Educación e Cultura - Concello de Rianxo
EDUCACIÓN E CULTURA
INFORMACIÓN XERAL
Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo
981 100 688
cultura@concelloderianxo.gal
Concellería de Educación e Cultura
Horario de inverno:
luns - venres: 08.00 - 15.00
Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural
EDUCACIÓN E CULTURA
Páxinas etiquetadas con xuño .
No próximo mes de xuño, vai desenvolverse no Auditorio de Rianxo e organizada pola Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello a Mostra de Teatro Amador. As representacións, comezarán as 21.30 horas e son as seguintes: venres 21 de xuño República de Gundián a cargo de Andaravía Teatro sabado 22 de xuño Proxecto 45 a cargo de Pinchacarneiro Teatro ...
O próximo 8 de xuño, ás 21 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo, a inauguración da exposición Cadro Artístico Airiños 1933-2013 80 aniversario. A exposición poderá visitarse dende o 8 de xuño ao 6 de xullo. Teatro airiños Teatro airiños
Dende o 8 ao 30 de xuño no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo pode visitarse a exposición de fotografía Vivindo na Comunidade organizada pola Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional. Asociación Ambar
Dentro das actividades do X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo vai organizar, coa colaboración do Concello de Rianxo, unha Master Class con Jorge Retamoza. Master Class con Jorge Retamoza DÍA: sábado 9 de xuño HORA: de 16:00 a 19:00 LUGAR: Auditorio de Rianxo Toda a información
O domingo 3 de xuño, ás 20.00 h, no Auditorio de Rianxo terá lugar un CONCERTO DE FRAUTA para clausurar o I Curso de Frauta que organiza a Escola de Música de Rianxo. O concerto atópase enmarcado dentro dos actos para conmemorar o X Aniversario da Escola de Música de Rianxo.
O grupo de música tradicional Río de Anxo ofrecerá un concerto o sábado 2 de xuño ás 20.30h no Auditorio de Rianxo. O aforo é limitado. A retirada de entradas comezará unha hora antes do inicio do concerto.
Os 1, 2 e 3 de xuño celébrase en Brión o VII Encontro coa Arte: Lembrando a Castelao, unhas xornadas que reúnen en Brión unha trintena de artistas pintores, músicos e poetas. Como en edicións precedentes, unha figura das nosas letras vai ser homenaxeada durante o encontro. Este ano os organizadores escolleron ao escritor, artista e político Alfonso Daniel R. Castelao, un persoeiro de enorme...