Deportes

- ANDAINA EN NEGRO contra as violencias machistas - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Edif. Cuartel Vello, Praza Castelao 9, Rianxo.

981 86 63 81 - 661 247 136

Horario inverno: 8 a 15 h.

Horario verán: 8 a 14 h.

deportes@concelloderianxo.gal

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2024

Actualidade

ANDAINA EN NEGRO contra as violencias machistas

AVISO IMPORTANTE
O Servizo de Deportes informa do APRAZAMENTO da ANDAINA EN NEGRO contra as violencias de xénero prevista para mañá sábado 23 de novembro.
​​​​​​​A cantidade de choiva caída estes días fan intransitables moitos tramos da senda do Río Té.
​​​​​​​A andaina aprázase para o vindeiro sábado 30 DE NOVEMBRO, abrindo de novo o prazo de inscrición. Aqueles/as que xa están inscritos/as non é preciso que o volvan a facer, só confirmando no caso de que non poidan ir.
​​​​​​​Desculpade as molestias.

​​​​​​
​​​​
​O Servizo de Deportes e a Piscina Municipal organizan unha Andaina en Negro o 23 de novembro, ás 9:00 h, no marco da campaña RIANXO EN NEGRO da Concellería de ​​​​​​​Benestar Social, Diversidade e Igualdade.

Saída
Praza de Padrón (xunto á Rianxeira), no Paseo da Ribeira
08:45 h. Control de participantes
09:00 h. Saída da andaina desde o punto sinalado

Percorrido
Ruta circular que transcorre polo Concello de Rianxo con saída e chegada no Paseo da Ribeira, fronte á estatua da Rianxeira. En breve informaremos do percorrido

Tracks:

Distancia: 17 km

Dificultade: media

Tempo: 4 h aprox.

Datos de interese

Custo: de balde

A actividade vai dirixida a persoas maiores de 12 anos. Desde os 12 aos 16 anos deberán ir acompañadas dunha persoa adulta.

Non se poderán levar animais de compañía.

A organización  resérvase a facultade de decidir o aprazamento ou a suspensión da actividade no caso de que as condicións climatolóxicas se consideren adversas.

Inscricións

No Servizo de Deportes, nos pavillóns polideportivos e na Piscina Municipal.

No correo deportes@concelloderianxo.gal, indicando nome completo, data de nacemento, teléfono e correo electrónico.