Deportes

- Actividades Deportivas Inverno 2013/14 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Actividades Deportivas Inverno 2013/14

O Concello de Rianxo presenta a oferta deportiva para a tempada de Inverno 2013/14, incluíndo as organizadas de xeito direto polo Servizo de Deportes, as escolas de formación dos clubs cos que colabora o Concello e as propostas da Piscina Municipal.

Como xa é habitual nas políticas deportivas do Concello, destacar que se trata dunha oferta ampla, dirixida a tódolos sectores de poboación, e que ten un carácter descentralizado, con propostas en todas as parroquias rianxeiras, co obxecto de achegar o deporte a todos/as, en especial a aqueles que mais dificultades teñen de mobilidade (neno/as e 3ª idade).

A oferta dirixida e nenos e nenas abrangue 16 modalidades deportivas ás que se pode acceder nos pavillóns municipais (3 actividades de iniciación deportiva e 5 escolas deportivas), na piscina municipal (2 actividades en auga e 2 en seco) e a través das escolas de formación dos clubs rianxeiros (5 modalidades: piragüismo, remo, fútbol, xadrez e voleibol).

En canto ás actividades adultos e 3ª Idade, poderán escoller entre 20 actividades distintas, que van desde o Multifitness e o Tenis nos pavillóns municipais a unha ampla oferta de actividades acuáticas (aquaruning, aquapilates, matronatacion...) e dirixidas (aerobic, worcicle, pilates...) na piscina municipal.

Asemade, mantéñense os grupos de Ximnasia para a 3ª Idade en todas as parroquias do concello.

O prazo de inscrición ábrese o xoves 26 de setembro e as actividades darán comezo o 5 de outubro.