Deportes

- Acto Presentación XIV Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Acto Presentación XIV Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo

Onte presentouse no Salón de Plenos do Concello de Rianxo a XIV BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS CONCELLO DE RIANXO, coa presenza de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e Ramón Vicente Vicente, presidente do Club de Remo Rianxo.

A Bandeira celebrarase o vindeiro 30 de xullo ás 11:45 h, organizada polo Concello de Rianxo e o Club de Remo Rianxo.  Os presentes explicaron  os obxectivos e as motivacións do club, así como as características técnicas da mesma. Na regata participan 11 embarcacións que remaran en tres tandas, na que terán que facer 4 largos e tres ciabogas ata completar os 5.556 m do percorrido. A Regata forma parte do circuito de traiñeiras da LGT-A, da cal o Club de Remo Rianxo forma parte tras acadar o ascenso a tempada anterior.