxo.
O próximo sábado 10 de agosto, ás 12.00 horas, terá lugar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo a inauguración da exposición de Óleos da pintora Teresa Argibay. A exposición poderá visitarse ata o próximo 31 de agosto, de martes a sábado de 11.00 a 13.30 horas.
O próximo sábado 10 de agosto, as 22.30 horas, no Campo de Arriba terá lugar o concerto a cargo do grupo Media Ducia Folk. A actuación atópase enmarcada dentro da programación do Verán Cultural 2013 pola Rede Cultural da Deputación da Coruña. Media Ducia Folk Media Ducia Folk- A jota de Imende
O concerto previsto para hoxe pola noite, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste a cargo do grupo HOT JAZZ SWINGERS trasládase para o Auditorio de Rianxo debido ás condicións metereolóxicas adversas previstas.
O sábado 3 de agosto, ás 22.00 horas, terá lugar o último dos concertos de jazz programados no Verán Cultural, nesta ocasión o Combo do Curso de Jazz da Escola de Música de Rianxo e Alfredo Susavila Trio ofrecerán un concerto na Praza Rafael Dieste. O concerto conta coa colaboración da Escola de Música e o Concello de Rianxo. Escola de Música de Rianxo Alfredo Susavila
O venres 2 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza Rafael Dieste, terá lugar o concerto do grupo de jazz HOT JAZZ SWINGERS dentro da programación Noites de Jazz do Verán Cultural 2013. O concerto forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña St. Louis Blues
Comezan as Noites de Jazz co concerto de Roberto Somoza Trio, este xoves 1 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste. O concerto forma parte da programación do Verán Cultural e da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Roberto Somoza
Xa está dispoñible o folleto do mes de agosto coa programación do VERÁN CULTURAL. Verán Cultural
SUSPÉNDESE: O ESPECTÁCULO UNHA CADEIRA PARA MOVER O MUNDO DA COMPAÑÍA FEMME FATALE PREVISTO PARA HOXE ÁS 22.30 H, DENTRO DA PROGRAMACIÓN DA FEIRA DO LIBRO, EN SINAL DE LOITO POLA TRAXEDIA FERROVIARIA OCORRIDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.
SUSPÉNDENSE: O ACTO INAUGURAL DA FEIRA DO LIBRO E TODAS AS ACTUACIÓNS PREVISTAS PARA O DÍA DE HOXE EN SINAL DE LOITO POLA TRAXEDIA FERROVIARIA OCORRIDA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NO DÍA DE ONTE.
O concerto da Escola de Música de Rianxo interpretando a obra Retrincos de David Fiuza previsto para o xoves 25, ás 21.00 horas no Campo de Arriba trasládase para a Praza Rafael Dieste no mesmo horario. O concerto forma parte da programación que se vai desenvolver dentro da Feira do Libro de Rianxo, que se celebrará dende o 25 ao 28 de xullo.
O próximo xoves 25 de xullo chega a FEIRA DO LIBRO a RIANXO, dende ese día ata o domingo 28 poden visitala na Praza Castelao. O horario é o seguinte: 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 23.00 horas (o venres Noite branca e estará aberta ata as 24.00 horas) A Feira está organizada pola Federación de Libreiros de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo e co patrocinio...
Nesta ocasión o escritor, João Tordo, será o encargado de impartir un OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA e a realización dunha CONVERSA. Estas actividades están organizadas por Axóuxere Editora co cofinanciamento do Concello de Rianxo e forman parte do programa destinado á promoción da creación literaria e artística. OBRADOIRO DE ESCRITA CREATIVA Venres 2 e sábado 3 de agosto, de 11.00 a 14.00...
Xa chega a VI Edición do FESTIVAL ANTROSPINOS, máis información en: Festival Antrospinos
O próximo sábado 13 de xullo, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto sinfónico a cargo da BANDA UNIÓN MUSICAL DE MEAÑO programado dentro do IX Ciclo de Bandas organizado conxuntamente pola Escola de Música e o Concello de Rianxo.