Deportes

- 4 Carreiras 1 Meta - Circuíto de Carreiras Populares Arousa - Norte - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

4 Carreiras 1 Meta - Circuíto de Carreiras Populares Arousa - Norte

O Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte "4 carreiras... 1 Meta" é un programa anual de carreiras populars que ten por obxectivo fomentar a práctica da actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida mais saudable. Está promovido e organizado polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Riveira.

O circuíto estará composto por un total 4 probas:

  1. A Pobra do Caramiñal, 28/08/2016
    VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA

    Inscrición aberta ata o 25 do agosto
     
  2. Riveira, 08/10/2016
    XIX CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA
     
  3. Rianxo, 01/11/2016
    IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO
     
  4. Boiro, 04/12/2016
    XII CARREIRA POPULAR MAR DE BOIRO

Hai dúas posibilidades de participación:

  • Corredor de circuíto
    Deportistas (adultos) que se inscriben co obxectivo de completar as catro probas. Estes atletas entran na clasificación particular das probas nas que participan e tamén na clasificación xeral do circuíto. Deberán facer unha única inscrición e correr obrigatoriamente con chip e dorsal facilitado para as catro carreiras que compoñen o circuíto.
     
  • Corredores de carreiras
    Son aqueles deportistas (adultos e menores de idade) que se inscriben nunha ou varias probas das que se compóno circuíto pero non participan na competición do mesmo. Deberán facer unha inscrición por cada unha das probas nas que desexen participar.
    Ata o 25 de agosto está aberto o prazo para a primeira carreira, a VIII Popular Concello da Pobra
     

Os regulamentos, percorridos, horarios... das carreiras das distintas categorías serán establecidos polo Concello organizaor e poderán ser consultados nas páxinas arousa-norte.es, emesports.es , así coma nas webs dos concellos.