Deportes

18 de decembro - Alerta por fenómenos meteorolóxicos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

Alerta por fenómenos meteorolóxicos

18 de decembro

Meteogalicia alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa e amarelo o mércores 18 de decembro entre as 9 e as 24 horas (aproximadamente), que afectará ás zonas de predición meteorolóxica, entre outras, do suroeste da provincia da Coruña.

Ante a devandita situación de risco, o Servizo de Deportes comunica que:

1. ALERTA LARANXA, ata as 18 h, por refachos de vento superiores aos 100 km/h e acumulacións superiores aos 40 l/m2.

  • SUSPÉNDENSE AS ACTIVIDADES dirixidas a menores de idade que se desenvolvan nas instalacións deportivas municipais ao aire libre (campos de fútbol municipais da Lomba e de Vilas).
  • Recoméndaselles aos clubs que sen usar instalacións municipais desenvolven as súas actividades ao aire libre, extremen as precaucións ante esta situación de risco.

2. ALERTA AMARELA, a partir das 18 h, por refachos de vento superiores aos 80 km/h e acumulacións superiores aos 40 l/m2.

  • Tendo en conta que a partir das 18 h o nivel de alerta descende a amarelo, os clubs poderán, baixo a súa responsabilidade, adoptar as decisións que estimen oportunas no relativo ás actividades de deportistas maiores de idade que se desenvolvan a partir da dita hora.
  • Aínda así, recomendamos extremar as precaucións ante esta situación de risco.