Educación e Cultura

Educación e Cultura - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Páxinas etiquetadas con verancultural2015 times .

Na Praza Virxe de Guadalupe, o domingo 16 de agosto ás 21.00 horas, continúa o XI Ciclo de Bandas, nesta ocasión achégase a Rianxo a Banda de Música Xuvenil Municipal de Silleda. Como peche do Ciclo terá lugar o vindeiro sábado 22 de agosto, na Praza Castelao, o concerto a cargo da Banda da Escola de Música de Rianxo xunto co grupo de música tradicional Carapaus.

O grupo SeisPorOito achégase a Rianxo o próximo venres 14 de agosto, ofrecerá un concerto na Praza Rafael Dieste ás 22.30 horas dentro das Noites de folc. SeisPorOito xurde no ano 2012 pola inquietude de buscar, descubrir e reivindicar novos xeitos de interpretar a música tradicional, tanto galega como doutros países do mundo. Queren amosar a música tradicional dándolle un toque e unha visión...

O vindeiro sábado 15 de agosto na Praza Rafael Dieste, ás 22.30 horas,  Caxade xunto coa súa banda presentarán en Rianxo o seu novo traballo A dança das moscas. CAXADE é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Folk-pop cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo pos-modernista e discurso...

Do 27 de xullo ao 1 de agosto, terán lugar na Praza Rafael Dieste os concertos pertencentes ó programa Noites de Jazz. En caso de  ameaza de chuvia, os concertos serán trasladados ao AUDITORIO (entrada libre ata esgotar o aforo)

O vindeiro sábado día 1 de agosto, ás 15:30 horas, o Club Náutico de Rianxo celebra a súa tradicional Regata de Socios e como é habitual convida a todas aquelas persoas maiores de 16 anos que o desexen, a enrolarse nas tripulacións dos veleiros participantes. Asemade, para aqueles que non queiran participar na regata, pero estean interesados no seguimento da mesma, poderán facelo nos barcos...

Por mor do repentino falecemento do concelleiro, D. José Ricardo Besada Gesto, SUSPENDESE o Festival Internacional previsto para o mércores 22 de xullo. O mércores 22 de xullo, a partir das 22.30 horas, na Praza Castelao terá lugar o Festival Internacional de Danza, coa participación das agrupacións: Grupo Etnográfico de Boa Nova de Funchal (Illa de Madeira) Achterhookse Folkloredansers de...

XIII Festival de baile e música tradicional Aleivosía, o vindeiro sábado 8 de agosto ás 21.30 horas na Praza Rafael Dieste.

O sábado 25 de xullo, o grupo Pandeiromus presentará o seu novo traballoTeño días. O concerto terá lugar na Praza Castelao ás 23.00 horas. No caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo. Padeiromus

O 1 e o 2 de agosto, terá lugar no Campo de Arriba a VI edición da Festa do Mexillón de Rianxo.

Entre o 23 e o 26 de xullo, terá lugar en Rianxo a Feira do Libro. HORARIO Mañás: de 12.00 a 14.00 horas, fins de semana e festivos ata 14:30. Tardes: de 18.30 a 22.30 horas PROGRAMA Día 23. Xoves 12.00 Animación de rúa. Velocíclopes, a cargo do grupo Fantoches Baj. 13.00 Inauguración. Actuación musical de Barahúnda (Helena De Alfonso e José Lara) ...

Advertidos os seguintes erros no Programa de man do Verán Cultural 2015: Sábado 18, 23:00 h, Pr. Castelao: Concerto de folc a cargo de OS PERUCOS, dentro da programación previa á Festa da Xouba organizada pola Asociación Rianxeira de Empresarios. No programa pon o venres 17. Xoves 23, Feira do Libro de Rianxo, a inauguración da feira é as 13:00 h, non ás 13:40 como aparece no programa.

Xa podedes consultar o cartaz anunciador do Verán Cultural 2015 no Concello de Rianxo

— Resultados por páxina
Mostrando 14 resultados.