Deportes

- ANDAINA EN NEGRO contra as violencias machistas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

ANDAINA EN NEGRO contra as violencias machistas

O SERVIZO DE DEPORTES COMUNICA O APRAZAMENTO AO 1 DE DECEMBRO DA ANDAINA EN NEGRO PREVISTA PARA O 24 DE NOVEMBRO.


Meteogalicia alerta dun fenómeno meteorolóxico por acumulación de precipitacións a partir das 12 h. do sábado 24 de novembro na provincia da Coruña (alerta amarela), sendo ademais as previsións para as horas anteriores dunha mañá desapracible polo paso do centro dunha borrasca preto de Galicia, especialmente no oeste da comunidade.

Ante a devandita situación, o Servizo de Deportes comunica que:

    • Se suspende a andaina Rianxo en Negro, prevista para o 24 de novembro.

    • A andaina desenvolverase o 1 de decembro no mesmo horario, se o tempo o permite.

    • As persoas inscritas manteñen a súa inscrición, non sendo preciso que a formalicen de novo.

    • Admitiranse novas inscricións ata o xoves, 29 de novembro.

O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal organizan unha Andaina en Negro o 24 de novembro, ás 9:00 h, no marco da campaña RIANXO EN NEGRO da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Diversidade de Rianxo.

Saída
Praza de Padrón (xunto á Rianxeira), no Paseo da Ribeira.
08:45 h. Control de participantes.
09:00 h. Saída da andaina desde o punto sinalado.

Percorrido
A andaina ten como protagonista o mar e á muller traballadora. O lugar de saída non é casual, a estatua da Rianxeira representa á nosa muller traballadora, fundamentalmente  ligada ao mar. Ao longo da andaina tamén pasaremos por lugares relacionados co marisqueo a pé, tradicionalmente feito por mulleres, así como por zonas de cultivo, traballo no que tamén as mulleres eran e son protagonistas:

  • Ruta circular que transcorre polo Concello de Rianxo con saída e chegada no Paseo da Ribeira, fronte á estatua da Rianxeira.
  • Iniciaremos a andaina polo paseo da Ribeira ata chegar ao Náutico. Unha vez alí continuaremos coa ruta ata a Praia das Cunchas, pasando pola Praia de Tanxil e a do Porrón. O camiño continúa ata o Monte da Pena, pasando pola Aldea Vella (Aldea Maldita). O descenso do monte farase polo San Pedro e regresaremos a Rianxo seguindo a senda do Río Té e o Paseo Marítimo
  • Distancia: 14 km
  • Dificultade: media
  • Tempo: 4 h aprox.

Datos de interese

  • Custo: de balde.
  • A actividade vai dirixida a  todos os públicos. As menores de 14 anos deberán ir acompañadas dunha persoa adulta.
  • Non se poderán levar animais de compañía.
  • A organización  resérvase a facultade de decidir o aprazamento ou a suspensión da actividade no caso de que as condicións climatolóxicas se consideren adversas.

Inscricións

  • No Servizo de Deportes, nos Pavillóns polideportivos e na Piscina Municipal.
  • No correo deportes@concelloderianxo.gal, indicando nome completo, data de nacemento, teléfono e correo electrónico.